Desestimada 30/01/2024 · 60 días en resolverse

Reclamación sobre acceso a información de trabajadores temporais y procesos de estabilización en el Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, desestimada por requerir reelaboración de datos

Una persona solicitó a la Dirección General de Función Pública de Galicia datos detallados sobre trabajadores temporales en plazas estructurales y sus procesos de estabilización. El solicitante alegó que los enlaces proporcionados eran insuficientes. La Comisión de la Transparencia desestimó la reclamación porque la respuesta requeriría una reelaboración compleja de información.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud se considera inadmisible según el artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013, ya que la divulgación de la información requiere una acción previa de reelaboración.
2 Para responder a la petición, sería necesario cruzar datos de archivos Excel de puestos ocupados con listados de admitidos y excluidos de diversos procesos selectivos.
3 Se cita la Sentencia del Tribunal Supremo 670/2022 para justificar que no es compatible con el espíritu de la ley la elaboración de informes ad hoc.
4 La reelaboración que justifica la inadmisión ocurre cuando los datos tienen un carácter complejo y requieren ordenar, separar y sistematizar información pública dispersa.
5 La Comisión determina que la información solicitada es accesible mediante el análisis de los informes y enlaces ya remitidos por la administración.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 1 de decembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 1 de decembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 21 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se resolve a súa solicitude de acceso ao número de traballadores temporais que a 30/12/2021 ocupaban de forma temporal unha praza estrutural cunha relación desta natureza anterior ao 01/01/2016, e que non superasen un proceso de estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto na disposición adicional 8ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, e aos códigos dos postos que ocupaban estes traballadores temporais a 30/12/2021, do Corpo Superior (Subgrupo A1), Grupo I categorías 1, 4, 9, 14, 23, 29, 31, do grupo I de persoal laboral e postos base subgrupo A1 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. A reclamante indica que a resolución da Dirección Xeral de Función Pública que recibiu con data do 23 de novembro de 2023, estima parcialmente a súa solicitude, pero unicamente aporta enlaces a páxinas web que recollen información xeral que non da resposta ao requirido, e asemade, a información solicitada non se atopa publicada nin é accesible por outras vías, estando unicamente a disposición da Dirección Xeral de Función Pública, polo que considera que non se trata dun suposto de reelaboración de información xa accesible por medio dos enlaces facilitados. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada con certificado dixital e da resolución impugnada. Segundo. Con data do 13 de decembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 3 de xaneiro de 2023 a Consellería de Facenda e Administración Pública contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a resolución impugnada resolveu conceder parcialmente o acceso á información, en base a que o artigo 19.uno.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, incluía unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal, incorporando prazas dos servizos de administración e servizos xerais que responderan a necesidades estruturais, que estiveran dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017, en procesos que debían aprobarse e publicarse nos exercicios 2018 a 2020, período que ampliouse ata o 31 de decembro de 2021. A Xunta de Galicia asinou coas organizacións sindicais o 18 de outubro de 2017 o Acordo para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos e con data do 15 de xaneiro de 2019 o Acordo de concertación do emprego público de Galicia, que tiñan por obxecto, entre outras medidas, o desenvolvemento dunha iniciativa plurianual planificada dirixida a incrementar a estabilidade do emprego público dependente da Xunta de Galicia, co obxectivo de reducir a taxa de temporalidade inferior ao 7 % ao final do período establecido nos acordos asinados. De acordo co anterior, vense incorporando nos decretos que regulan anualmente as ofertas de emprego público unha taxa adicional de estabilización das prazas que viñan estando ocupadas por persoal cunha vinculación temporal e que reúnen os requisitos aos que fai referencia as Leis de orzamentos xerais do Estado e da comunidade autónoma. Deste xeito, para o Corpos Superiores da Administración xeral, no referente aos procesos de estabilización, o Anexo II do Decreto 160/2018, do 13 de decembro, ofertou 33 prazas, o Decreto 33/2019, do 28 de marzo, ofertou 16 prazas no dito Corpo e o Decreto 62/2021, do 8 de abril, ofertou 41 prazas, das que 16 corresponden a prazas da estabilización de funcionarios do corpo superior e as restantes 25 prazas corresponden a prazas de estabilización do Grupo I, categorías 01, 04, 14, 19, 23, 29, 31, que de acordo coa súa disposición adicional primeira ofertaba nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario, todas as prazas publicadas tanto en ofertas anteriores como as relativas a esta oferta, que aínda están sen convocar, de categorías de persoal laboral que teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial. A Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convocaba o proceso selectivo pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A1, incluíu 33 prazas de estabilización correspondentes as ofertas de emprego dos anos 2018, e 16 correspondentes a 2019, convocadas conxuntamente coas prazas do corpo superior de acceso libre e as prazas do proceso de consolidación do persoal indefinido non fixo. No informe figura un cadro coas prazas convocadas de estabilización e de consolidación, as cubertas, as desertas e as incorporadas facendo un total de 207 prazas. A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público prevé un novo proceso de estabilización do emprego temporal mediante a convocatoria extraordinaria de prazas que non consumen taxa de reposición, que se estruturou en dúas vías, autorizándose por unha banda un terceiro proceso de estabilización adicional que incluíu as prazas de natureza estrutural que, estean ou non dentro das relacións de postos de traballo, plantillas ou outra forma de organización e estando dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020 e que non fosen convocadas, ou sendo convocadas e resoltas, quedasen sen cubrir. Por outra banda, convocáronse polo sistema de concurso, aquelas prazas que, reunindo os requisitos establecidos no artigo 2.1 da Lei 20/2021, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. Mediante o Decreto 79/2022, do 25 de maio, ofertáronse mediante o sistema de concurso e de concurso-oposición, 63 prazas do Corpo Superior e 136 de titulado/a superior, que incluían as 41 prazas da Oferta de emprego do ano 2021 sen convocar, e 35 prazas adicionais que serían efectivamente ofertadas por concurso sempre que quedaran sen cubrir no proceso selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, de acordo cos novos criterios establecidos pola Lei 20/2021, sendo o criterio de prazas ocupadas de maneira ininterrompida adoptado na Comunidade Autónoma de 3 meses. De acordo coa Disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, do 25 de maio, o número total de prazas a ofertar no Corpo Superior foi determinado nas Resolucións do 22 de decembro de 2022 pola que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivado da Lei 20/2021, sendo para o Corpo superior, que inclúe prazas das referidas categorías do grupo I de persoal laboral, postos base subgrupo A1 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar), 168 prazas de concurso e 9 de concurso- oposición, no que 1 praza de concurso-oposición pasou a concurso por alegacións posteriores a publicación da oferta de emprego de emprego. As 136 prazas de titulado superior pasaron na súa maioría ao corpo superior da administración xeral, pero houbo prazas ocupadas por persoal indefinido non fixo que de acordo coa sentenza do seu ocupante tiveron que ser clasificadas de acordo coa titulación deste polo que pasaron aos corpos facultativos superiores escala de arquitectos, enxeñaría de camiños, canais e portos, enxeñaría agronómica, enxeñaría industrial, enxeñaría de montes, enxeñaría de minas, bioloxía, ciencias do mar, física, arqueólogos, arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e enxeñaría de telecomunicación. A información sobre o detalle dos postos que se tiveron en conta para a determinación das prazas que conforman a oferta pública de emprego é accesible a través do enlace da Web remitido á reclamante, así como o detalle das certificacións, polo Director Xeral da Función Pública o 21.04.2023 e o 12.09.2023, a información relativa aos procesos selectivos convocados, e ás relacións de postos de traballo (RPT). Establece a resolución que parte da solicitude incorre na causa de inadmisión do artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, dado que trátase de información para cuxa divulgación é necesaria unha acción previa de reelaboración, xa que para facilitar a información solicitada cos distintos parámetros e criterios que recolle a petición, resulta preciso a reelaboración de información xa accesible nos enlaces indicados. Indica o informe que a información solicitada está relacionada cos procesos selectivos extraordinarios de estabilización, que contan con varios recursos contencioso-administrativos interpostos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A sentenza 713/2023 do dito Tribunal, no seu fundamento xurídico quinto establece que a oferta de emprego público non debe enumerar os postos de traballo vacantes, e debe cumprir os requisitos que se conteñen no artigo 70 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Estatuto Básico do Empregado Público e 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia 2/2015, que se concretan na indicación das necesidades de recursos humanos, na obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos para as prazas comprometidas e ata un dez por cen adicional, fixando o prazo máximo para a convocatoria dos mesmos, no prazo de tres anos debe desenvolverse a oferta de emprego público, debe aprobarse anualmente polo órgano de goberno da Administración Pública. Cumpridos estes requisitos, establece o Tribunal que non resulta imprescindible identificar cada un dos postos de traballo que se atopan vacantes, pois basta incluír un número de prazas. Neste senso, a normativa de aplicación, utiliza en todo momento a expresión de prazas vacantes e non a de postos de traballo, sendo as prazas vacantes que cumpren cos requisitos establecidos na norma as que se inclúen na oferta adicional de emprego público, ao cal se suma que os concretos postos de traballo a adxudicar aos aspirantes que superen os procesos de estabilización de emprego temporal poden non ser coñecidos aínda, ao depender da resolución dos procedementos de provisión de postos de traballo e de selección pendentes. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Dirección Xeral de Función Pública ditou a resolución do data do 21 de novembro de 2023 , e a reclamación contra a mesma tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 1 de decembro de 2023, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A reclamante solicitou á Dirección Xeral de Función Pública unha información moi concreta, referida ao concurso convocado no proceso extraordinario de estabilización ao amparo da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e en relación a determinadas categorías do o Corpo Superior (Subgrupo A1) e do grupo 1 do persoal laboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, sobre o número de traballadores temporais que a 30/12/2021 ocupaban de forma temporal unha praza estrutural, cunha relación desta natureza anterior ao 01/01/2016 e que non superasen un proceso de estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto na disposición adicional 8ª da citada Lei 20/2021, ben por non presentarse ao proceso, por presentarse e non aprobalo, ou por non estar finalizados estes procedementos, con indicación dos códigos dos postos que ocupaban estes traballadores temporais á dita data, figurasen os ditos códigos ou non nunha relación de postos de traballo. A resolución impugnada concede parcialmente o acceso á información solicitada, mediante a remisión dun link a través do que se accede, como se comprobou por esta Comisión á seguinte información:  Certificacións da Dirección Xeral de Función Pública no que figura, entre a doutros corpos e grupos, a información referente ao número de prazas correspondentes ao Corpo Superior (Subgrupo A1) e Grupo 1 do persoal laboral.  Así mesmo, publícanse as referencias de ocupación dos postos, que son as que constaban no rexistro central de persoal a data de entrada en vigor da Lei 20/2021, do 28 de decembro (30 de decembro de 2021) en dous arquivos, un correspondente aos postos de concurso e outro aos postos de concurso-oposición, e separados por grupos de funcionarios (dende o grupo A1 á agrupación profesional) e en formato reutilizable (formato excel), os postos de traballo derivados dos procesos de estabilización da Lei 20/2021, e da Lei 5/2022, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste listado en formato reutilizable, figura código do posto, centro de destino, denominación do posto, NIF do/a funcionario/a que o ocupa, iniciais do nome e apelidos do funcionario/a que o ocupa, proceso ao que se somete (concurso ou concurso-oposición), grupo ao que pertence o posto, subgrupo, categoría e corpo da convocatoria estabilización Esta é a información dispoñible elaborada para a oferta de emprego público extraordinaria correspondente ao proceso de estabilización, que contén as prazas que reúnen os requisitos establecidos para os ditos procesos, a través das cales pode acceder á información solicitada. Para obter a información que solicita a interesada, referente ás persoas que ocuparon esas prazas e coas variables de que non superasen un proceso de estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto na disposición adicional 8ª da Lei 20/2021, ben por non presentarse ao proceso, por presentarse e non aprobalo, ou por non estar finalizados este procedemento, indicando ademais os códigos dos postos que ocupaban estes traballadores temporais á dita data, figurasen os ditos códigos ou non nunha relación de postos de traballo, é necesario cruzar a información contida nas ditas follas excel, nas que figuran os postos correspondentes aos grupos e categorías solicitados e as iniciais do nome e apelidos das persoas que ocupan os ditos postos, cos listados de admitidos e excluídos dos distintos procesos selectivos que se van convocando, para coñecer se cada un deses traballadores, presentouse ou non a un ou a varios dos procesos selectivos convocados e que sexa un procesos selectivo distinto ao previsto na disposición adicional 8ª, comprobar se foi ou non admitido, e de estar o proceso selectivo finalizado, comprobar se o superou ou non. É evidente que para dar a dita información, é necesaria unha labor de reelaboración de certa complexidade, se ben coa información publicada na web, cos arquivos publicados sobre as ditas prazas e os postos ocupados que cumprían os requisitos das normas de estabilización, e en cos listados de admitidos e excluídos, e no seu caso, das persoas que van superando os distintos procesos selectivos, é posible coñecer a información solicitada. Como establece a Sentenza do Tribunal Supremo 670/2022, do 2 de xuño, non se compadecería coa finalidade ou espírito da Lei, dar unha resposta que requira a elaboración de informe ad hoc, que entraría dentro dás causas de inadmisión que establece ou artigo 18.1.c) da Lei 19/2013. As sentenzas do Tribunal Supremo do 16 de outubro de 2017, 3 de marzo de 2020 e 25 de marzo de 2021, puxeron de relieve que unha solicitude de acceso á información, pode comprender unha certa reelaboración, e que a reelaboración básica ou xeral, como é natural, non sempre integra, en calquera caso, a causa de inadmisión prevista no artigo 18.1.c). A acción previa de reelaboración, por tanto, na medida que á súa concorrencia se anuda unha severa consecuencia como é a inadmisión a trámite da correspondente solicitude, precisa que tales datos e documentos teña un carácter complexo, no que se debe elaborar, a partir dunha información pública dispersa e diseminada, mediante un labor consistente en solicitar, primeiro; ordenar e separar, despois, o que é información clasificada ou non e sistematizar, e ten que ser obxecto de diversas operacións. No presente caso, solicitouse o número de traballadores que tivesen ocupado postos con determinadas condicións que se establecen nas normas de estabilización, que se tiveran presentado a un proceso se estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto nunha disposición adicional, indicando o número dos que que fosen admitidos, os que fosen excluídos, os que non se tivesen presentado, ou os que téndose presentado e estando admitidos, non se tivese finalizado o proceso, información que se ben se pode obter cruzándoa cos listados de admitidos e excluídos dos distintos procesos selectivos, débese considerar que requiren a elaboración dun informe ad hoc de certa complexidade no que se recompile a información con todas as premisas solicitadas na petición, á que por tanto lle é aplicable a causa de reelaboración invocada, ao requirir un proceso de reelaboración. Como indica a Dirección Xeral no seu informe, a información solicitada é accesible cos informes que se lle remitiron á solicitante, sen que esta no seu escrito de recurso, concrete que información non figura accesible a través da remitida directamente por Función Pública ou a través dos enlaces web. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación interposta por XXX contra a Resolución do 21 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se resolve a súa solicitude de acceso ao número de traballadores temporais que a 30/12/2021 ocupaban de forma temporal unha praza estrutural, cunha relación desta natureza anterior ao 01/01/2016 e que non superasen un proceso de estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto na disposición adicional 8ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, e aos códigos dos postos que ocupaban estes traballadores temporais a 30/12/2021, do Corpo Superior (Subgrupo A1), Grupo I categorías 1, 4, 9, 14, 23, 29, 31 do grupo I de persoal laboral e postos base subgrupo A1 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.