El solicitante pidió al Concello de Oleiros información sobre el dragado de la Ría do Burgo. Tras no recibir respuesta (silencio administrativo), presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento respondió fuera de plazo y solo después de interpuesta la reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
El Concello de Oleiros no resolvió la solicitud de acceso en el plazo legal de un mes, incurriendo en silencio administrativo.
3
La administración emitió una resolución expresa y facilitó la información solo con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido al incumplimiento de los plazos de respuesta del órgano administrativo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por XXX, mediante escrito do 4 de decembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, presentou, con data do 4 de decembro de 2023, unha reclamación a amparo
da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de Transparencia y Buen
Gobierno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á
información pública presentada perante o Concello de Oleiros con data 11 de outubro de
2023, sobre as operacións de dragado que se están realizando na Ría do Burgo.
No seu escrito indica que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data 13 de decembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Oleiros para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro.- Con data do 21 de decembro de 2023 o Concello de Oleiros remitiu o informe
solicitado.
No informe se indica que en relación coa solicitude de acceso aos datos relativos ao dragado
da Ría do Burgo, aínda non sendo unha información tratada, nin asunto de competencia
municipal, sendo outra administración a responsable das actuacións de dragado da ría, se
respondeu ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da lei 19/2013, mediante comunicación que lle foi remitida o día 14/12/2023.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Oleiros non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
dun mes que establece a Lei, senón que resolveu unha vez que o interesada tiña presentada
reclamación ante esta Comisión, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso a información sobre as operacións de dragado que se están
realizando na Ría do Burgo.
O Concello, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou
resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentara
reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen
prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 4 de
decembro de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de
acceso á información pública presentada perante o Concello de Oleiros sobre as operacións
de dragado que se están realizando na Ría do Burgo.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.