El interesado solicitó a la Secretaría Xeral da Presidencia el expediente sobre un monumento en homenaje al personal de la pandemia. Tras un silencio administrativo, el solicitante reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no resolvió en plazo la solicitud inicial.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admitida por haber sido presentada en plazo, dado que la administración no resolvió la solicitud de acceso dentro del tiempo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2
Se reconoce que el derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición, conforme al artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
3
La Comisión estima la reclamación por motivos formales debido a la falta de resolución en tiempo y forma por parte de la Vicepresidencia Primeira.
4
Se deja a salvo el derecho del recurrente a presentar una nueva reclamación contra la resolución expresa posterior, en la que se alegó la inexistencia del expediente por falta de consignación presupuestaria.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 26 de decembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de Febreiro de 2024, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 26
de Decembro de 2023, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Secretaría Xeral da Presidencia con
data 29 de outubro de 2023 na que interesaba acceder á documentación do eventual
expediente administrativo relacionado co anuncio dun monumento en homenaxe a todos os
que traballaron no control da pandemia, da que se deu trasladado á Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con data do 22 de novembro de 2023.
O reclamante indicaba que con data do 22 de novembro de 2023 recibiu comunicación de que
a súa solicitude, presentada con data do 29 de outubro ante a Secretaría Xeral da Presidencia,
se remitía á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia e mais dun mas despois non
obtivo ningunha resposta.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 4 de Xaneiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
Terceiro. Con datas do 26 de xaneiro de 2024 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de
Presidencia, Xustiza e Deportes, remite informe e copia do expediente solicitado.
Neste informe, indica que con data do 11 de xaneiro de 2024, ditouse resolución pola que se
desestima a solicitude do reclamante por falta de obxecto, toda vez que non existe o
expediente administrativo ao que fai referencia na súa petición, xa que calquera actuación
administrativa que afecte ao gasto público debe supeditarse de modo estrito ás
dispoñibilidades orzamentarias e nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia
para o ano 2024, aprobados polo Parlamento de Galicia mediante a Lei 9/2023, do 28 de
decembro, non existe consignación orzamentaria para citada a mesma.
A resolución notificóuselle con data do 12 de xaneiro de 2024, e foi aberta polo interesado no
mesmo día.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 237 da Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 237.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes non resolveu a
solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016,
remitindo a información ao solicitante con posterioridade á presentación da reclamación ante
esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou acceso á documentación do eventual expediente administrativo relacionado co
anuncio dun monumento en homenaxe a todos os que traballaron no control da pandemia.
A Vicepresidencia Primeira non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero
con data do 11 de Xaneiro de 2024, a solicitude de acceso foi resolta e comunicada ao
interesado.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen
prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 26 de
decembro de 2023, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude
presentada perante a Secretaría Xeral da Presidencia con data 29 de outubro de 2023 na que
interesaba acceder á documentación do eventual expediente administrativo relacionado co
anuncio dun monumento en homenaxe a todos os que traballaron no control da pandemia,
da que se deu trasladado á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e
Deportes con data do 22 de novembro de 2023.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.