Desestimada 30/01/2024 · 54 días en resolverse

Reclamación sobre acceso al listado de códigos de puestos de trabajo del cuerpo superior de la Administración Xeral de Galicia y resultado desestimatorio

El solicitante pidió a la Consellería de Facenda e Administración Pública el listado de códigos de puestos de trabajo del cuerpo superior ocupados por personal temporal antes de 2016 y ciertos datos sobre procesos de estabilización. Alegó que la respuesta fue genérica y formulista. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación por requerir una reelaboración de información ya pública.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud se considera inadmisible según el artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013, ya que la respuesta requeriría la elaboración de un informe ad hoc mediante la compilación de datos dispersos.
2 Se establece que la reelaboración básica no justifica la inadmisión, pero sí ocurre cuando la información es compleja y exige ordenar, separar y sistematizar datos para cumplir con parámetros específicos.
3 Según la sentencia 713/2023 del TSXG, la Administración no tiene la obligación de enumerar cada puesto de trabajo vacante en las ofertas de empleo público, siendo suficiente con indicar el número de plazas.
4 La resolución considera que la información solicitada es accesible a través de los enlaces web y documentos ya remitidos por la Dirección Xeral da Función Pública.
5 El derecho de acceso a la información debe interpretarse de forma amplia, pero no obliga a la Administración a realizar tareas de procesamiento de datos que excedan la mera facilitación de documentos existentes.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 7 de decembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de decembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública de data 28 de novembro de 2023 pola que se estima parcialmente a súa solicitude presentada ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, de acceso ao listaxe de códigos asignados aos postos de traballo correspondentes ao corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopasen ocupados por persoal laboral temporal con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. O reclamante en resumo, indica que presentou unha solicitude de acceso ao listaxe de códigos correspondentes ás prazas pertencentes ao corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopasen ocupadas de forma temporal ao 30 de decembro de 2021, por persoal cunha relación desa natureza anterior ao 1 de xaneiro de 2016 e que se indique aquelas prazas de dita listaxe cuxa persoa ocupante teña superado o proceso de estabilización convocado cun sistema selectivo distinto ao previsto na disposición adicional oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro. En solicitude presentada o 13 de novembro de 2023 solicitou acceso aos códigos das 207 prazas correspondentes ao corpo superior da Administración xeral Comunidade Autónoma de Galicia subgrupo A1 e Categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, referidas na páxina 2 da certificación do Director Xeral de Función Pública, de prazas OPE extraordinaria 2022 procesos de estabilización. Con data do 30 de novembro de 2023, fóronlle notificadas dúas resolucións de idéntico contido, en cada unha das cales se resolven conxuntamente as referidas solicitudes de información e nas que se manifesta outorgar parcialmente e denegar parcialmente o acceso á información solicitada. Indica que as dúas solicitudes aspiraban a obter unha relación de códigos de prazas dentro dos concretos parámetros especificados. As resolucións din conceder un acceso parcial que, pero non abrangue a información solicitada senón que, fai un relato do proceso de estabilización e unha remisión a diversas direccións web onde se haberían de consultar certos aspectos vinculados a dito proceso. Considera que se trata dunha resposta xenérica e formulista erixida en mero pretexto para afirmar que se estaría outorgando un aparente acceso a parte da información solicitada que, de facto, non se subministra. Respecto da información obxecto da solicitude inicial presentada, indica que a delimitación das prazas que cumpran cos parámetros especificados deberá terse efectuado antes do 31/12/2023 ao obxecto de dar cumprimento ao establecido no Real Decreto-lei 5/2023, e que a segunda, basease nunha Certificación do director xeral da Función Pública. Considera que a denegación parcial do acceso á información adoece dunha absoluta falta de concreción e motivación, xa que non detalla a parte da información á que se veda o acceso e non se especifica en que habería de consistir o proceso de reelaboración necesario. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada con certificado dixital e da resolución impugnada. Segundo. Con data do 15 de decembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 3 de xaneiro de 2024 a Consellería de Facenda e Administración Pública contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que na resolución impugnada, concédese o acceso parcial á información, indicándolle que a Dirección Xeral coa información dispoñible elaborou a oferta de emprego público extraordinaria correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia. Esta oferta contén as prazas que, reunindo os requisitos establecidos no artigo 2.1 da Lei 20/2021, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016 e no anexo I figura o número de prazas que corresponde á convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración, prevista nas disposicións adicionais sexta, sétima e oitava da referida Lei 20/2021, e inclúe aquelas prazas que, reunindo os requisitos establecidos no seu artigo 2.1, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016 e sempre que tales prazas continuasen a estar ocupadas na data de entrada en vigor desta lei. No anexo II da oferta, figura o número de prazas que corresponde á taxa adicional para a estabilización de emprego temporal prevista no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, e inclúe as prazas de natureza estrutural, dotadas orzamentariamente, ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente como mínimo, nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020 e sempre que tales prazas continuasen a estar ocupadas na data de entrada en vigor desa lei. Para acceder ao detalle dos postos que se tiveron en conta para a determinación das prazas que conforman esta oferta pública de emprego, se lle remitiu o enlace da Web. De acordo coa normativa de aplicación, incluíuse dentro do proceso de estabilización aquelas prazas incluídas nas correspondentes ofertas de emprego público de estabilización e que á data de entrada en vigor da Lei 20/2021, do 28 de decembro, non foron convocadas, ou sendo convocadas e resoltas, quedaron sen cubrir e que foron certificadas polo Director Xeral da Función Pública o 21.04.2023 e o 12.09.2023, do que se lle remite enlace web a ditas certificacións. A información relativa aos procesos selectivos convocados pola Administración, están publicados na Web da Xunta de Galicia, do que se lle remitiu o enlace. As relacións de postos de traballo (RPT) da Administración da Xunta de Galicia, así como as RPT do ámbito de Función Pública en formato reutilizable, segmentados por persoal funcionario e persoal laboral, están publicados na páxina Web da Xunta de Galicia, do que se lle remitiu o enlace. Establece a resolución que parte da solicitude incorre na causa de inadmisión do artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, dado que trátase de información para cuxa divulgación é necesaria unha acción previa de reelaboración, xa que para facilitar a información solicitada cos distintos parámetros e criterios que recolle a petición, resulta preciso a reelaboración de información xa accesible nos enlaces indicados. Indica o informe que a información solicitada está relacionada cos procesos selectivos extraordinarios de estabilización, que contan con varios recursos contencioso-administrativos interpostos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A sentenza 713/2023 do dito Tribunal, no seu fundamento xurídico quinto establece que a oferta de emprego público non debe enumerar os postos de traballo vacantes, e debe cumprir os requisitos que se conteñen no artigo 70 EBEP e 48 da Lei 2/2015, que se concretan na indicación das necesidades de recursos humanos, na obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos para as prazas comprometidas e ata un dez por cen adicional, fixando o prazo máximo para a convocatoria dos mesmos, no prazo de tres anos debe desenvolverse a oferta de emprego público, debe aprobarse anualmente polo órgano de goberno da Administración Pública. Cumpridos estes requisitos, establece o Tribunal que non resulta imprescindible identificar cada un dos postos de traballo que se atopan vacantes, pois basta incluír un número de prazas. Neste senso, a normativa de aplicación, utilizan en todo momento a expresión de prazas vacantes e non de postos de traballo, sendo as prazas vacantes que cumpren cos requisitos establecidos na norma as que se inclúen na oferta adicional de emprego público, ao cal se suma que os concretos postos de traballo a adxudicar aos aspirantes que superen os procesos de estabilización de emprego temporal poden non ser coñecidos aínda ao depender da resolución dos procedementos de provisión de postos de traballo e de selección pendentes. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Dirección Xeral da Función Pública ditou a resolución de data do 28 de novembro de 2023, que se notificou ao interesado con data do 30 do mesmo mes, e a reclamación contra a mesma tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 7 de decembro de 2023, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou á Dirección Xeral de Función Pública unha información moi concreta consistente nos códigos de postos dos traballadores temporais que a unha data indicada, ocupaban unha praza estrutural, cunha relación temporal anterior a unha data, que tiveran superado un proceso de estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto na disposición adicional 8ª da Lei 20/2021, e os códigos das 207 prazas correspondentes ao postos dun corpo de funcionarios e de un grupo de persoal laboral referidos nunha certificación do Director Xeral de Función Pública. Considera que a resolución na que se estima parcialmente a súa solicitude, non da resposta ao requirido. A resolución impugnada, lle remite a información dispoñible elaborada para a oferta de emprego público extraordinaria correspondente ao proceso de estabilización, que contén as prazas que reúnen os requisitos establecidos para os ditos procesos, o enlace á información relativa aos procesos selectivos convocados pola Administración e ás Relacións de Postos de Traballo, a través das cales pode acceder á información solicitada, considerando a Dirección Xeral que facilitar a información solicitada cos distintos parámetros e criterios solicitados seria necesaria unha labor de reelaboración, e sen que de acordo coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia referida aos ditos procesos, teña a obriga de enumerar os postos de traballo vacantes, senón que debe indicar unicamente o número de prazas, sen necesidade de identificar cada un dos postos de traballo que se atopan vacantes. Como establece a Sentenza do Tribunal Supremo 670/2022, do 2 de xuño, non se compadecería coa finalidade ou espírito da Lei, dar unha resposta que requira a elaboración de informe ad hoc, que entraría dentro dás causas de inadmisión que establece ou artigo 18.1. c) dá Lei 19/2013. Indica o Tribunal que calquera pronunciamento sobre as causas de inadmisión debe tomar como premisa a formulación ampla e expansiva coa que aparece configurado o dereito de acceso á información na Lei 19/2013. A formulación ampla no recoñecemento e na regulación legal do dereito de acceso á información obriga a interpretar de forma estrita, cando non restritiva, tanto as limitacións a ese dereito que se contemplan no artigo 14.1 da Lei 19/2013 como as causas de inadmisión de solicitudes de información que aparecen enumeradas no artigo 18.1. De acordo con devanditos razoamentos, as sentenzas do Tribunal Supremo do 16 de outubro de 2017, 3 de marzo de 2020 e 25 de marzo de 2021, se puxo de relieve que unha solicitude de acceso á información, pode comprender unha certa reelaboración, e que a reelaboración básica ou xeral, como é natural, non sempre integra, en calquera caso, a causa de inadmisión prevista no artigo 18.1.c). A acción previa de reelaboración, por tanto, na medida que á súa concorrencia se anuda unha severa consecuencia como é a inadmisión a trámite da correspondente solicitude, precisa que tales datos e documentos teña un carácter complexo, no que se debe elaborar, a partir dunha información pública dispersa e diseminada, mediante un labor consistente en solicitar, primeiro; ordenar e separar, despois, o que é información clasificada ou non e sistematizar, e ten que ser obxecto de diversas operacións. No presente caso, solicitouse o acceso aos códigos de postos que cumpriran determinados requisitos e dos traballadores que ocupasen eses postos, os cales non superasen un proceso de estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto nunha disposición adicional, que de acordo coa resolución ditada e o informe remitido a esta Comisión, debemos considerar que para a súa contestación, debe elaborarse un informe ad hoc no que se recompile a información con todas as premisas solicitadas na petición. Como indica a Dirección Xeral no seu informe, a información solicitada é accesible cos informes que se lle remitiron á solicitante, sen que esta no seu escrito de recurso, concrete que información non figura accesible a través da remitida directamente por Función Pública ou a través dos enlaces web, sen que teña a obriga, como establece a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que cita, de enumerar os postos de traballo vacantes. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación interposta por XXX contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública de data 28 de novembro de 2023, pola que se estima parcialmente a súa solicitude presentada ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, de acceso ao listaxe de códigos asignados aos postos de traballo correspondentes ao corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopasen ocupados por persoal laboral temporal con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.