Desestimada 30/01/2024 · 39 días en resolverse

Reclamación sobre el acceso a los códigos de los puestos de trabajo de 207 plazas de estabilización en la Xunta de Galicia, resuelta como desestimada

El solicitante pidió a la Consellería de Facenda e Administración Pública los códigos de 207 plazas certificadas para procesos de estabilización. Alegó que la respuesta fue insuficiente y que no constituye un supuesto de reelaboración de información. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación al considerar que proporcionar dichos códigos requeriría una reelaboración compleja de datos.

Puntos clave de la argumentación

1 La resolución se basa en que la normativa de aplicación se refiere a 'plazas vacantes' y no a 'puestos de trabajo', por lo que la oferta de empleo no debe enumerar los códigos de los puestos.
2 Se argumenta que los puestos concretos a adjudicar pueden no ser conocidos aún, ya que dependen de la resolución de procedimientos de provisión y selección pendientes.
3 Siguiendo la jurisprudencia del Tribunal Supremo (STS 670/2022), no es admisible una solicitud que requiera la elaboración de un informe ad hoc o una reelaboración compleja de información dispersa.
4 La Comisión determina que el acceso a los códigos solicitados implica una labor de reelaboración incompatible con el derecho de acceso a la información pública en este caso concreto.
5 Se aclara que la solicitud de actualización del buzón de puestos en la web no es competencia de este órgano al no encuadrarse en el concepto de acceso a información pública.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 22 de decembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12 de decembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública de data 28 de novembro de 2023, pola que se estima parcialmente a súa solicitude de acceso á información pública presentada perante a Consellería de Facenda e Administración Pública con data do 15 de novembro de 2023, sobre os códigos dos postos de traballo correspondentes ás 207 prazas certificadas polo director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia. A reclamante en resumo, indica que solicitou en relación ao Corpo Superior (Subgrupo A1), Grupo I categorías 1, 4, 9, 14, 23, 29, 31 do grupo I de persoal laboral e postos base subgrupo A1 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (ANEXO I), os códigos dos postos correspondentes ás 207 prazas certificadas, o 12/04/2023, polo director xeral da Función Pública e que se actualice o buzón de postos do concurso publicado na páxina web de Función Pública da Xunta de Galicia. Con data do 28 de novembro de 2023 recibiu resolución da súa solicitude na que a pesar de que se estima parcialmente, non se da resposta aos datos solicitados (códigos dos postos), que considera que é unha contestación baleira de contido na que a Dirección Xeral realiza unha exposición das normas en base ás que se ofertaron as prazas que se inclúen nos procesos de estabilización, así como o número total de prazas ofertadas, e os procesos polos que se foron incluíndo as mesmas, e non se indican os códigos dos postos de traballo ofertados, tal e como solicitou, polo que non pode coñecer con exactitude as prazas e os seus códigos que se ofertan no proceso de estabilización. A resolución fundaméntase na necesidade de reelaboración da información e considera que se se convocaron 207 prazas, non se faga constar expresamente os códigos asignados a cada unha delas, xa que solo se fixeron públicos 142 códigos na páxina web. Considera que o listado das 207 prazas cos seus códigos, corpo de adscrición, unidade administrativa de destino, persoal que as ocupa e as súas condicións laborais, xa debería estar elaborado previamente á emisión dun certificado que acredita, con total contundencia e rotundidade, por parte do director xeral de Función Pública, un número concreto de prazas que segundo se manifesta cumpren os requisitos establecidos na lei 20/2021. De acordo co anterior considera que non pode tratarse dun suposto de reelaboración de información. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada con certificado dixital e da resolución impugnada. Segundo. Con data do 4 de xaneiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 15 de xaneiro de 2024 a Consellería de Facenda e Administración Pública contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indica que a resolución impugnada concede o acceso parcial á información solicitada na que faise constar que a Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, incluía unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal, incorporando prazas dos servizos de administración e servizos xerais que responderan a necesidades estruturais, que estiveran dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017, debéndose os procesos de estabilización ser aprobados e publicados nos exercicios 2018 a 2020, período que ampliouse ata o 31 de decembro de 2021. A Xunta de Galicia asinou coas organizacións sindicais en outubro de 2017, o Acordo para o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos e en xaneiro de 2019 o Acordo de concertación do emprego público de Galicia, ambos publicados no DOG, que tiñan por obxecto, entre outras medidas, o desenvolvemento dunha iniciativa plurianual planificada dirixida a incrementar a estabilidade do emprego público co obxectivo de reducir a taxa de temporalidade inferior ao 7 % ao final do período establecido. Por este motivo, vanse incorporando nos decretos que regulan anualmente as ofertas de emprego público, unha taxa adicional de estabilización das prazas que veñan estando ocupadas por persoal cunha vinculación temporal e que reúnen os requisitos aos que fanse referencia nas Leis de orzamentos do estado e a comunidade autónoma. Respecto das prazas correspondentes ao Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), no anexo II do Decreto 160/2018, ofertáronse 33, no Anexo II do Decreto 33/2019, ofertáronse 16, no Anexo II do Decreto 62/2021, ofertáronse 41. De estas 41 prazas 16 corresponden a prazas da estabilización de funcionarios do corpo superior da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e as restantes 25 prazas corresponden a prazas de estabilización do Grupo I, categorías 01, 04, 14, 19, 23, 29, 31, que de acordo coa normativa, teñen unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial e que se convocan nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario. A Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se convocaba o proceso selectivo incluíron as prazas de estabilización correspondentes as ofertas de emprego dos anos 2018 (33 prazas) e 2019 (16 prazas), convocadas conxuntamente coas prazas do corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de acceso libre e as prazas do proceso de consolidación do persoal indefinido non fixo. Nesta convocatoria sumáronse a demais das 49 prazas de estabilización, 32 prazas de consolidación do subgrupo A1 e 41 de consolidación de persoal laboral (Grupo 1, Categoría 004), das que se cubriron 46 do subgrupo A1 e 11 de persoal laboral (Grupo 1, Categoría 004), quedando desertas 35 prazas do proceso de estabilización e consolidación de funcionarios (21 +14), e 30 de persoal laboral. Estas 35 mais 30 prazas desertas unha vez que se resolveron os procesos, por cumprir os requisitos sinalados (convocadas e resoltos os procesos, pero que teñan quedado sen cubrir) se incorporan á oferta, facendo un total de 207 prazas. De acordo coa disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, as prazas publicadas de categorías de persoal laboral que teñan unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial, convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario, polo que na Resolucións do 22 de decembro de 2022 pola que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización, quedaron encadradas 168 prazas de concurso e 9 de concurso oposición do Corpo superior que inclúe prazas das categorías 1, 4, 9, 14, 23, 29 e 31 do grupo I de persoal laboral, dos postos base subgrupo A1 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. As 136 prazas de titulado superior pasaron na súa maioría ao corpo superior da administración xeral, pero houbo prazas ocupadas por persoal indefinido non fixo que de acordo coa sentenza do seu ocupante tiveron que ser clasificadas de acordo coa titulación deste polo que pasaron ás escalas de arquitectos, enxeñeiros de camiños, canais e portos, enxeñaría agronómica, enxeñaría industrial, enxeñaría de montes, enxeñaría de minas, ciencias do mar, ciencias especialidade física, arqueólogos, arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e enxeñaría de telecomunicación. Na resolución indícanse os enlaces de acceso ao detalle dos postos que se tiveron en conta para a determinación das prazas que conforma a oferta pública de emprego, ás certificacións do Director Xeral da Función Pública do 21.04.2023 e o 12.09.2023, aos procesos selectivos convocados e ás relacións de postos de traballo (RPT) da Administración da Xunta de Galicia, así como as RPT do ámbito de Función Pública en formato reutilizable, segmentados por persoal funcionario e persoal laboral. Indica o informe que a información solicitada está relacionada cos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, de 28 de decembro, existindo varios recursos interpostos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que en sentenza 713/2023 contra o Decreto 79/2022 polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, estableceu que a oferta de emprego público non debe enumerar os postos de traballo vacantes, pois basta incluír un número de prazas xa que a normativa de aplicación, utiliza en todo momento a expresión de prazas vacantes e non de postos de traballo, sendo as prazas vacantes que cumpren cos requisitos establecidos na norma as que se inclúen na oferta adicional de emprego público, ao cal se suma que os concretos postos de traballo a adxudicar aos aspirantes que superen os procesos de estabilización de emprego temporal poden non ser coñecidos aínda ao depender da resolución dos procedementos de provisión de postos de traballo e de selección pendentes. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Dirección Xeral de Función Pública ditou a resolución do data do 28 de novembro de 2023, aceptada pola reclamante o 30 do mesmo mes, e a reclamación contra a mesma tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 22 de decembro de 2023, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou á Dirección Xeral de Función Pública os códigos dos postos de traballo correspondentes ás 207 prazas certificadas polo director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia. A resolución impugnada contén unha detallada explicación das prazas convocadas nos proceso de estabilización e consolidación que se van incorporando nos decretos que regulan anualmente as ofertas de emprego público, en función da normativa que lle é de aplicación e dos acordos asinados coas organizacións sindicais, e das prazas de persoal laboral que tendo unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial, se convocan nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario. Figuran así mesmo na resolución impugnada e no informe, as prazas que van quedando desertas unha vez que se convocan e resolven os procesos selectivos e que se van incorporando á oferta de emprego público, facendo un total de 207 prazas. Indicase ademais as prazas de categorías de persoal laboral que teñen unha equivalencia nos corpos e escalas de carácter funcionarial, que se convocan nun proceso único acumuladas á escala que lles corresponde de persoal funcionario e as prazas de titulado superior ocupadas por persoal indefinido non fixo que de acordo coa sentenza do seu ocupante, pasaron ás distintas escalas ás que se fai referencia. Figura na información remitida pola Dirección Xeral á reclamante, os enlaces de acceso ao detalle dos postos, aos procesos selectivos e ás RPT do ámbito de Función Pública en formato reutilizable, segmentados por persoal funcionario e persoal laboral. Como establece a Sentenza do Tribunal Supremo 670/2022, do 2 de xuño, non se compadecería coa finalidade ou espírito da Lei, dar unha resposta que requira a elaboración de informe ad hoc, que entraría dentro dás causas de inadmisión que establece ou artigo 18.1. c) dá Lei 19/2013. Indica o Tribunal que calquera pronunciamento sobre as causas de inadmisión debe tomar como premisa a formulación ampla e expansiva coa que aparece configurado o dereito de acceso á información na Lei 19/2013. A formulación ampla no recoñecemento e na regulación legal do dereito de acceso á información obriga a interpretar de forma estrita, cando non restritiva, tanto as limitacións a ese dereito que se contemplan no artigo 14.1 da Lei 19/2013 como as causas de inadmisión de solicitudes de información que aparecen enumeradas no artigo 18.1. De acordo con devanditos razoamentos, as sentenzas do Tribunal Supremo do 16 de outubro de 2017, 3 de marzo de 2020 e 25 de marzo de 2021, se puxo de relevo que unha solicitude de acceso á información, pode comprender unha certa reelaboración, e que a reelaboración básica ou xeral, como é natural, non sempre integra, en calquera caso, a causa de inadmisión prevista no artigo 18.1.c). A acción previa de reelaboración, por tanto, na medida que á súa concorrencia se anuda unha severa consecuencia como é a inadmisión a trámite da correspondente solicitude, precisa que tales datos e documentos teña un carácter complexo, no que se debe elaborar, a partir dunha información pública dispersa e diseminada, mediante un labor consistente en solicitar, primeiro; ordenar e separar, despois, o que é información clasificada ou non e sistematizar, e ten que ser obxecto de diversas operacións. No presente caso, o acceso aos códigos dos postos solicitados, tal e como se indica na resolución impugnada e no informe remitido pola Dirección Xeral, implica unha labor de reelaboración por canto son as prazas vacantes, e non os postos os que cumpren cos requisitos establecidos na normativa de aplicación, as que se inclúen nas ofertas adicionais de emprego público, ás que se suma que os concretos postos de traballo a adxudicar aos aspirantes que superen os procesos de estabilización e consolidación, que poden non ser coñecidos ao depender da resolución dos procedementos de selección e de provisión de postos de traballo que estean pendentes en cada momento, polo que a esa necesidade de reelaboración, tería que sumárselle, a imposibilidade de coñecer os postos que se van ocupando a medida que finalizan os procesos de provisión de postos unha vez finalizados os procesos selectivos. Non procede que esta Comisión se pronuncie sobre a solicitude de que se actualice o buzón de postos do concurso publicado na páxina web de Función Pública da Xunta de Galicia por encadrarse esta pretensión no concepto de información pública. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación interposta por XXX contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública de data 28 de novembro de 2023, pola que se estima parcialmente a súa solicitude de acceso á información pública presentada perante a Consellería de Facenda e Administración Pública con data do 15 de novembro de 2023, sobre os códigos dos postos de traballo correspondentes ás 207 prazas certificadas polo director xeral da Función Pública da Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.