Estimada parcialmente 19/12/2023 · 26 días en resolverse

Reclamación sobre el acceso a datos de personas menores de 65 años ingresadas en residencias de mayores con resultado de estimación parcial

Se solicitó a la Consellería de Política Social e Xuventude el número de personas menores de 65 años en residencias de mayores (desglosado por titularidad, provincia, últimos 5 años y patología psiquiátrica). El reclamante alegó que la denegación por 'reelaboración' era improcedente. La Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la solicitud, obligando a entregar los datos excepto los de patología psiquiátrica.

Puntos clave de la argumentación

1 La mera agregación o suma de datos no constituye una 'reelaboración' que justifique la inadmisión de una solicitud de acceso a la información pública.
2 No es aplicable el concepto de reelaboración cuando la Administración dispone de la información en una aplicación informática, aunque requiera extracción de datos.
3 La solicitud de datos sobre patologías psiquiátricas se desestima ya que, al no figurar en la ficha individual, requeriría la consulta manual de más de 7.200 expedientes, encajando así en el concepto de reelaboración.
4 Cualquier causa de inadmisión debe estar debidamente motivada en la resolución administrativa, no bastando con alegaciones genéricas sobre la necesidad de elaborar la respuesta.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 23 de novembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 19 de decembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 23 de novembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 20 de outubro de 2023, do Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se desestima a súa solicitude información sobre o número de persoas menores de 65 anos ingresadas en residencias de maiores, con desglose das que están en centros de titularidade da Xunta ou do Consorcio de Igualdade e Benestar e cantas en prazas concertadas de centros privados, indicando se están ingresadas por algunha patoloxía psiquiátrica ou por outro motivo, e os datos tanto na actualidade como ao remate dos últimos cinco anos e por provincias. O reclamante en resumo indica que o obxecto da súa petición, foi coñecer o número de persoas menores de 65 anos ingresadas en residencias de maiores con desglose das que están en centros de titularidade da Xunta ou do Consorcio de Igualdade e Benestar e cantas en prazas concertadas de centros privados, así como o desglose desas persoas en función de se están ingresadas por algunha patoloxía psiquiátrica ou por outro motivo, solicitando os datos tanto na actualidade como ao remate dos últimos cinco anos e por provincias. A resolución da súa solicitude, inadmite a petición sen mais xustificación de que a información debe elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diferentes fontes de información. Indica que os órganos de control en materia de Transparencia, consideran que obter cifras dunha base de datos non pode considerarse un proceso de reelaboración amparado nas excepcións de inadmisión previstas na lei, indica que hai dous anos a Consellería de Política Social contratou a mellora do seu sistema de información sobre persoas residentes en centros de maiores e discapacidade, xa dispoñía dun censo de persoas residentes, e agora debe contar cun sistema informático mellorado de xestión de dito censo. Indica que non só non se facilitan os datos desglosados requiridos, senón que nin sequera se facilita o dato xeral de persoas menores de 65 anos usuarias de residencias de maiores, cando a Lei prevé a posibilidade de facilitar respostas parciais cando non sexa posible ofrecer o total da información demandada. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do seu DNI. Segundo. Con data do 7 de novembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Política Social e Xuventude para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con datas do 24 de novembro de 2023 a Consellería de Política Social e Xuventude remite informe e copia do expediente solicitado. Neste informe, en resumo indica que a Consellería adxudica as prazas públicas residenciais a persoas que teñan recoñecido o dereito a un recurso de atención residencial, ou ben a través do procedemento de emerxencia social regulado na súa normativa, a través do Programa de Asignación de Recursos (PAR) que é o instrumento a través do cal establece unha orde de preferencia para o acceso aos recursos do Sistema Galego de Servizos Sociais. O PAR non reflicte a patoloxía psiquiátrica da persoa como un criterio de acceso a unha praza pública de atención residencial, xa que non é un condicionante para o acceso a unha praza pública, polo que a información solicitada require unha labor específica de elaboración dun documento ad hoc e ademais, coñecer as patoloxías clínicas das persoas usuarias de prazas públicas residenciais implica o acceso a bases de datos clínicos que a Consellería de Política Social e Xuventude non posúe. A Xunta de Galicia conta con mais de 7.200 prazas públicas de atención residencial en máis de 100 centros, polo que a acción de elaboración implicaría un tratamento manual individualizado de cada un deses expedientes e solicitar os datos clínicos de cada unha desas persoas. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 237 da Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 237.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Política Social e Xuventude ditou resolución expresa sobre a solicitude de acceso á información con data do 20 de outubro de 2023, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 23 do mesmo mes, polo que debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante solicitou acceso ao número de persoas menores de 65 anos ingresadas en residencias de maiores dos últimos cinco anos por provincias, con desglose das que están en centros de titularidade da Xunta ou do Consorcio de Igualdade e Benestar e cantas en prazas concertadas de centros privados, indicando se están ingresadas por algunha patoloxía psiquiátrica, solicitude que se inadmitiu pola Consellería, ao non ser a patoloxía psiquiátrica da persoa un criterio de acceso a unha praza pública e a Consellería non dispón de acceso a bases de datos clínicos, polo que tería que solicitar os datos clínicos de cada unha desas persoas. Respecto do concepto de reelaboración, o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno pronunciouse en numerosas ocasións e a interpretación que realiza da dita dicha causa de inadmisión quedou recollido no criterio interpretativo 7/2015 no que se establece que o concepto de reelaboración, debe entenderse desde o punto de vista literal que reelaborar é volver elaborar algo, e é esta circunstancia a que é esixible para entender que estamos ante un suposto de reelaboración. Se por reelaboración se aceptase a mera agregación, ou suma de datos, ou o mínimo tratamento dos mesmos, o dereito de acceso á información converterase no dereito ao dato ou á documentación, que non é o que sanciona o artigo 12 ao definir o dereito como dereito á información. O concepto de reelaboración como causa de inadmisión pode entenderse aplicable cando a información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o citado organismo ou entidade careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada. A sentencia do Tribunal Supremo 306/2020 sinala que a causa de inadmisión por reelaboración impide o acceso cando se trata de volver a elaborar a partir dunha información pública dispersa e diseminada, mediante unha labor consistente en solicitar, primeiro; ordenar e separar, despois, o que é información clasificada ou non; sistematizar, e logo, en remate, divulgar tal información procedente de distintas fontes. Non é por tanto aplicable o concepto de reelaboración nos supostos nos que a Administración ten a información solicitada nunha aplicación informática, na que figuran os datos persoais dos usuarios ou centro no que se atopa, e as prazas autorizadas por tipoloxía, as ocupadas e as libres. A aplicación de toda causa de inadmisión debe quedar debidamente motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No caso que nos ocupa, non pode entenderse que a extracción dos datos dunha aplicación onde están recollidos sexa motivo de inadmisión por necesidade de reelaboración. Respecto do dato referente ás persoas residentes que teñen patoloxía psiquiátrica, se o dito dato non figurase na ficha individual de cada residente, seria necesaria a consulta de cada un dos mais de 7.200 expedientes, polo que se entraría dentro do concepto de reelaboración. De acordo co anterior, procede a estimación parcial da reclamación presentada, debendo a Consellería, en base ao disposto no artigo 25 da Lei 1/2016, proporcionar ao interesado os datos sobre o número de persoas menores de 65 anos ingresadas en residencias de maiores, con desglose das que están en centros de titularidade da Xunta ou do Consorcio de Igualdade e Benestar e os que se atopan en prazas concertadas de centros privados dos últimos cinco anos e por provincias. En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados, ACORDA Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por XXX con data do 23 de novembro de 2023, contra a Resolución do 20 de outubro de 2023, do Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se desestima a súa solicitude de información sobre o número de persoas menores de 65 anos ingresadas en residencias de maiores, con desglose das que están en centros de titularidade da Xunta ou do Consorcio de Igualdade e Benestar e cantas en prazas concertadas de centros privados, indicando se están ingresadas por algunha patoloxía psiquiátrica ou por outro motivo, e os datos tanto na actualidade como ao remate dos últimos cinco anos e por provincias. Segundo: Instar á Consellería de Política Social e Xuventude a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada de acordo co disposto no fundamento xurídico quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Política Social e Xuventude a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.