El solicitante pidió a la Xefatura Territorial de Ourense documentación sobre la valoración de riesgos y el concurso de méritos para la dirección del IES Lagoa de Antela. Ante la falta de respuesta, reclamó el mismo día de la solicitud. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque no se esperó el plazo legal de un mes para que operara el silencio administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue interpuesta el mismo día de la solicitud de acceso a la información, sin respetar el plazo de un mes establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2
No transcurrió el tiempo necesario desde la recepción de la solicitud por la Consellería hasta la interposición de la reclamación para que se produjeran los efectos del silencio administrativo.
3
La inadmisión se fundamenta en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al considerarse que se trata de un acto no susceptible de recurso por ser prematuro.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 18 de xaneiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Único. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de
xaneiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de contestación á solicitude de
remisión de oficio remitido á Xefatura Territorial de Ourense de valoración de riscos do posto
de xefatura, documentación pola que se convoca concurso de méritos para a selección e
nomeamento da dirección do IES Lagoa de Antela, acta da cal dimana o seu novo equipo
directivo e solicitudes dirixidas á Xefatura Territorial e á Comisión de Selección de persoas
aspirantes á dirección del centro.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Análise do expediente
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
No presente caso, tal e como consta no selo do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, o interesado
presentou a súa solicitude de acceso á información o 18 de xaneiro de 2024, e a reclamación
contra a falla de contestación á dita solicitude tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o
mesmo día 18 de xaneiro de 2024.
De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei
1/2016, desde a recepción da solicitude pola Consellería, órgano competente para resolver,
ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a
inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de
conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas.
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 18 de xaneiro de 2024 contra
a falla de contestación á súa solicitude de remisión de oficio remitido á Xefatura Territorial de
Ourense de valoración de riscos do posto de xefatura, documentación pola que se convoca
concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección do IES Lagoa de Antela, acta
da cal dimana o seu novo equipo directivo e solicitudes dirixidas á Xefatura Territorial e á
Comisión de Selección de persoas aspirantes á dirección del centro.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 221/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.