Una persona solicitó a la Dirección General de Función Pública de Galicia datos detallados y códigos de puestos de trabajadores temporales en el Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. El solicitante alegó que los enlaces facilitados eran insuficientes. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación por requerir una reelaboración compleja de la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud requiere cruzar datos de archivos Excel de puestos ocupados con listados de admitidos y excluidos de diversos procesos selectivos para filtrar quienes no superaron la estabilización.
2
Se aplica la causa de inadmisión del artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013, ya que la respuesta exigiría la elaboración de un informe ad hoc de cierta complejidad.
3
Siguiendo la jurisprudencia del Tribunal Supremo (Sentencia 670/2022), no es compatible con el espíritu de la ley proporcionar respuestas que impliquen una labor de compilación y sistematización de información dispersa.
4
Se determina que la información es accesible mediante la combinación de los enlaces y documentos ya remitidos por la Administración, no siendo obligatoria la reelaboración por parte del organismo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 8 de novembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 19 de decembro de 2023, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 8 de
novembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 17 de outubro de 2023,
da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se resolve a súa solicitude de acceso ao
número de traballadores temporais que a 30/12/2021 ocupaban de forma temporal unha
praza estrutural, cunha relación desta natureza anterior ao 01/01/2016 e que non superasen
un proceso de estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto na disposición
adicional 8ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, e aos códigos dos postos que ocupaban estes
traballadores temporais a 30/12/2021, do Corpo Superior (Subgrupo A1), Grupo I categorías
1, 4, 9, 14, 23, 29, 31 do grupo I de persoal laboral e postos base subgrupo A1 do Consorcio
Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
A reclamante indica que a resolución da Dirección Xeral de Función Pública que recibiu con
data do 17 de outubro de 2023, se estima parcialmente a súa solicitude, pero unicamente
aporta enlaces a páxinas web que recollen información xeral que non da resposta ao requirido,
e asemade, a información solicitada non se atopa publicada nin é accesible por outras vías,
estando unicamente a disposición da Dirección Xeral de Función Pública, polo que considera
que non se trata dun suposto de reelaboración de información xa accesible por medio dos
enlaces facilitados.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada con certificado dixital
e da resolución impugnada.
Segundo. Con data do 13 de novembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
Terceiro. Con data do 15 de decembro de 2023 a Consellería de Facenda e Administración
Pública contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que na resolución impugnada, concédese o acceso parcial
á información, indicándolle que a Dirección Xeral coa información dispoñible elaborou a oferta
de emprego público extraordinaria correspondente ao proceso de estabilización derivado da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no
emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de
conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.
Esta oferta contén as prazas que, reunindo os requisitos establecidos no artigo 2.1 da Lei
20/2021, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con
anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016 e no anexo I figura o número de prazas que corresponde
á convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración, prevista
nas disposicións adicionais sexta, sétima e oitava da referida Lei 20/2021, e inclúe aquelas
prazas que, reunindo os requisitos establecidos no seu artigo 2.1, estivesen ocupadas con
carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016 e
sempre que tales prazas continuasen a estar ocupadas na data de entrada en vigor desta lei.
No anexo II que se lle remitiu, figura o número de prazas que corresponde á taxa adicional
para a estabilización de emprego temporal prevista no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de
decembro, e inclúe as prazas de natureza estrutural, dotadas orzamentariamente, ocupadas
de forma temporal e ininterrompidamente como mínimo, nos tres anos anteriores ao 31 de
decembro de 2020 e sempre que tales prazas continuasen a estar ocupadas na data de
entrada en vigor desa lei.
Para acceder ao detalle dos postos que se tiveron en conta para a determinación das prazas
que conforman esta oferta pública de emprego, se lle remitiu o enlace da Web.
De acordo coa normativa de aplicación, incluíuse dentro do proceso de estabilización aquelas
prazas incluídas nas correspondentes ofertas de emprego público de estabilización e que á
data de entrada en vigor da Lei 20/2021, do 28 de decembro, non foron convocadas, ou sendo
convocadas e resoltas, quedaron sen cubrir e que foron certificadas polo Director Xeral da
Función Pública o 21.04.2023 e o 12.09.2023, do que se lle remite enlace web a ditas
certificacións.
A información relativa aos procesos selectivos convocados pola Administración, están
publicados na Web da Xunta de Galicia, do que se lle remitiu o enlace.
As relacións de postos de traballo (RPT) da Administración da Xunta de Galicia, así como as
RPT do ámbito de Función Pública en formato reutilizable, segmentados por persoal
funcionario e persoal laboral, están publicados na páxina Web da Xunta de Galicia, do que se
lle remitiu o enlace.
Establece a resolución que parte da solicitude incorre na causa de inadmisión do artigo 18.1.c)
da Lei 19/2013, dado que trátase de información para cuxa divulgación é necesaria unha
acción previa de reelaboración, xa que para facilitar a información solicitada cos distintos
parámetros e criterios que recolle a petición, resulta preciso a reelaboración de información
xa accesible nos enlaces indicados.
Indica o informe que a información solicitada está relacionada cos procesos selectivos
extraordinarios de estabilización, que contan con varios recursos contencioso-administrativos
interpostos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A sentenza 713/2023 do dito
Tribunal, no seu fundamento xurídico quinto establece que a oferta de emprego público non
debe enumerar os postos de traballo vacantes, e debe cumprir os requisitos que se conteñen
no artigo 70 EBEP e 48 da Lei 2/2015, que se concretan na indicación das necesidades de
recursos humanos, na obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos para as
prazas comprometidas e ata un dez por cen adicional, fixando o prazo máximo para a
convocatoria dos mesmos, no prazo de tres anos debe desenvolverse a oferta de emprego
público, debe aprobarse anualmente polo órgano de goberno da Administración Pública.
Cumpridos estes requisitos, establece o Tribunal que non resulta imprescindible identificar
cada un dos postos de traballo que se atopan vacantes, pois basta incluír un número de prazas.
Neste senso, a normativa de aplicación, utilizan en todo momento a expresión de prazas
vacantes e non de postos de traballo, sendo as prazas vacantes que cumpren cos requisitos
establecidos na norma as que se inclúen na oferta adicional de emprego público, ao cal se
suma que os concretos postos de traballo a adxudicar aos aspirantes que superen os procesos
de estabilización de emprego temporal poden non ser coñecidos aínda ao depender da
resolución dos procedementos de provisión de postos de traballo e de selección pendentes.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A Dirección Xeral de Función Pública ditou a resolución do data do 17 de outubro de 2023, e
a reclamación contra a mesma tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 8 de
novembro de 2023, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A reclamante solicitou á Dirección Xeral de Función Pública unha información moi concreta,
referida ao concurso convocado no proceso extraordinario de estabilización ao amparo da Lei
20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no
emprego público, e en relación a determinadas categorías do o Corpo Superior (Subgrupo A1)
e do grupo I do persoal laboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, sobre
o número de traballadores temporais que a 30/12/2021 ocupaban de forma temporal unha
praza estrutural, cunha relación desta natureza anterior ao 01/01/2016 e que non superasen
un proceso de estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto na disposición
adicional 8ª da citada Lei 20/2021, ben por non presentarse ao proceso, por presentarse e
non aprobalo, ou por non estar finalizados estes procedementos, con indicación dos códigos
dos postos que ocupaban estes traballadores temporais á dita data, figurasen os ditos códigos
ou non nunha relación de postos de traballo.
A resolución impugnada concede parcialmente o acceso á información solicitada, mediante a
remisión dun link a través do que se accede, como se comprobou por esta Comisión á seguinte
información:
Certificacións da Dirección Xeral de Función Pública no que figura, entre a doutros
corpos e grupos, a información referente ao número de prazas correspondentes ao
Corpo Superior (Subgrupo A1) e Grupo 1 do persoal laboral.
Así mesmo, publícanse as referencias de ocupación dos postos, que son as que
constaban no rexistro central de persoal a data de entrada en vigor da Lei 20/2021, do
28 de decembro (30 de decembro de 2021) en dous arquivos, un correspondente aos
postos de concurso e outro aos postos de concurso-oposición, e separados por grupos
de funcionarios (dende o grupo A1 á agrupación profesional) e en formato reutilizable
(formato excel), os postos de traballo derivados dos procesos de estabilización da Lei
20/2021, e da Lei 5/2022, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no
emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste listado en formato
reutilizable, figura código do posto, centro de destino, denominación do posto, NIF
do/a funcionario/a que o ocupa, iniciais do nome e apelidos do funcionario/a que o
ocupa, proceso ao que se somete (concurso ou concurso-oposición), grupo ao que
pertence o posto, subgrupo, categoría e corpo da convocatoria estabilización.
Esta é a información dispoñible elaborada para a oferta de emprego público extraordinaria
correspondente ao proceso de estabilización, que contén as prazas que reúnen os requisitos
establecidos para os ditos procesos, a través das cales pode acceder á información solicitada.
Para obter a información que solicita a interesada, referente ás persoas que ocuparon esas
prazas e coas variables de que non superasen un proceso de estabilización convocado cun
sistema distinto ao previsto na disposición adicional 8ª da Lei 20/2021, ben por non
presentarse ao proceso, por presentarse e non aprobalo, ou por non estar finalizados este
procedemento, indicando ademais os códigos dos postos que ocupaban estes traballadores
temporais á dita data, figurasen os ditos códigos ou non nunha relación de postos de traballo,
e necesario cruzar a información contida nas ditas follas excel, nas que figuran os postos
correspondentes aos grupos e categorías solicitados e as iniciais do nome e apelidos das
persoas que ocupan os ditos postos, cos listados de admitidos e excluídos dos distintos
procesos selectivos que se van convocando, para coñecer se cada un deses traballadores,
presentouse ou non a un ou a varios dos procesos selectivos convocados e que sexa un
procesos selectivo distinto ao previsto na disposición adicional 8ª, comprobar se foi ou non
admitido, e de estar o proceso selectivo finalizado, comprobar se o superou ou non.
É evidente que para dar a dita información, é necesaria unha labor de reelaboración de certa
complexidade, se ben coa información publicada na web, cos arquivos publicados sobre as
ditas prazas e os postos ocupados que cumprían os requisitos das normas de estabilización, e
en cos listados de admitidos e excluídos, e no seu caso, das persoas que van superando os
distintos procesos selectivos, é posible coñecer a información solicitada.
Como establece a Sentenza do Tribunal Supremo 670/2022, do 2 de xuño, non se
compadecería coa finalidade ou espírito da Lei, dar unha resposta que requira a elaboración
de informe ad hoc, que entraría dentro dás causas de inadmisión que establece ou artigo 18.1.
c) dá Lei 19/2013. As sentenzas do Tribunal Supremo do 16 de outubro de 2017, 3 de marzo
de 2020 e 25 de marzo de 2021, puxeron de relieve que unha solicitude de acceso á
información, pode comprender unha certa reelaboración, e que a reelaboración básica ou
xeral, como é natural, non sempre integra, en calquera caso, a causa de inadmisión prevista
no artigo 18.1.c). A acción previa de reelaboración, por tanto, na medida que á súa
concorrencia se anuda unha severa consecuencia como é a inadmisión a trámite da
correspondente solicitude, precisa que tales datos e documentos teña un carácter complexo,
no que se debe elaborar, a partir dunha información pública dispersa e diseminada, mediante
un labor consistente en solicitar, primeiro; ordenar e separar, despois, o que é información
clasificada ou non e sistematizar, e ten que ser obxecto de diversas operacións.
No presente caso, solicitouse o número de traballadores que tivesen ocupado postos con
determinadas condicións que se establecen nas normas de estabilización, que se tiveran
presentado a un proceso se estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto nunha
disposición adicional, indicando o número dos que que fosen admitidos, os que fosen
excluídos, os que non se tivesen presentado, ou os que téndose presentado e estando
admitidos, non se tivese finalizado o proceso, información que se ben se pode obter
cruzándoa cos listados de admitidos e excluídos dos distintos procesos selectivos, débese
considerar que requiren a elaboración dun un informe ad hoc de certa complexidade no que
se recompile a información con todas as premisas solicitadas na petición, á que por tanto lle
é aplicable a causa de reelaboración invocada, ao requirir un proceso de reelaboración.
Como indica a Dirección Xeral no seu informe, a información solicitada é accesible cos
informes que se lle remitiron á solicitante, sen que esta no seu escrito de recurso, concrete
que información non figura accesible a través da remitida directamente por Función Pública
ou a través dos enlaces web.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación interposta por XXX contra a Resolución do 17 de outubro de
2023, da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se resolve a súa solicitude de acceso ao
número de traballadores temporais que a 30/12/2021 ocupaban de forma temporal unha
praza estrutural, cunha relación desta natureza anterior ao 01/01/2016 e que non superasen
un proceso de estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto na disposición
adicional 8ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, e aos códigos dos postos que ocupaban estes
traballadores temporais a 30/12/2021, do Corpo Superior (Subgrupo A1), Grupo I categorías
1, 4, 9, 14, 23, 29, 31 do grupo I de persoal laboral e postos base subgrupo A1 do Consorcio
Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.