La ADEGA solicitó a Augas de Galicia participar en un procedimiento de concesión de aguas, ser reconocida como interesada y acceder a un estudio ambiental. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por falta de competencia, ya que las solicitudes de participación no entran en su ámbito y el acceso a información ambiental se rige por la Ley 27/2006.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión da Transparencia carece de competencia para resolver sobre la denegación de solicitudes de participación en procedimientos de concesión o el reconocimiento de la condición de interesada de una asociación.
2
La información solicitada consiste en un estudio ambiental que, por su naturaleza, se encuadra en el concepto de información ambiental definido en el artículo 2.3 de la Ley 27/2006.
3
De acuerdo con la Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013, la información ambiental debe tramitarse según su régimen jurídico específico (Ley 27/2006) y solo supletoriamente por la normativa de transparencia.
4
Al estar regulado el acceso a la información ambiental y sus procedimientos de recurso en una normativa especial, la Comisión da Transparencia no es el órgano competente para resolver la reclamación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX en representación da Asociación para a Defensa
Ecolóxica de Galiza (ADEGA) , mediante escrito do 9 de xaneiro de 2024, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 30 de Xaneiro de 2024, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 9 de xaneiro de
2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro,
de transparencia e bo goberno, contra a inadmisión dunha solicitude de participación nun
procedemento de competencia de proxectos para unha concesión de augas superficiais para
uso industrial no rio Ulla, solicitude de que se considere a Asociación como interesada no
expediente DH.A36.88645 por ser unha entidade como de Utilidade Pública, e contra a falla
de contestación a solicitude de que, como parte no procedemento, se lle dea acceso ao
contido do estudo ambiental que debe presentar a empresa peticionaria.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O obxecto da reclamación da Asociación ante a Comisión da Transparencia é a inadmisión por
Augas de Galicia dunha solicitude de participación nun procedemento de competencia de
proxectos para unha concesión de augas para uso industrial, a denegación da súa condición
de interesada nun concreto procedemento e que se lle dea acceso ao contido do estudo
ambiental que debe presentar a empresa peticionaria no expediente que indica.
A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un
órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de
reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28
da mesma Lei. Non é por tanto competencia desta Comisión resolver sobre a denegación
dunha solicitude de participación nun procedemento dunha concesión, nin sobre a
denegación dunha solicitude de que se recoñeza a unha Asociación, a condición de interesada
nun procedemento.
Respecto da solicitude de acceso ao contido do estudo ambiental que se contén no expediente
que se indica pola Asociación, débese considerar que o dito estudio, polo seu contido, ten
carácter medioambiental. Este tipo de información, de conformidade co disposto na
Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, deben tramitarse, ao ter esta materia previsto
un réxime xurídico específico regulado na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os
dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia
de medio ambiente, tanto no procedemento de acceso á información como nos
procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e supletoriamente, no non
previsto, pola normativa en materia de transparencia.
O artigo 2.3 da citada Lei 27/2006, considera información ambiental toda información en
forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado
dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc..) os factores, tales
como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio
ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como
políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes
sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas,
condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións,
entrando dentro deste concepto, o estudo ambiental que se solicita e que debe presentar
unha empresa nun concreto expediente.
Por tanto, ao ter a solicitude de acceso á información pública un contido relativo a unha
materia que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental do
artigo 2 da citada Lei 27/2006, debe ser tramitada de acordo co procedemento establecido na
mesma, incluíndo os procedementos de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de
competencia para resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da información que se
solicita.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXXX en representación da Asociación para a
Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) con data do 9 de xaneiro de 2024, contra a falla de
contestación a solicitude de acceso ao contido do estudo ambiental.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.