Inadmitida 30/01/2024 · 57 días en resolverse

Inadmisión de solicitud de acceso a documentación de denuncia ante la Fiscalía presentada por el Patrón Maior de la Confraría de Pescadores A Pastoriza

Se solicitó al Patrón Maior de la Confraría de Pescadores A Pastoriza y a la Consellería do Mar el acceso a la documentación de una denuncia presentada ante la Fiscalía. No constan alegaciones previas. La Comisión de la Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la documentación solicitada no constituye información pública al no derivarse de una actividad sujeta a derecho administrativo.

Puntos clave de la argumentación

1 Las confrarías de pescadores tienen una naturaleza mixta, siendo corporaciones de derecho público de base privada que desarrollan funciones públicas y privadas.
2 Según la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013, las Corporaciones de Derecho Público solo están sometidas a la normativa de transparencia en relación con sus actividades sujetas a derecho administrativo.
3 La presentación de una denuncia y su documentación soporte ante la Fiscalía por parte de un miembro de la confraría no se considera una actividad sujeta a derecho administrativo.
4 Al no ser la documentación solicitada información pública, la reclamación es inadmisible conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión de la Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 4 de decembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión de la Transparencia en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 4 de decembro de 2023, unha denuncia contra o Patrón Maior da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova De Arousa e a Consellería do Mar, para que poña a súa disposición a totalidade da documentación soporte da denuncia formulada polo dito Patrón Maior ante a Fiscalía contra a Ex Patroa e a Sra. Presidenta da Agrupación Sectorial de Marisqueo a pé. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto.- Análise do expediente As corporacións de dereito público, como as confrarías de pescadores, tal e como destacou o Tribunal Constitucional na súa sentenza 89/1989, do 11 de maio, reiterada en pronunciamentos posteriores, como a sentenza 3/2013, do 17 de xaneiro, teñen unha natureza mixta ou bifronte, ao ser recoñecidas polo Estado, estando os seus fins dirixidos non só á consecución de fins estritamente privados, que podería conseguirse coa simple asociación, senón esencialmente a garantir que o exercicio dunha actividade, que constitúe un servizo ao común, se axuste ás normas ou regras que aseguren tanto a eficacia como a eventual responsabilidade en tal exercicio. De acordo co Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, as confrarías de pescadores de Galicia son corporacións de dereito público, sen ánimo de lucro, dotadas de personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcións que lles están encomendadas, e actúan como órganos de consulta e colaboración da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en materias relativas á actividade extractiva e ordenación do sector pesqueiro. Establece o Decreto que para os efectos da súa constitución e organización, así como cando actúan como órganos de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro, as confrarías participan da natureza da Administración pública. A configuración como Corporacións de Dereito Público de base privada que desenvolven funcións públicas, xustifícase polo cumprimento de diferentes intereses públicos, entre os que poden mencionarse a ordenación do exercicio profesional, o cumprimento das normas deontolóxicas, o exercicio da potestade sancionadora, os recursos procesuais, a defensa dos dereitos e intereses de consumidores e usuarios, etc. O Tribunal Constitucional na súas sentenzas 23/1984 e 123/1987, afirma a consideración de corporacións sectoriais de base privada, isto é, corporacións públicas pola súa composición e organización que, con todo, realizan unha actividade en gran parte privada, aínda que teñan delegadas pola Lei funciones públicas, nas que a súa orixe, organización e funcións non dependen só da vontade dos asociados, senón tamén, e en primeiro termo, das determinacións obrigatorias do propio lexislador. O carácter complexo do réxime xurídico das corporacións e a falla de uniformidade do sistema, implica necesariamente que debe adaptarse á natureza pública ou privada en función da actividade que desempeñe en cada momento. De conformidade co disposto no artigo 3 do dito decreto, as confrarías de pescadores quedan suxeitas á tutela da Administración pública galega, que será exercida pola consellería competente en materia de pesca, respecto daqueles actos e acordos adoptados no exercicio das súas funcións públicas e suxeitas ao dereito administrativo, establecéndose que teñen esta consideración, as cuestións relativas á constitución, funcionamento dos órganos reitores e procesos electorais que se desenvolvan no seu seo, así como os actos de afiliación e a creación, disolución e fusión das confrarías. Por tanto, unicamente pódese soster que só o exercicio das devanditas funcións públicas é o que se suxeita a Dereito Administrativo. O artigo 3.1.c) da Lei 1/2016 e o artigo 2.1.e) da Lei 19/2013, establecen que as Corporación de Dereito Público están sometidas á normativa de Transparencia unicamente no relativo ás súas actividades sometidas a dereito Administrativo. Non se pode considerar que unha denuncia e a documentación presentada por un membro da confraría, sexa o Patrón maior ou outra persoa ante a Fiscalía, sexa unha actividade da confraría suxeita a dereito administrativo, e por tanto a información sobre a que se solicita o acceso, non pode considerarse información pública. De acordo co anterior, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación presentada, ao non poder considerarse a solicitude presentada, unha solicitude de acceso á información pública de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 28 da Lei 19/2013. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a denuncia presentada por XXX contra o Patrón Maior da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova De Arousa e a Consellería do Mar, para que poña a súa disposición a totalidade da documentación soporte da denuncia formulada polo Patrón Maior ante a Fiscalía contra a Ex Patroa e a Sra. Presidenta da Agrupación Sectorial de Marisqueo a pé. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.