Inadmitida 30/05/2017

Reclamación contra el Concello de Ordes sobre informe de productividades de trabajadores

El CSIF de Galicia solicitó al Concello de Ordes un informe sobre productividades percibidas por trabajadores y sus criterios de adjudicación. La administración denegó la petición alegando no estar en proceso de negociación. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por ser extemporánea y no constituir una solicitud de información pública.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud no se califica como acceso a información pública ya que no pide un documento existente, sino la elaboración de un informe ad hoc sobre criterios de adjudicación de complementos.
2 La reclamación es extemporánea al haberse presentado el 19 de diciembre de 2023 contra una resolución notificada en julio de 2023, superando el plazo de un mes previsto en la Ley 1/2016.
3 El transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión según el artículo 116 d) de la Ley 39/2015, aplicable a las reclamaciones ante la Comisión de Transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX en representación do Sector da Administración Local da Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) de Galicia, mediante escrito do 7 de decembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. XXX, en representación do Sector da Administración Local da Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) de Galicia, presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de decembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra a Resolución do 24 de xullo de 2023 do Concello de Ordes pola que se resolve a súa solicitude de emisión de informe de todas as produtividades percibidas polos traballadores do Concello que persisten desde o ano 2011 ata a actualidade, os criterios obxectivos, motivados e negociados que se empregaron así como os informes de intervención ou Secretaria pertinentes, e en concreto de tres traballadores que identifica. O reclamante indica no seu escrito que a denegación da emisión do informe solicitado basease en que non se atopan nun proceso de negociación como tal e por tanto non podían acceder a tal petición. Indica que con data do 26 de xullo de 2023, o sindicato interpuxo recurso potestativo de reposición a tal denegación, de conformidade co disposto no artigo 34.6 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) e no escrito de recurso, solicitou novamente a emisión do dito informe, sen que obtivera resolución do recurso. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso Sen prexuízo de que o obxecto da solicitude probablemente non se podería cualificar como unha solicitude de acceso á información amparada pola normativa de Transparencia, xa que se está a solicitar, non un contido ou documento elaborado ou adquirido por unha Administración no exercicio das súas funcións, senón a elaboración dun informe ad hoc no que se solicita que figuren os criterios persoal empregado público na adxudicación de determinados complementos, o artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso- administrativa, reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que de acordo co escrito do interesado, a resolución ditouse o 24 de xullo e débese entender que se notificou antes do 26 do mesmo mes, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 19 de decembro de 2023, é dicir, fora do prazo previsto. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento administrativo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017), ACORDO Único: Inadmitir a reclamación presentada por D.XXX ,en representación do Sector da Administración Local da Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) de Galicia, contra a Resolución do 24 de xullo de 2023, do Concello de Ordes pola que se resolve a súa solicitude de emisión de informe de todas as produtividades percibidas polos traballadores do Concello que persisten desde o ano 2011 ata a actualidade, os criterios obxectivos, motivados e negociados que se empregaron así como os informes de intervención ou Secretaria pertinentes, e en concreto de tres traballadores que identifica, ao non tratarse dunha solicitude de información pública e estar presentada fora de prazo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Mª Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia