Un ciudadano solicitó al Ayuntamiento de Muros el texto de la ordenanza municipal sobre precios públicos por uso privativo de vías públicas. Ante la falta de respuesta expresa, el interesado alegó vulneración de sus derechos de acceso. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación debido a la ausencia de resolución formal, instando al Ayuntamiento a responder.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según el Criterio Interpretativo 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
2
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición.
3
Si la información solicitada ya ha sido publicada, la administración puede limitarse a indicar al solicitante cómo acceder a ella conforme al artículo 22 de la Ley 19/2013.
4
A pesar de que el Ayuntamiento remitió un oficio informativo, la falta de una resolución expresa formal conlleva la estimación de la reclamación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 20 de novembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 20
de novembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional
quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Muros de acceso ao
texto oficial da ordenanza municipal do Concello, referida ao prezo público pola utilización
privativa ou aproveitamento especial de espazos reservados nas vías públicas para
aparcamento ou para entrada de automóbiles en inmobles, ou de non existir, certificación
acreditativa de tal extremo.
O reclamante indica que non obtivo contestación á súa solicitude e que se conculcan os seus
dereitos de acceso á información e os seus dereitos como concelleiro.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 27 de novembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Muros para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 18 de decembro de 2023 o Concello de Muros contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que consta unha solicitude de data 11 de setembro que
foi contestada do día 12 do mesmo mes pola persoa encargada de Tesoureira municipal, a cal
firmou a acta de cese no concello de Muros o día 6 de outubro.
Revisado o expediente, non consta no concello de Muros ningunha solicitude presentada polo
reclamante sobre o asunto o día 13 de outubro de 2023, pero si consta un escrito do día 13
de setembro solicitando dita ordenanza, que ao parecer non foi contestado pola persoal
encargada de tramitar este expediente, polo que xunta copia da mesma.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Muros non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo
que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante, solicitou acceso ao texto oficial da ordenanza municipal do Concello, referida
ao prezo público pola utilización privativa ou aproveitamento especial de espazos reservados
nas vías públicas para aparcamento ou para entrada de automóbiles en inmobles, ou de non
existir, certificación acreditativa de tal extremo, sobre o que indica que non obtivo resposta.
De acordo co informe e documentación remitida polo Concello, se ben non se ditou resolución
expresa sobre a solicitude, se lle remitiu ao interesado un oficio da Tesouraría municipal, ao
día seguinte ao da súa solicitude, no que se lle informa que na ordenanza non fiscal reguladora
do tráfico no Concello de Muros, regúlanse nos artigos 50 a 58, a utilización privativa da vía
pública, sendo aplicable dende a súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, do
que se lle indica o número de boletín e a súa data de publicación. Así mesmo se lle indica que
o acceso á ordenanza o pode realizar dende a sede electrónica do Concello ou dende a páxina
web da Deputación da Coruña, nas que existe un listado co conxunto das normas reguladoras
das distintas figuras tributarias e non tributarias do Concello.
De conformidade co disposto no artigo 22 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, se a información
solicitada xa fora publicada, a resolución poderá limitarse a indicar ao solicitante como pode
acceder a ela. No presente caso, dado que non se ditou resolución expresa por parte do
Concello, procede a estimación da reclamación presentada, debendo, polo órgano
competente do Concello, ditar a dita resolución coa oferta dos recursos que contra a mesma
procedan.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 20 de novembro de 2023,
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello
de Muros de acceso ao texto oficial da ordenanza municipal do Concello, referida ao prezo
público pola utilización privativa ou aproveitamento especial de espazos reservados nas vías
públicas para aparcamento ou para entrada de automóbiles en inmobles, ou de non existir,
certificación acreditativa de tal extremo.
Segundo: Instar ao Concello de Muros a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda
ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15
da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Muros a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.