Estimada 30/01/2024 · 61 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso a la lista de navieras autorizadas en el sistema de reservas del Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

Naviera Mar De Ons S.L. solicitó a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda información sobre navieras autorizadas en el sistema de reservas del Parque Nacional das Illas Atlánticas. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración respondió extemporáneamente.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible al haberse interpuesto dentro del plazo de un mes tras producirse los efectos del silencio administrativo.
2 Se reconoce el derecho general de acceso a la información pública sin necesidad de que el solicitante motive su petición.
3 La Consellería no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4 La resolución expresa de la Administración fue notificada con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
5 Se estima la reclamación por motivos formales debido a la falta de respuesta en tiempo y forma, sin perjuicio de que el recurrente impugne el contenido de la respuesta posterior.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX en representación de Naviera Mar De Ons S.L, mediante escrito do 30 de novembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX en representación de Naviera Mar De Ons S.L presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 30 de novembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada ante a Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda con data 9 de outubro de 2023, de acceso á información sobre as entidades navieiras autorizadas a autenticarse como usuarias do sistema de xestión de reservas de acceso ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. O reclamante indica que transcorrido o prazo de resposta, non recibiu contestación á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude asinada con certificado dixital de representante de persoa xurídica. Segundo. Con data do 13 de decembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 10 de xaneiro de 2024 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda contesta a petición remitindo o informe e copia do expediente tramitado. No informe, en síntese indica que con data do 22 de decembro de 2023, o director conservador do Parque Nacional marítimo terrestre das Ilas Atlánticas de Galicia remitiu un escrito á navieira, para dar resposta á solicitude de información e no que se lle comunica, entre outros aspectos, que as entidades operadoras autorizadas a autenticarse como usuarias do sistema de xestión de reservas de acceso ao Parque Nacional son as que están publicadas na páxina web e respecto aos códigos de acceso á plataforma, son os subministrados polos técnicos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que é a Axencia que creou a o sistema de xestión da central de reservas. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido polo artigo 27.4 da Lei 1/2016, pero ditou resolución expresa con data posterior á da presentación da reclamación ante a Comisión pola entidade reclamante, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso á información sobre as entidades navieiras autorizadas a autenticarse como usuarias do sistema de xestión de reservas de acceso ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas A Consellería, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou resolución expresa que notificou á entidade solicitante con posterioridade a que este presentara reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación por motivos formais, e sen prexuízo de que si a entidade reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX , en representación de Naviera Mar De Ons S.L con data do 30 de novembro de 2023 contra desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda con data 9 de outubro de 2023, de acceso á información sobre as entidades navieiras autorizadas a autenticarse como usuarias do sistema de xestión de reservas de acceso ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.