Desestimada 27/02/2024 · 404 días en resolverse

Reclamación de acceso a la relación de puestos vacantes del cuerpo superior de administración general de la Xunta de Galicia desestimada por requerir reelaboración de información

Se solicitó a la Consellería de Facenda e Administración Pública la relación de puestos vacantes del cuerpo superior de administración general (A1, escala 2060). La solicitante no presentó alegaciones al informe de la administración. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación al considerar que la solicitud requiere una labor de reelaboración de información.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración alegó que la solicitud debía ser inadmitida según el artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013, ya que requería coordinar información de diversos departamentos y reelaborar datos sobre amortización y provisión de puestos.
2 Se determinó que la reclamación fue interpuesta en tiempo y forma, admitiendo que los recursos contra resoluciones presuntas (silencio administrativo) pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
3 La Comisión consideró que, al no presentar la interesada alegaciones al informe de la Dirección General de Función Pública, se manifestaba su conformidad con los argumentos de la administración.
4 La resolución final aplica la causa de inadmisión establecida en el artículo 18.1.a) de la Ley 19/2013, fundamentando la desestimación en la necesidad de reelaboración de la información solicitada.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 19 de Xaneiro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de Febreiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de Xaneiro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Facenda e Administración Pública con data 12 de outubro de 2022, de acceso á relación de todos os postos vacantes correspondentes ao corpo superior de administración xeral da Xunta de Galicia (subgrupo A1, escala 2060) susceptibles de ser ofertados para a súa cobertura mediante concurso ordinario ou proceso selectivo, con data de referencia do 3 de outubro de 2022. A reclamante indica que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 26 de Xaneiro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 22 de Marzo de 2023 a Consellería de Facenda e Administración Pública contesta a petición remitindo o informe sobre a reclamación. Neste informe, en resumo, faise constar que para dar a información solicitada, require por unha banda contar coa información puntual que emitirán os departamentos afectados que afectaría á Dirección Xeral de Función Pública en canto aos procedementos de provisión de postos de traballo que se atopen en curso, e por outra, ás consellerías en canto á amortización de postos que figuran nas propostas de modificación de relacións de postos de traballo que se están a tramitar, polo que considera que concorre a causa de inadmisión do artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, por ser necesaria unha labor de reelaboración. Cuarto. Con data do 24 de marzo de 2023, remitíuselle á interesada copia do informe remitido pola Dirección Xeral de Función Pública para que nun prazo de dez días, puidese presentar as alegacións ou documentos que considerase oportunos. Con data do 27 de marzo de 2023, a interesada acuso recibo mediante correo electrónico, do oficio de apertura do trámite de audiencia, sen que dentro do prazo concedido, presentase escrito ou alegación algunha. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Facenda e Administración Pública non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou da Consellería de Facenda e Administración Pública acceso á relación de todos os postos vacantes correspondentes ao corpo superior de administración xeral da Xunta de Galicia (subgrupo A1, escala 2060) susceptibles de ser ofertados para a súa cobertura mediante concurso ordinario ou proceso selectivo, con data de referencia do 3 de outubro de 2022, sen obter resposta. A Consellería, se ben non resolveu expresamente a solicitude, remitiu informe no que fai constar que para dar a información solicitada, é necesario facer unha labor de reelaboración, solicitando información a todas as consellerías respecto da amortización de postos que figuran nas propostas de modificación das relacións de postos de traballo que se están a tramitar, e a Dirección Xeral de Función Pública debe reelaborar a información respecto dos procedementos de provisión de postos de traballo que se atopen en curso, polo que considera que procede a inadmisión da solicitude. Pola Comisión da Transparencia, deuse á interesada a posibilidade de que no prazo de dez días, remitise as alegacións ou a documentación que considerase oportuno, sen que a interesada fixese uso deste trámite de audiencia. De acordo co anterior, ao non presentar a reclamante, alegacións ao informe da Dirección Xeral, débese considerar que está conforme co mesmo, e que concorre na solicitude presentada, a causa de inadmisión establecida no artigo 18.1. a) da Lei 19/2013, polo que procede a desestimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX con data do 19 de Xaneiro de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Facenda e Administración Pública con data 12 de outubro de 2022, de acceso á relación de todos os postos vacantes correspondentes ao corpo superior de administración xeral da Xunta de Galicia (subgrupo A1, escala 2060) susceptibles de ser ofertados para a súa cobertura mediante concurso ordinario ou proceso selectivo, con data de referencia do 3 de outubro de 2022 Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.