Inadmitida 30/05/2017

Solicitud de acceso a resultados de controles ambientales de la empresa UTE PMA-CONTECO y resultado inadmisible por extemporaneidad

ADEGA solicitó a la Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático el resultado de controles ambientales de la empresa UTE PMA-CONTECO. Tras la denegación, se presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que decide inadmitirla por haber sido interpuesta fuera del plazo legal establecido.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es extemporánea ya que la resolución impugnada es del 2 de junio de 2023 y la reclamación se presentó el 7 de diciembre de 2023, superando el plazo de un mes previsto en la Ley 1/2016.
2 El transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión según el artículo 116 d) de la Ley 39/2015, aplicable a este procedimiento.
3 Se señala que la información solicitada tiene un régimen específico de acceso al ser de naturaleza medioambiental conforme a la Ley 27/2006.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX en representación de ADEGA, mediante escrito do 7 de decembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. XXX, en representación de ADEGA, presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de decembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 de Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra a Resolución do 2 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático pola que se resolve a súa solicitude de acceso ao resultado dos controis ambientais periódicos realizados á empresa UTE PMA-CONTECO nas súas instalacións do polígono das Somozas en aplicación do plan de vixilancia ambiental aprobado na Autorización Ambiental Integrada (AAI), con número de rexistro 2006/0261_NAA/IPPC_052, a partir da última modificación da antedita AAI. O reclamante indica no seu escrito que a información solicitada trátase dunha información que forma parte do expediente de AAI (Autorización Ambiental Integrada) dentro do programa de verificación do cumprimento das condicións impostas á empresa para o outorgamento desta AAI. O procedemento de tramitación (nova concesión, modificación ou anovación) da AAI é público, e neste en concreto ADEGA participou no período de alegacións. Considera que o resultado dos controis ambientais de verificación efectuados pola Xunta en aplicación da AAI deben ser tamén públicos e independentes de calquera procedemento xudicial. Polo que atinxe á información de carácter comercial, os limiares e cantidades así como procedementos de verificación solicitados son condicións xa establecidas na AAI, e o que se solicita son os resultados deses limiares que non están relacionados con ningún procedemento suxeito a propiedade industrial ou intelectual. O reclamante remite copia da resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do 2 de xuño de 2023. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso Sen prexuízo de que polo carácter ambiental da información solicitada, procedería a inadmisión da reclamación presentada por ter esta materia un réxime específico de acceso á información de conformidade co disposto na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, o artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que de acordo co escrito do interesado, a resolución ditouse o 2 de xuño de 2023, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 7 de decembro de 2023, é dicir, fora do prazo previsto. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento administrativo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017), ACORDO Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX, en representación de ADEGA, con data do 7 de decembro de 2023, contra a Resolución do 2 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, pola que se resolve a súa solicitude de acceso ao resultado dos controis ambientais periódicos realizados á empresa UTE PMA- CONTECO nas súas instalacións do polígono das Somozas, por tratarse de información ambienta, e estar presentada fora de prazo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Mª Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia