Inadmitida 30/01/2024 · 223 días en resolverse

Inadmisión de reclamación contra el Ayuntamiento de A Lama por falta de publicidad activa de los presupuestos 2024

El solicitante reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia contra el Ayuntamiento de A Lama por el incumplimiento de la publicidad activa de los presupuestos de 2024 y modificaciones crediticias. La Comisión inadmitió la reclamación basándose en que la solicitud no era de acceso a información pública (publicidad pasiva), sino una petición de publicación proactiva, no siendo este un acto recurrible ante dicho órgano.

Puntos clave de la argumentación

1 Se distingue entre la transparencia proactiva (publicidad activa), que es la obligación de publicar información, y la publicidad pasiva (derecho de acceso), que es el derecho del ciudadano a solicitar información específica.
2 La competencia de la Comisión da Transparencia de Galicia se limita a la resolución de reclamaciones frente a resoluciones de acceso a la información pública según el artículo 33 de la Ley 1/2016.
3 La reclamación fue inadmitida al no versar sobre el acceso a una información pública concreta, sino sobre la petición de que cierta información sea objeto de publicidad activa.
4 La decisión de inadmisión se fundamenta en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al no tratarse de un acto susceptible de recurso ante esta Comisión.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 4 de decembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único.- XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 21 de xuño de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a comunicación do 1 de decembro de 2023 do Concello de A Lama, pola que se da resposta á solicitude de publicación dos documentos vinculantes dos Orzamento Xeral, Bases de Execución e o anexo de persoal funcionario, laboral e eventual para o exercicio económico 2024 e a modificación de créditos nº SC 2/2023 do Orzamento en vigor na modalidade de suplemento de crédito financiado con cargo a maiores ingresos do dito Concello. O reclamante considera que constitúe un incumprimento do trámite do procedemento de publicidade activa na sede electrónica do orzamentos municipais. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente XXX presentou unha reclamación contra a comunicación do Concello, pola que se da resposta á súa solicitude de publicación de determinada documentación en base ás obrigas de publicidade activa que ten o Concello, de acordo coa normativa de Transparencia. No dereito de acceso á información poden distinguirse dous aspectos: a transparencia proactiva ou publicidade activa, como aquela obrigación dos organismos públicos de publicar e dar a coñecer a información sobre as súas actividades, orzamentos e políticas, e a publicidade pasiva ou o dereito de acceso á información, que é o dereito dos cidadáns de solicitar ás Administracións e demais entidades e Institucións calquera tipo de información pública, e o dereito a recibir unha resposta documentada e satisfactoria. A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei. De acordo co anterior, ao non ser o obxecto da solicitude da interesada o aceso a unha información pública, senón a petición de que unha determinada información sexa obxecto de publicidade activa, procede a inadmisión da reclamación, de acordo co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ao non tratarse dun acto susceptible de recurso ante esta Comisión. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX contra a contra comunicación do 1 de decembro de 2023 do Concello de A Lama, pola que se da resposta á solicitude de publicación dos documentos vinculantes dos Orzamento Xeral, Bases de Execución e o anexo de persoal funcionario, laboral e eventual para o exercicio económico 2024 e a modificación de créditos nº SC 2/2023 do Orzamento en vigor na modalidade de suplemento de crédito financiado con cargo a maiores ingresos do dito Concello. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.