Estimada 19/12/2023 · 46 días en resolverse

Reclamación de una concejala contra el Concello de Cangas por acceso incompleto a expedientes de convenios e información de registro de asociaciones, resuelta como estimatoria

Una concejala solicitó al Concello de Cangas acceso a expedientes completos de convenios y confirmación de registro de dos asociaciones. El Ayuntamiento solo facilitó los convenios y denegó la información sobre el registro alegando falta de competencia de la Secretaría. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena facilitar toda la información.

Puntos clave de la argumentación

1 El artículo 77 de la Ley 7/1985 establece que los miembros de las corporaciones locales tienen derecho a obtener los antecedentes y datos necesarios para el desarrollo de su función.
2 El Reglamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais obliga a los servicios administrativos a facilitar información a los ediles sobre asuntos tratados en órganos colegiados.
3 No existe justificación legal para remitir únicamente el texto de los convenios cuando se solicitó el acceso a los expedientes completos.
4 La falta de competencia de la Secretaría para emitir un informe no justifica la denegación de información sobre el registro de asociaciones, ya que debe existir un responsable de dicho registro.
5 La presentación recurrente de solicitudes por parte de la concejala no constituye un motivo válido para denegar la información necesaria para el ejercicio de su función representativa.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 3 de novembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 19 de decembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 3 de novembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 30 de outubro de 2023 do Concello de Cangas, pola que se resolve a súa solicitude de acceso aos expedientes do Convenio de Colonias Canguesas e o Convenio coa Protectora de Animais. A interesada indica que solicitou na súa condición de concelleira, acceso aos referidos expedientes e que se informe se as Asociacións Colonias Canguesas e Protectora de Animais do Morrazo constan nas relacións de asociacións rexistradas no Rexistro de Asociacións do Concello de Cangas para o 2023. Indica que non se lle deu acceso a ningún e ademais a Secretaria responde que non lle ten que dar esa información, polo que asistiu ao Pleno sen a documentación/información necesaria, e aínda que se solicitou no propio pleno a aclaración dos termos indicados o Goberno Municipal non se pronunciou, existindo un informe de Intervención que podería determinar a orientación do voto ou principalmente a motivación. Indica que con posterioridade ao pleno se le da acceso a algún expediente pero non a todos, e soamente a copia dos convenios, cando o que se solicitou foi o acceso aos expedientes completos. Solicita á Valedora que aclare o que se considera transparencia e o que a ocultación de datos imprescindibles para debater e votar propostas que van a pleno con toda a información necesaria e trasladada en tempo e prazo correctos para non ter indefensión. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada asinada electrónicamente, e da resolución impugnada. Segundo. Con data do 7 de novembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Cangas para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 1 de xuño de 2023 Terceiro. Con data do 22 de xuño de 2023 o Concello de Cangas contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 24 de outubro de 2023 a reclamante, na súa condición de Concelleira de Alternativa dos Veciños, solicitou acceso aos expedientes do Convenio de Colonias (convenio 2022 e 2023) e aos expedientes do Convenio coa Protectora de Animais (convenio 2022 e 2023). Indica que a dita solicitude foi atendida o 30 de outubro mediante decreto 2023-2101, estimando a solicitude presentada, remitindo copia dos convenios. Respecto da solicitude de que se informe pola secretaria de se as Asociacións Colonias Canguesas e a Protectora de Animais do Morrazo constan na relacións de asociacións rexistradas no Rexistro de Asociacións do Concello para o 2023, a Secretaria, con data do 26 de outubro de 2023, emite un informe comunicando que non procede a emisión do informe solicitado, por non ser a súa competencia, de acordo coa normativa de réxime local. Respecto da solicitude de acceso ao expediente 1280/2017, atendeuse con data do 30 de outubro de 2023, mediante decreto 2023-2104, estimándoa e dándolle acceso por un prazo de 10 días hábiles, e accedendo a interesada o 2 de novembro de 2023. Considera o Concello que a concelleira presenta unha multitude de solicitudes ante o Rexistro municipal, e a pesar da súa tramitación, en segunda instancia ante a Comisión de Transparencia e a Valedora do Pobo. indica que todas as súas solicitudes foron atendidas conforme a Dereito en tempo e forma. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, á interesada notificóuselle as resolucións con data do 30 de outubro de 2023 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 3 de novembro de 2023, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A reclamante na súa condición de concelleira, solicitou acceso a dous expedientes que identifica de forma clara, referentes a dous convenios, dos que obtivo unicamente a copia dos convenios e non o acceso aos expedientes, e que se lle informase de se dúas Asociacións, constan na relacións de asociacións rexistradas no Rexistro de Asociacións do Concello para o 2023. O Concello non xustifica de xeito algún, porque e lle deu acceso aos convenios unicamente, e non aos expedientes completos, que era o solicitado pola concelleira. Por outra banda, respecto da solicitude de que se lle informe de si dúas asociacións constan nas relacións de asociacións rexistradas, se lle indica que non é competencia da Secretaria a emisión de ese informe. De conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, todos os membros das Corporacións locais, é dicir, tanto os concelleiros/as que formen parte do goberno local como da oposición, teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións figuren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función, debendo resolverse motivadamente a solicitude, no prazo de cinco días naturais seguintes a aquel na que a solicitude se presentou. Non existe xustificación de porque non se lle deu á concelleira, acceso aos expedientes completos dos convenios, e unicamente se lle remitiu o texto dos mesmos. Non existe xustificación algunha para non informar a unha concelleira de si dúas Asociacións, constan no rexistro do Concello, xa que con independencia de que iso non sexa unha competencia da secretaría, debe existir unha persoa responsable do dito rexistro ao que se lle debe solicitar a dita información. O artigo 15 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais que prevé que os servizos administrativos locais estarán obrigados a facilitar a información aos edís, sen necesidade de que o membro da corporación acredite estar autorizado, cando se trate de acceso dos membros da corporación que exerzan delegacións ou responsabilidades de xestión, á información propia das mesmas, cando se trate do acceso á información e documentación correspondente aos asuntos que haxan de ser tratados polos órganos colexiados de que formen parte, así como ás resolucións ou acordos adoptados por calquera órgano municipal e os que sexan de libre acceso para os cidadáns establecido na normativa, polo que a información que solicita a concelleira, non pode denegárselle. No presente caso non cabe dúbida do interese público no outorgamento da información solicitada por canto é pedida por unha concelleira libremente elixida, no cumprimento do mandato representativo da cidadanía para participar nos asuntos públicos, sen que exista motivo algún para a denegación da información solicitada para a realización das funcións para as que foi elixida como concelleira, polo que procede a estimación da reclamación presentada, e sen que o feito de que a concelleira presente unha multitude de solicitudes, sexa motivo para que se lle denegue a información necesaria para o exercicio da súa función. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 3 de novembro de 2023, contra Resolución do 30 de outubro de 2023 do Concello de Cangas, pola que se resolve a súa solicitude de acceso aos expedientes do Convenio de Colonias Canguesas e o Convenio coa Protectora de Animais. Segundo: Instar ao Concello de Cangas a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada de acordo coa normativa de réxime local, e no non disposto na mesma, pola na Lei 19/2013. Terceiro: Instar ao Concello de Cangas a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.