Inadmitida 30/01/2024 · 46 días en resolverse

Inadmisión de reclamación de acceso a la información sobre proceso de comisión de servicios por ser el solicitante parte interesada en el procedimiento

El interesado solicitó a la Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro acceso a información sobre un proceso de comisión de servicios. Tras alegar silencio administrativo y presentar un recurso de alzada, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por ser el solicitante parte interesada en un procedimiento administrativo en curso.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión da Transparencia carece de competencia para resolver recursos de alzada contra la falta de contestación en procesos de cobertura de puestos de trabajo.
2 Según la Disposición adicional primera de la Ley 19/2013, el acceso a documentos de un procedimiento administrativo en curso por parte de quien tiene la condición de interesado se rige por la normativa del procedimiento administrativo común y no por la ley de transparencia.
3 Para la inadmisión por concurrencia de procedimiento administrativo deben cumplirse tres requisitos: existencia de un procedimiento específico, condición de interesado del reclamante y que el procedimiento esté en curso.
4 En el caso analizado, concurren los tres requisitos ya que el solicitante era interesado en la convocatoria de comisión de servicios y el proceso seguía abierto en la fecha de la solicitud.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 15 de decembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15 de decembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro con data 10 de outubro de 2023, de acceso a un posto de traballo convocado pola Consellería do Mar para a súa cobertura temporal mediante comisión de servizos. O reclamante indicaba que no mes de maio de 2023, presentou unha solicitude relacionada coa convocatoria dun posto de traballo para a súa cobertura temporal mediante comisión de servizos. Ao non recibir notificación da resolución, presentou en outubro un formulario no que expuxo recurso de alzada contra o silencio, sen que lle fose notificada a resolución do dito recurso, no que solicitaba unha serie de información sobre o expediente que non se lle facilitou tampouco polo momento. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 3 de xaneiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería do Mar para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 15 de xaneiro de 2024 a Consellería do Mar contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 24 de maio de 2023 anunciouse a Comisión de servizos do posto PEC040000115770001, convocatoria da que recibíronse 13 solicitudes, entre as que se atopa a do reclamante, que foron remitidas á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro para o seu exame e consideración. Con data do 10 de outubro de 2023, o reclamante presentou un recurso de alzada contra o silencio administrativo respecto á solicitude presentada o 31 de maio, solicitando neses recurso de alzada que se lle notifique la resolución que, no seu caso finalizou o proceso, para, de ser el caso, poder impugnala, acceder aos datos non protexidos do expediente que permitan coñecer os méritos da persoa seleccionada e comparalos cos méritos alegados por el e coñecer o número de persoas que presentaron solicitudes e as entrevistas que tiveron lugar no proceso. Con data do 8 de novembro de 2023, a Dirección xeral de Desenvolvemento fai proposta de nomeamento e con data do 14 de novembro de 2023, o director xeral de Función Pública resolveu autorizar a adscrición provisional ao posto de acordo coa proposta. Indica que o recurso de alzada presentado polo interesado, está pendente de resolución, e non se considerou como unha solicitude de acceso á información pública, que en todo caso presentouse estando en curso o procedemento para a provisión do posto de traballo mediante a comisión de servizos, dado que este non finalizou ata o 14 de novembro de 2023. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente XXX presentou, nun procedemento do que era interesado, un recurso de alzada, no que solicitou acceso a determinada información do procedemento. A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei, polo que carece de competencia para resolver un recurso de alzada fronte á falla de contestación a unha solicitude referente a unha cobertura temporal en comisión de servizos. Por outra banda, tal e como se manifestou por esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia que agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en relación co artigo 12, a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a información pública en mans dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación -artigo 2-, non é menos certo que dita norma indica na súa Disposición adicional primeira parágrafo primeiro, que a normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun procedemento administrativo en curso aos documentos que se integren no mesmo. Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, o reclamante debe ser interesado no mesmo e terceiro, o procedemento debe estar en curso. Analizando estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se realiza a solicitude, concorren no caso que nos ocupa, dado que, por unha banda, son as normas do procedemento administrativo no que se desenvolveu o expediente e xerouse a información sobre a que se solicita agora o reclamante as que serían de aplicación; por outra banda, o agora reclamante ten a condición de interesado, segundo se desprende do expediente de solicitude do posto en Comisión de servizos e, finalmente, o procedemento de provisión do mesmo estaba en curso no momento no que se presentou o recurso de alzada que contiña acceso a determinada documentación do procedemento, polo que procede a inadmisión da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 15 de decembro de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro con data 10 de outubro de 2023, de acceso a un posto de traballo convocado pola Consellería do Mar para a súa cobertura temporal mediante comisión de servizos. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.