Estimada 19/12/2023 · 34 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre datos de matrícula de centros educativos concertados estimada por motivos formales

CIG-Ensino solicitó a la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades datos de matrícula desglosados por género de cuatro centros concertados. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración resolvió la solicitud con posterioridad a la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible por haberse presentado en plazo frente a una resolución presunta derivada del silencio administrativo.
2 Se reconoce que la Consellería no resolvió la solicitud de acceso a la información dentro del plazo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3 La resolución expresa de la administración fue notificada al interesado con posterioridad a la interposición de la reclamación ante la Comisión.
4 Se estima la reclamación por motivos formales debido a la falta de respuesta oportuna de la administración en la fase inicial.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX en representación da CIG-Ensino, mediante escrito do 15 de novembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 19 de decembro de 2023, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, en representación da CIG-Ensino presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15 de novembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acceso aos datos numéricos de matrícula, diferenciados por xénero, de catro centros educativos en todas e cada unha das unidades concertadas (EI, EP, ESO). O reclamante indicaba que solicitou a dita información á Consellería de Educación sen recibir resposta e que lle consta que segundo a información recibida do departamento responsable da revisión dos datos solicitados, estes obran desde hai tempo en poder da Secretaría Xeral Técnica, responsable da tramitación da consulta. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada con certificado electrónico do solicitante. Segundo. Con data do 17 de novembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 27 de novembro de 2023, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades contesta a petición remitindo oficio no que comunica que con data do 23 de novembro de 2023, emitiuse unha resolución de concesión de acceso á información ao interesado, que foille notificada e recepcioada polo interesado o mesmo día. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido polo artigo 27.4 da Lei 1/2016, pero ditou resolución expresa con data posterior á da presentación da reclamación ante a Comisión pola reclamante, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou da Consellería acceso aos datos numéricos de matrícula, diferenciados por xénero, de catro centros educativos en todas e cada unha das unidades concertadas (EI, EP, ESO). A Consellería, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou resolución expresa que notificou á persoa solicitante con posterioridade a que este presentara reclamación ante esta Comisión. De acordo co anterior, procede estimar a presente reclamación por motivos formais, e sen prexuízo de que si a reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX, en representación da CIG-Ensino con data do 15 de novembro de 2023, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acceso aos datos numéricos de matrícula, diferenciados por xénero, de catro centros educativos en todas e cada unha das unidades concertadas (EI, EP, ESO). Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.