El interesado solicitó al Concello do Grove información detallada sobre expedientes de urbanismo, inspecciones a locales de ocio y datos de funcionarios competentes. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento entregar la información, ya que no presentó alegaciones ni justificó límites legales.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición, conforme al artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
2
Las reclamaciones contra resoluciones presuntas (silencio administrativo) pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Criterio Interpretativo 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
3
La falta de respuesta del Ayuntamiento al requerimiento de informes de la Comisión no puede afectar al ejercicio del derecho de acceso a la información pública.
4
Ante la ausencia de alegaciones en contra por parte de la Administración, debe prevalecer el interés público al acceso a la información, salvo que existan límites legales previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario del artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do
Valedor do Pobo o 20 de novembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada
o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.- XXX presentou, con data do 20 de novembro de 2023, unha reclamación ao
amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e
Bo Goberno, contra a desestimación por silencio administrativo das súas solicitudes de acceso
ante o Concello do Grove de identificación da autoridade deste Concello con competencias
para a incoación dos expedientes de reposición da legalidade urbanística, o funcionario con
responsabilidades en materia de tramitación de expedientes urbanísticos, de inspeccións
urbanísticas a establecementos dende o 1/12/2022, número de inspeccións realizadas e
localización do establecemento inspeccionado, identificación do funcionario con
responsabilidades en materia de tramitación de expedientes de incumprimentos ambientais,
autoridade con competencias en materia de seguridade cidadá e, en particular, que actúa
como mando último do Corpo da Policía Local, autoridade con competencias en materia de
concesión de licenzas de obra e de actividade, funcionario con responsabilidades en materia
de tramitación de expedientes de comunicación previa de cambio de titularidade e inicio de
actividades e verificación do cumprimento dos requisitos do cumprimento das comunicacións
previas e requirimento de paralización da actividade, número de denuncias urbanísticas
rexistradas neste Concello dende o 1/01/2021 ata a actualidade, inmoble ou establecemento
obxecto de denuncia, expedientes de reposición da legalidade incoados dende esa data,
número de expedientes de reposición da legalidade resoltos co número de expediente e
inmoble a que se refire, número de ordes de paralización de actividade ou precintos de
establecementos ditadas no seo de expedientes de reposición da legalidade desde indicando
número de expediente e inmoble a que se refire, así como a acreditación do efectivo
cumprimento ou acatamento das mesmas, número de licenzas de actividade para o exercicio
da actividade de Café Bar con música, Café concerto, Pub, Discoteca ou análogas que consten,
achegando número de expediente e inmoble a que se refire, numero de visitas de inspección
realizadas por Técnicos Municipais a locais de lecer nocturno.
O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
Coa reclamación achega copia do seu DNI e da solicitude presentada ante o Concello.
Segundo. Con data do 27 de novembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de O Grove para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente, sen que se
recibise a documentación solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou do Concello acceso a determinada información sobre expedientes de
reposición da legalidade urbanística e identificación de funcionarios que participan en
determinados procedementos e inspeccións e sancións en establecementos de ocio nocturno,
sen obter resposta.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do seu criterio mediante
a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a
tramitación do expediente sen os seus argumentos.
O feito de que a Administración municipal non dera contestación á solicitude de informe sobre
a reclamación no marco deste procedemento, dificulta considerablemente o cumprimento da
función de garantía encomendada a esta Comisión, ao non proporcionarlle a valoración que
ao órgano reclamado merecen os motivos nos que se sustenta o recurso, co fin de que poida
dispoñer dos elementos de xuízo necesarios para pronunciarse sobre a procedencia ou non
de conceder o acceso á información solicitada.
Con todo, a falta de resposta ao requirimento de alegacións non pode afectar a eficacia o
exercicio dun dereito de rango constitucional, como é o dereito de acceso á información
pública.
Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese
público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe
aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e,
de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe
prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2
da referida Lei).
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse ao Concello que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse que de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
obriga do Concello de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 20 de novembro de 2023,
contra a desestimación por silencio administrativo das súas solicitudes presentadas ante o
Concello do Grove, de acceso a información referente a expedientes de reposición da
legalidade urbanística, inspeccións urbanísticas a establecementos, identificación de
funcionarios, inmobles ou establecementos obxecto de denuncias, ordes de paralización de
actividade ou precintos de establecementos e a acreditación do efectivo cumprimento ou
acatamento das mesmas, número de licenzas de actividade para o exercicio da actividade de
Café Bar con música, Café concerto, Pub, Discoteca ou análogas que consten, e numero de
visitas de inspección realizadas por Técnicos Municipais a locais de lecer nocturno.
Segundo: Instar ao Concello de O Grove a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda
ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15
da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de O Grove que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 12.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.