El solicitante pidió a la Dirección Xeral de Función Pública la puntuación de un candidato en una lista de méritos (condutor de motobomba). La administración denegó el acceso alegando que el solicitante no era interesado en el procedimiento. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, determinando que el derecho de acceso a la información pública no requiere acreditar condición de interesado.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se reconoce a todas las personas, siendo suficiente la acreditación de la identidad del solicitante sin obligación de motivar la petición.
2
La condición de interesado en materia de transparencia difiere del concepto administrativo común, ya que es irrelevante que el solicitante tenga relación con la administración o la materia solicitada.
3
El acceso a la información pública no está condicionado a la acreditación de un interés concreto o específico del solicitante.
4
Cualquier solicitud cuya materia no esté excluida o limitada por la normativa vigente debe resolverse en sentido favorable al acceso a la información.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 24 de novembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 24
de novembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resolución da Dirección Xeral de
Función Pública do 23 de novembro de 2023, pola que se denega a súa solicitude de acceso
á puntuación obtida por un solicitante en varias publicacións de resolucións de inclusión e
actualización de méritos da lista correspondente á categoría 33 do grupo IV de persoal laboral
(condutor/a de motobomba).
O reclamante indicaba que se lle denegou o acceso á dita información porque os seus
intereses e ós da persoa sobre o que se solicita a puntuación, non concorren admitidos en
ningunha lista, polo que non hai constancia de ningunha causa para consideralo interesado
no procedemento, non procede facilitarlle a información que solicita.
Considera o reclamante que a solicitude de información realízase sobre unhas puntuacións
que cada ano son públicas e de libre acceso sen previa xustificación ou identificación algunha,
en todas e cada unha das categorías que forman parte nese Decreto, non tendo datos
especialmente protexidos nin motivos tales para a denegación de acceso a esa información
pública.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 4 de decembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
Terceiro. Con data do 19 de decembro de 2023 a Consellería de Facenda e Administración
Pública contesta a petición remitindo copia do expediente, sen remitir o informe sobre a
reclamación solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 23 de novembro de 2023 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do
Pobo con data do 24 de novembro de 2023, debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso á puntuación obtida por un solicitante en varias publicacións de
resolucións de inclusión e actualización de méritos da lista de contratación da que indica a
categoría e o grupo ao que pertence e lle foi denegado o acceso por considerar que non é un
interesado no expediente.
O concepto de interesado en materia de transparencia, ten unhas peculiaridades respecto do
concepto de interesado nun procedemento administrativo. De acordo co disposto no artigo
12 da Lei 19/2013, o dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as persoas,
polo que é suficiente con acreditar a identidade do solicitante (artigo 17.2), non existe obriga
de motivar a solicitude (artigo 17.3) e se o interesado o fai, a motivación poderá ser tida en
conta cando se dite a resolución, sen que a ausencia de motivación, por si soa poida ser causa
de rexeitamento da solicitude.
En todo caso, a Lei 1/2016, amplía aínda máis os dereitos do interesado, pois no artigo 24
equipara o interesado coa cidadanía en xeral. O dito artigo reforza o dereito da cidadanía ao
establecer que no exercicio do dereito ao acceso á información pública, garantiráselle ao
interesado a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización
previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou doutras Leis. Por tanto, é irrelevante
que o solicitante de información pública teña ou non relación coa administración, coa materia
da que solicita información, ou o seu lugar de residencia. O dereito de acceso á información
pública non vén determinado polo feito dun interese concreto ou específico do solicitante,
nin está condicionada á acreditación da súa condición de interesado, debendo calquera
solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no seu acceso pola normativa vixente,
ser resolta non senso de conceder o acceso á información, porque a transparencia implanta
no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos seus gobernantes, das súas
Administracións e de calquera entidade que manexe fondos públicos, calquera información
pública que xulgue oportuna.
No presente caso, o reclamante indica que o dato solicitado estivo publicado e de libre acceso
sen previa xustificación ou identificación algunha, non contendo datos especialmente
protexidos nin motivos para a denegación do seu acceso. De acordo co anterior, procede a
estimación da reclamación presentada, debendo a Dirección Xeral de Función Pública remitir
ao interesado a información solicitada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 24 de novembro de 2023,
contra a Reclamación contra a resolución da Dirección Xeral de Función Pública do 23 de
novembro de 2023, pola que se denega a súa solicitude de acceso á puntuación obtida por un
solicitante en varias publicacións de resolucións de inclusión e actualización de méritos da
lista correspondente á categoría 33 do grupo IV de persoal laboral, (condutor/a de
motobomba).
Segundo: Instar a Consellería de Facenda e Administración Pública , a que, no prazo máximo
de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando
os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei,
no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Facenda e Administración Pública a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.