Desestimada 19/12/2023 · 64 días en resolverse

Reclamación contra el Concello de Poio por denegación de acceso a expedientes de amortización de personal, desestimada por haber obtenido la información vía judicial

Una ciudadana solicitó al Concello de Poio acceso a expedientes sobre la amortización de personal de limpieza. Tras alegar que la información no fue remitida correctamente al juzgado, la Comisión da Transparencia de Galicia desestima la reclamación porque la interesada ya tuvo acceso a dicha información a través de un procedimiento judicial en el que es parte demandante.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamante ya obtuvo acceso a la información solicitada mediante un auto del Juzgado del Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra en el procedimiento 250/2022.
2 Se aplica el Criterio 3/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, que establece que es motivo de inadmisión que la información ya haya sido ofrecida previamente sin modificaciones reales o legales.
3 La Comisión carece de competencia para resolver denuncias sobre la amortización de plazas sub judice o la falta de certificados de silencio administrativo positivo, debiendo tramitarse por vías administrativas o judiciales correspondientes.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 16 de outubro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 19 de decembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16 de outubro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Poio con datas 31 de xaneiro e 3 de marzo de 2023, de acceso a diversos expedientes tramitados polos servizos correspondentes dese Concello. A reclamante indicaba que solicitou acceso ao expediente completo de amortización de persoal de limpeza do Concello de Poio en situación de vacante a xornada completa., sen obter resposta. Con data do 27 de outubro de 2023, a reclamante remitiu copia do seu DNI por petición da secretaria da Comisión da Transparencia. Segundo. Con data do 20 de outubro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Poio para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 7 de novembro de 2023 o Concello de Poio contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que as solicitudes presentadas pola interesada con data 1 de febreiro de 2023, de idéntico contido, foron incorporadas ao expediente electrónico “en tramitación” 3513/2022, no recurso contencioso administrativo, procedemento ordinario 250/2022 interposto pola reclamante contra o Concello de Poio. O expediente administrativo derivado, foi remitido ao Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra con data 28 de outubro de 2022. Consta remitido ao Xulgado do Contencioso número 1 o expediente 2150/2022, de modificación da Relación de Postos de Traballo (2ª modificación) solicitado mediante auto do devandito xulgado do 7 de marzo de 2023 (xúntanse como Anexo II). A solicitude presentada con data 3 de marzo de 2023, no que solicita a táboa salarial actualizada a 2023 dos salarios conforme ao convenio colectivo, o expediente completo e documentación completa da elaboración da Relación de Postos de Traballo coa inclusión da valoración dos postos de traballo, consta incorporado no expediente electrónico 1647/2022, persoal da empregada municipal, informe de retribucións emitido pola Intervención Municipal con data 3 de marzo de 2023, remitido mediante oficio da Alcaldía de data 8 de marzo de 2023 con xustificante de recepción no punto de acceso xeral o 9 de marzo. No dito oficio da alcaldía indicábase que debían de indicarse os documentos aos que quería ter acceso en relación á Relación de Postos de Traballo do Concello de Poio, ao que a interesada responde solicitando con data 29 de marzo de 2023, que solicita o expediente completo. Consta remitida ao Xulgado do Contencioso número 1 a Relación de Postos de Traballo, solicitada mediante auto do devandito xulgado do 7 de marzo de 2023. Á vista do anteriormente exposto, conclúese que as solicitudes ás que fai referencia o escrito recibido forman parte dun procedemento xudicial, e foron remitidas ao xulgado no transcurso do procedemento ordinario 250/2022, do que se ditou sentenza 221/2023 (non firme) con data 25 de outubro de 2023, inadmitindo por falta de xurisdición o recurso contencioso administrativo interposto pola reclamante. Cuarto.- Con data do 28 de novembro de 2023, déuselle traslado á reclamante do informe remitido polo Concello para que no prazo de dez días, se o consideraba oportuno, puidese presentar as alegacións ou documentos que estime que mellor conveñen ao seu dereito. Quinto.- Con data do 12 de decembro de 2023, a interesada remite escrito no que en síntese alega que a información solicitada, non foi remitida ao Xulgado polo Concello de Poio e que a documentación que remiten ao xulgado nada ten que ver coa documentación solicitada, o único que envían é a documentación publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, documentación que calquera cidadán con acceso a internet pode obter, e correos electrónicos internos pero nunca se enviou ao xulgado a documentación solicitada, ademais simplemente afirman que a enviaron pero en ningún caso demóstrase que foi enviada a documentación solicitada. Indica a reclamante que nos escritos remitidos ao Concello solicitábase que se paralizase o procedemento por parte do concello de Poio, solicitude que non se respectou e proseguiuse coa actuación, a pesar de estar estimada por silencio administrativo. A interesada indica que o que denuncia é que o Concello de Poio amortizou unha praza que estaba sub judice e non paralizou o procedemento a pesar da súa solicitude e non emitiu tampouco certificado de silencio administrativo positivo. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A interesada presentou reclamación contra a falla de resposta ás súas solicitudes de acceso ao expediente número 2150/2022, de modificación da relación dos postos de traballo do Concello, no que expresamente indica que é parte interesada no procedemento, xa que interpuxo un recurso contencioso-administrativo (procedemento 250/2022-A) que se sigue no Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra. Consta na copia do expediente remitido polo Concello, auto do dito Xulgado, do 7 de marzo de 2023, no que figura a reclamante como demandante, no que se acorda o recibimento do preito a proba, admitindo e declarando a pertinencia da proba requirindo ao Concello para que achegue a relación de prazas vacantes de limpador/a do Concello, con identificación da xornada e o expediente administrativo número 2150/22, de modificación da relación de postos de traballo (2ª modificación) na que se propoñía a amortización da praza vacante código 03.03.16 limpador/a de instalación a xornada completa. De acordo co anterior, a reclamante tivo acceso, a través dun procedemento xudicial no que ela é parte demandante, da información solicitada. O Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno sobre as causas de inadmisión de solicitudes de información repetitiva ou abusiva, sinala que é motivo de inadmisión dunha solicitude por esta causa, que xa se lle tivese ofrecido a información e non houbese modificación real ou legal dos datos ofrecidos no seu momento, circunstancia que se produce no presente caso, polo que procede a desestimación da reclamación presentada. Respecto á denuncia da interesada de que o Concello de Poio amortizou unha praza que estaba sub judice e non paralizou o procedemento a pesar da súa solicitude, e non emitiu tampouco certificado de silencio administrativo positivo, son denuncias e alegacións sobre as que esta Comisión non ten competencia para resolver, e que deberán tramitarse, se a reclamante o considera convinte, a través dos procedementos administrativos ou contencioso-administrativos que correspondan. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDO Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX con data do 16 de outubro de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Poio con datas 31 de xaneiro e 3 de marzo de 2023, de acceso a diversos expedientes tramitados polos servizos correspondentes dese concello. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Mª Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia