El solicitante pidió a la Consellería de Facenda e Administración Pública de Galicia los códigos de plazas específicas del cuerpo superior (A1) y personal laboral relacionadas con procesos de estabilización. Alegó que la respuesta fue genérica y formulista. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación porque la información requerida exigiría una reelaboración de datos.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración argumentó que la solicitud incurre en la causa de inadmisión del artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013, ya que requiere una acción previa de reelaboración de información ya accesible en la web.
2
Se citó la sentencia 713/2023 del TSXG para establecer que las ofertas de empleo público deben enumerar el número de plazas vacantes, pero no es imprescindible identificar cada uno de los puestos de trabajo individuales.
3
Según la jurisprudencia del Tribunal Supremo (STS 670/2022), la causa de inadmisión por reelaboración debe interpretarse estrictamente y aplicarse cuando los datos tengan un carácter complejo que requiera ordenar, separar y sistematizar información dispersa.
4
La Comisión determinó que el acceso a los códigos específicos implica una labor de reelaboración, pues la normativa se refiere a plazas vacantes y no a puestos concretos, los cuales pueden no estar definidos hasta que finalicen los procesos de provisión.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 7 de decembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de Febreiro de 2024, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7
de Decembro de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Dirección Xeral da
Función Pública de data 30 de novembro de 2023 pola que se estima parcialmente a súa
solicitude de acceso á información pública presentada perante a Consellería de Facenda e
Administración Pública con data do 13 de novembro de 2023, sobre os códigos das 207 prazas
correspondentes ao corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de
Galicia, subgrupo A1, e á categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo
da Xunta de Galicia, mencionadas na páxina 2 da "certificación de prazas OPE extraordinaria
2022 procesos de estabilización", emitida polo director xeral da Función Pública o 21/4/2023.
XXX en resumo, indica que solicitou con data do 10 de novembro de 2023, a listaxe de códigos
correspondentes a aquelas prazas pertencentes ao corpo superior da Administración Xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia que se atopasen ocupadas de forma temporal ao 30 de
decembro de 2021, por persoal cunha relación desa natureza anterior ao 1 de xaneiro de 2016
e que se lle indique as prazas da dita listaxe cuxa persoa ocupante teña superado o proceso
de estabilización convocado cun sistema selectivo distinto ao previsto na disposición adicional
oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro. Con data do 13 de novembro de 2023 solicitou os
códigos das 207 prazas correspondentes ao dito corpo superior subgrupo A1 e Categoría 004
do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo referidas na páxina 2 da certificación de
prazas emitida polo director xeral da Función Pública en data 21/4/2023.
Con data do 30 de novembro de 2023, fóronlle notificadas dúas resolucións de idéntico
contido, nas que se resolven conxuntamente as referidas solicitudes de información e nas que
se manifesta outorgar parcialmente e denegar parcialmente o acceso á información solicitada.
Indica o reclamante que ambas solicitudes aspiraban a obter unha relación de códigos de
prazas correspondentes a postos de traballo da Xunta e Galicia dentro dos concretos
parámetros respectivamente especificados. Na resolución se indica que se concede o acceso
parcial pero non remite a información solicitada, senón que articula unha extensa explicación
sobre o proceso de estabilización e unha remisión a diversas direccións web onde se haberían
de consultar certos aspectos vinculados a dito proceso. Considera que trátase dunha resposta
xenérica e formulista para afirmar que se estaría outorgando un aparente acceso a parte da
información solicitada que, de facto, non se subministra.
Indica que a delimitación das prazas que cumpran cos parámetros especificados debería terse
efectuado antes do 31/12/2023, ao obxecto de dar cumprimento ao artigo 217 do Real
Decreto-ley 5/2023. Non se concreta nin motiva a denegación parcial do acceso á información
xa que nin sequera se detalla cal é a parte da información á que se veda o acceso nin, en
consecuencia, se chega a especificar en que habería de consistir o proceso de reelaboración.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada con certificado dixital
e da resolución impugnada.
Segundo. Con data do 19 de Decembro de 2023 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
Arecepción da solicitude pola administración foi o 21 de Decembro de 2023
Terceiro. Con data do 3 de Xaneiro de 2024 A Consellería de Facenda e Administración Pública
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que na resolución impugnada, concédese o acceso parcial
á información, indicándolle que a Dirección Xeral coa información dispoñible elaborou a oferta
de emprego público extraordinaria correspondente ao proceso de estabilización derivado da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no
emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de
conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.
Esta oferta contén as prazas que, reunindo os requisitos establecidos no artigo 2.1 da Lei
20/2021, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con
anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016 e no anexo I figura o número de prazas que corresponde
á convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración, prevista
nas disposicións adicionais sexta, sétima e oitava da referida Lei 20/2021, e inclúe aquelas
prazas que, reunindo os requisitos establecidos no seu artigo 2.1, estivesen ocupadas con
carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016 e
sempre que tales prazas continuasen a estar ocupadas na data de entrada en vigor desta lei.
No anexo II da oferta, figura o número de prazas que corresponde á taxa adicional para a
estabilización de emprego temporal prevista no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro,
e inclúe as prazas de natureza estrutural, dotadas orzamentariamente, ocupadas de forma
temporal e ininterrompidamente como mínimo, nos tres anos anteriores ao 31 de decembro
de 2020 e sempre que tales prazas continuasen a estar ocupadas na data de entrada en vigor
desa lei.
Para acceder ao detalle dos postos que se tiveron en conta para a determinación das prazas
que conforman esta oferta pública de emprego, se lle remitiu o enlace da Web.
De acordo coa normativa de aplicación, incluíuse dentro do proceso de estabilización aquelas
prazas incluídas nas correspondentes ofertas de emprego público de estabilización e que á
data de entrada en vigor da Lei 20/2021, do 28 de decembro, non foron convocadas, ou sendo
convocadas e resoltas, quedaron sen cubrir e que foron certificadas polo Director Xeral da
Función Pública o 21.04.2023 e o 12.09.2023, do que se lle remite enlace web a ditas
certificacións.
A información relativa aos procesos selectivos convocados pola Administración, están
publicados na Web da Xunta de Galicia, do que se lle remitiu o enlace.
As relacións de postos de traballo (RPT) da Administración da Xunta de Galicia, así como as
RPT do ámbito de Función Pública en formato reutilizable, segmentados por persoal
funcionario e persoal laboral, están publicados na páxina Web da Xunta de Galicia, do que se
lle remitiu o enlace.
Establece a resolución que parte da solicitude incorre na causa de inadmisión do artigo 18.1.c)
da Lei 19/2013, dado que trátase de información para cuxa divulgación é necesaria unha
acción previa de reelaboración, xa que para facilitar a información solicitada cos distintos
parámetros e criterios que recolle a petición, resulta preciso a reelaboración de información
xa accesible nos enlaces indicados.
Indica o informe que a información solicitada está relacionada cos procesos selectivos
extraordinarios de estabilización, que contan con varios recursos contencioso-administrativos
interpostos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A sentenza 713/2023 do dito
Tribunal, no seu fundamento xurídico quinto establece que a oferta de emprego público non
debe enumerar os postos de traballo vacantes, e debe cumprir os requisitos que se conteñen
no artigo 70 EBEP e 48 da Lei 2/2015, que se concretan na indicación das necesidades de
recursos humanos, na obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos para as
prazas comprometidas e ata un dez por cen adicional, fixando o prazo máximo para a
convocatoria dos mesmos, no prazo de tres anos debe desenvolverse a oferta de emprego
público, debe aprobarse anualmente polo órgano de goberno da Administración Pública.
Cumpridos estes requisitos, establece o Tribunal que non resulta imprescindible identificar
cada un dos postos de traballo que se atopan vacantes, pois basta incluír un número de prazas.
Neste senso, a normativa de aplicación, utilizan en todo momento a expresión de prazas
vacantes e non de postos de traballo, sendo as prazas vacantes que cumpren cos requisitos
establecidos na norma as que se inclúen na oferta adicional de emprego público, ao cal se
suma que os concretos postos de traballo a adxudicar aos aspirantes que superen os procesos
de estabilización de emprego temporal poden non ser coñecidos aínda ao depender da
resolución dos procedementos de provisión de postos de traballo e de selección pendentes.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A Dirección Xeral de Función Pública ditou a resolución do data do 28 de novembro de 2023,
aceptada pola reclamante o 29 do mesmo mes, e a reclamación contra a mesma tivo entrada
no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 12 de decembro de 2023, polo que debe admitirse
a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou á Dirección Xeral de Función Pública a listaxe de códigos correspondentes a
determinadas prazas que se atopasen ocupadas de forma temporal antes dunha data, e con
anterioridade a outra data e que se lle indique as prazas da dita listaxe cuxa persoa ocupante
teña superado un proceso de estabilización convocado cun sistema selectivo distinto ao
previsto na disposición adicional oitava da Lei 20/2021, e aos códigos dos postos de traballo
correspondentes ás 207 prazas certificadas polo director xeral da Función Pública.
A resolución impugnada contén unha detallada explicación das prazas convocadas nos
proceso de estabilización e consolidación que se van incorporando nos decretos que regulan
anualmente as ofertas de emprego público, en función da normativa que lle é de aplicación e
dos acordos asinados coas organizacións sindicais, e das prazas de persoal laboral que tendo
unha equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial, se convocan nun proceso
selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal funcionario. Figuran así
mesmo na resolución impugnada e no informe, as prazas que van quedando desertas unha
vez que se convocan e resolven os procesos selectivos e que se van incorporando á oferta de
emprego público, facendo un total de 207 prazas. Indicase ademais as prazas de categorías de
persoal laboral que teñen unha equivalencia nos corpos e escalas de carácter funcionarial, que
se convocan nun proceso único acumuladas á escala que lles corresponde de persoal
funcionario e as prazas de titulado superior ocupadas por persoal indefinido non fixo que de
acordo coa sentenza do seu ocupante, pasaron ás distintas escalas ás que se fai referencia.
Figura na información remitida pola Dirección Xeral á reclamante, os enlaces de acceso ao
detalle dos postos, aos procesos selectivos e ás RPT do ámbito de Función Pública en formato
reutilizable, segmentados por persoal funcionario e persoal laboral.
Como establece a Sentenza do Tribunal Supremo 670/2022, do 2 de xuño, non se
compadecería coa finalidade ou espírito da Lei, dar unha resposta que requira a elaboración
de informe ad hoc, que entraría dentro dás causas de inadmisión que establece ou artigo 18.1.
c) dá Lei 19/2013. Indica o Tribunal que calquera pronunciamento sobre as causas de
inadmisión debe tomar como premisa a formulación ampla e expansiva coa que aparece
configurado o dereito de acceso á información na Lei 19/2013. A formulación ampla no
recoñecemento e na regulación legal do dereito de acceso á información obriga a interpretar
de forma estrita, cando non restritiva, tanto as limitacións a ese dereito que se contemplan
no artigo 14.1 da Lei 19/2013 como as causas de inadmisión de solicitudes de información que
aparecen enumeradas no artigo 18.1.
De acordo con devanditos razoamentos, as sentenzas do Tribunal Supremo do 16 de outubro
de 2017, 3 de marzo de 2020 e 25 de marzo de 2021, se puxo de relieve que unha solicitude
de acceso á información, pode comprender unha certa reelaboración, e que a reelaboración
básica ou xeral, como é natural, non sempre integra, en calquera caso, a causa de inadmisión
prevista no artigo 18.1.c). A acción previa de reelaboración, por tanto, na medida que á súa
concorrencia se anuda unha severa consecuencia como é a inadmisión a trámite da
correspondente solicitude, precisa que tales datos e documentos teña un carácter complexo,
no que se debe elaborar, a partir dunha información pública dispersa e diseminada, mediante
un labor consistente en solicitar, primeiro; ordenar e separar, despois, o que é información
clasificada ou non e sistematizar, e ten que ser obxecto de diversas operacións.
No presente caso, o acceso aos códigos dos postos solicitados, tal e como se indica na
resolución impugnada e no informe remitido pola Dirección Xeral, implica unha labor de
reelaboración por canto son as prazas vacantes, e non os postos os que cumpren cos
requisitos establecidos na normativa de aplicación, as que se inclúen nas ofertas adicionais de
emprego público, ás que se suma que os concretos postos de traballo a adxudicar aos
aspirantes que superen os procesos de estabilización e consolidación, que poden non ser
coñecidos ao depender da resolución dos procedementos de selección e de provisión de
postos de traballo que estean pendentes en cada momento, polo que a esa necesidade de
reelaboración, tería que sumárselle, a imposibilidade de coñecer os postos que se van
ocupando a medida que finalizan os procesos de provisión de postos unha vez finalizados os
procesos selectivos.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación interposta por XXX contra a Resolución da Dirección Xeral
da Función Pública de data 30 de novembro de 2023 pola que se estima parcialmente a súa
solicitude de acceso á información pública presentada perante a Consellería de Facenda e
Administración Pública con data do 13 de novembro de 2023, sobre os códigos das 207 prazas
correspondentes ao corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de
Galicia, subgrupo A1, e á categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo
da Xunta de Galicia, mencionadas na páxina 2 da "certificación de prazas OPE extraordinaria
2022 procesos de estabilización", emitida polo director xeral da Función Pública o 21/4/2023.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.