Estimada 27/02/2024 · 68 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello da Coruña sobre documentación de licencia y actividad de un establecimiento, resuelta con estimación

El interesado solicitó al Concello da Coruña documentación sobre la licencia y actividad de un establecimiento bajo su vivienda. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la solicitud y ordena al Ayuntamiento entregar la información, ya que no presentó alegaciones ni justificó límites legales al acceso.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, frente a resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
2 La falta de respuesta del Ayuntamiento al requerimiento de información de la Comisión no puede afectar al ejercicio del derecho de acceso a la información pública.
3 Ante la ausencia de alegaciones en contra por parte de la administración, prevalece el interés público al acceso a la información no afectada por límites legales.
4 El Ayuntamiento debe realizar una disociación motivada de datos o contenidos parciales que pudieran estar afectados por los límites previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5 Se advierte al organismo que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave a efectos del régimen disciplinario.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 21 de decembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de Febreiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, con data do 21 de decembro de 2023, unha reclamación ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello da Coruña con data 13 de setembro de 2023, na que interesaba obter copia de determinada documentación relativa ao establecemento situado baixo a súa vivenda. XXX indicaba que solicitou a documentación relativa á licenza concedida ao establecemento que se atopa situado baixo a súa vivenda, en concreto o estudo acústico realizado, os horarios declarados de actividade, a documentación das actuacións realizadas pola policía local derivadas das denuncias presentadas, así como os seguimentos realizados do caso, sancións a documentación relativa ás chamadas que realizou ao 010 e á policía local, os expedientes creados como consecuencia das chamadas e que persoas foron responsables de darlles trámite, sen obter resposta. Segundo. Con data do 4 de Xaneiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A solicitude recibiuse polo Concello con data do 5 de xaneiro de 2024, sen que polo Concello se dese contestación á dita solicitude. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou ao Concello da Coruña acceso a determinada documentación relativa ao establecemento situado baixo a súa vivenda, sen obter resposta. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. O feito de que a Administración municipal non dera contestación á solicitude de informe sobre a reclamación no marco deste procedemento, dificulta considerablemente o cumprimento da función de garantía encomendada a esta Comisión, ao non proporcionarlle a valoración que ao órgano reclamado merecen os motivos nos que se sustenta o recurso, co fin de que poida dispoñer dos elementos de xuízo necesarios para pronunciarse sobre a procedencia ou non de conceder o acceso á información solicitada. Con todo, a falta de resposta ao requirimento de alegacións non pode afectar a eficacia o exercicio dun dereito de rango constitucional, como é o dereito de acceso á información pública. Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013). A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse ao Concello que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse que de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a obriga do Concello de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 21 de decembro de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello da Coruña con data 13 de setembro de 2023, na que interesaba obter copia de determinada documentación relativa ao establecemento situado baixo a súa vivenda. Segundo: Instar ao Concello da Coruña a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello da Coruña a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 12.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.