El ciudadano solicitó información sobre un trámite de Patrimonio Histórico de Galicia relativo a una instalación fotovoltaica. No se alegaron motivos por parte de la administración ya que el proceso no llegó a esa fase. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió archivar la reclamación por desistimiento al no responder el interesado a un requerimiento de subsanación.
Puntos clave de la argumentación
1
Se aplicó el artículo 68.1 de la Ley 39/2015 para requerir la subsanación de la solicitud al no reunir los requisitos exigidos.
2
La resolución se basa en que la interesada no aportó la documentación requerida en el plazo de diez días concedido.
3
Se procede al archivo de la reclamación por desistimiento debido a la inactividad de la parte solicitante.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia.
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 8 de novembro de 2023, a
presidenta da Comisión da Transparencia en virtude da delegación outorgada pola referida
Comisión en sesión do 26 de xuño de 2018, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día
8 de novembro de 2023 un escrito de solicitude de información sobre un trámite de
Patrimonio Histórico de Galicia dun expediente dunha instalación fotovoltaica en vivenda en
zona de perímetro azul en Santiago de Compostela.
Segundo. Con data do 13 de novembro de 2023, requiriuse á solicitante para que remitise
información sobre en que data e ante que organismo solicitou a dita información, para o que
se lle concedeu un prazo de dez días, indicándolle expresamente que no caso de non remitir
as aclaracións requiridas, teríaselle por desistida da petición, previa resolución que deberá
ser ditada nos termos previstos na norma correspondente.
A interesada non deu resposta ao requirimento.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A Comisión da Transparencia, en sesión celebrada o 26 de xuño de 2018, acordou delegar na
presidenta da comisión a resolución das reclamacións nas que se teña por desistido ao
solicitante por non remitir en prazo a documentación que se lle requira
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Análise do expediente.
O artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas, establece que se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos
esixidos pola lexislación aplicable, requirirase á persoa interesada para que, nun prazo de dez
días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así
non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada
nos termos previstos no artigo 21. De acordo co anterior, dado que a interesada non achegou
en prazo a documentación que se lle requiriu, procede o arquivo da reclamación por
desistencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión
do 28 de setembro de 2018 (DOG nº 193 do 9 de outubro), a Presidenta da Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Arquivar, por inactividade da interesada, o escrito presentado por XXX con data do 8
de novembro de 2023, que deu lugar ao expediente RSCTG 258/2023.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, non prazo de dous meses,
contados desde ou día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
non artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora dá xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Mª Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia