El solicitante pidió a la Dirección General de Función Pública datos detallados sobre trabajadores temporales en plazas estructurales que no superaran procesos de estabilización específicos. Alegó que los enlaces web facilitados eran insuficientes. La Comisión de Transparencia de Galicia desestimó la reclamación por requerir una reelaboración compleja de información ya pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud requiere cruzar datos de archivos Excel de puestos ocupados con listados de admitidos y excluidos de diversos procesos selectivos para determinar la situación individual de los trabajadores.
2
Se aplica la causa de inadmisión del artículo 18.1.c) de la Ley 19/2013, ya que la respuesta exigiría la elaboración de un informe ad hoc de cierta complejidad.
3
Según la jurisprudencia del Tribunal Supremo (STS 670/2022), no es compatible con el espíritu de la ley proporcionar respuestas que requieran una reelaboración compleja de información dispersa.
4
La labor de sistematizar, ordenar y separar datos para cumplir con todas las premisas de la petición excede la reelaboración básica permitida.
5
Se determina que la información es accesible mediante la combinación de los enlaces web y certificaciones ya remitidos al solicitante.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 15 de decembro de 2023, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de Febreiro de 2024, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15
de Decembro de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Dirección Xeral da
Función Pública de data 28 de novembro de 2023, pola que se estima parcialmente a súa
solicitude de acceso á información pública presentada perante a Consellería de Facenda e
Administración Pública con data do 9 de novembro de 2023, sobre o número de traballadores
temporais que ocupaban unha praza estrutural con anterioridade ao 01/01/2016 e non
superasen un proceso de estabilización convocado por un sistema distinto ao previsto na
disposición adicional oitava da Lei 20/2021.
XXX indica que con data do 21/11/2023 recibiu resolución da Dirección Xeral da Función
Pública na que, a pesar de estimar parcialmente a súa solicitude, o único que se aporta son
enlaces a páxinas web que recollen información xeral, que considera que non dan resposta ao
requirido, e a información solicitada non se atopa publicada nin é accesible por outras vías,
estando unicamente a disposición da Dirección Xeral de Función Pública.
Por todo o exposto, considera que non se trata dun suposto de reelaboración de información
xa accesible por medio dos enlaces facilitados no que se ampara a Dirección Xeral de Función
Pública, e considera vulnerado e lesionado o seu dereito de acceso á información.
Segundo. Con data do 16 de Xaneiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
Terceiro. Con data do 31 de Xaneiro de 2024 A Consellería de Facenda e Administración
Pública contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, que a resolución a resolución impugnada resolveu conceder
parcialmente o acceso á información, en base a que o artigo 19.uno.9 da Lei 6/2018, do 3 de
xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, incluía unha taxa adicional para a
estabilización do emprego temporal, incorporando prazas dos servizos de administración e
servizos xerais que responderan a necesidades estruturais, que estiveran dotadas
orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores
ao 31 de decembro de 2017, en procesos que debían aprobarse e publicarse nos exercicios
2018 a 2020, período que ampliouse ata o 31 de decembro de 2021.
A Xunta de Galicia asinou coas organizacións sindicais o 18 de outubro de 2017 o Acordo para
o desenvolvemento dun plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos e con data do
15 de xaneiro de 2019 o Acordo de concertación do emprego público de Galicia, que tiñan por
obxecto, entre outras medidas, o desenvolvemento dunha iniciativa plurianual planificada
dirixida a incrementar a estabilidade do emprego público dependente da Xunta de Galicia, co
obxectivo de reducir a taxa de temporalidade inferior ao 7 % ao final do período establecido
nos acordos asinados.
De acordo co anterior, a vense incorporando nos decretos que regulan anualmente as ofertas
de emprego público, unha taxa adicional de estabilización das prazas que viñan estando
ocupadas por persoal cunha vinculación temporal e que reúnen os requisitos aos que fai
referencia as Leis de orzamentos xerais do Estado e da comunidade autónoma.
Deste xeito, para o Corpos Superior da Administración xeral, no referente aos procesos de
estabilización, o Anexo II do Decreto 160/2018, do 13 de decembro, ofertou 33 prazas, o
Decreto 33/2019, do 28 de marzo, ofertou 16 prazas no dito Corpo e o Decreto 62/2021, do 8
de abril, ofertou 41 prazas, das que 16 corresponden a prazas da estabilización de funcionarios
do corpo superior e as restantes 25 prazas corresponden a prazas de estabilización do Grupo
I, categorías 01, 04, 14, 19, 23, 29, 31, que de acordo coa súa disposición adicional primeira
ofertaba nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lles corresponda de persoal
funcionario, todas as prazas publicadas tanto en ofertas anteriores como as relativas a esta
oferta, que aínda están sen convocar, de categorías de persoal laboral que teñan unha
equivalencia nos corpos e nas escalas de carácter funcionarial.
A Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convocaba o proceso selectivo pola quenda
de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade
Autónoma Galicia, subgrupo A1, incluíu 33 prazas de estabilización correspondentes as ofertas
de emprego dos anos 2018, e 16 correspondentes a 2019, convocadas conxuntamente coas
prazas do corpo superior de acceso libre e as prazas do proceso de consolidación do persoal
indefinido non fixo.
No informe figura un cadro coas prazas convocadas de estabilización e de consolidación, as
cubertas, as desertas e as incorporadas facendo un total de 207 prazas.
A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade
no emprego público prevé un novo proceso de estabilización do emprego temporal mediante
a convocatoria extraordinaria de prazas que non consumen taxa de reposición, que se
estruturou en dúas vías, autorizándose por unha banda un terceiro proceso de estabilización
adicional que incluíu as prazas de natureza estrutural que, estean ou non dentro das relacións
de postos de traballo, plantillas ou outra forma de organización e estando dotadas
orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo
menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020 e que non fosen convocadas, ou
sendo convocadas e resoltas, quedasen sen cubrir. Por outra banda, convocáronse polo
sistema de concurso, aquelas prazas que, reunindo os requisitos establecidos no artigo 2.1 da
Lei 20/2021, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con
anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.
Mediante o Decreto 79/2022, do 25 de maio, ofertáronse mediante o sistema de concurso e
de concurso-oposición, 63 prazas do Corpo Superior e 136 de titulado/a superior, que incluían
as 41 prazas da Oferta de emprego do ano 2021 sen convocar, e 35 prazas adicionais que
serían efectivamente ofertadas por concurso sempre que quedaran sen cubrir no proceso
selectivo convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, de acordo cos novos criterios
establecidos pola Lei 20/2021, sendo o criterio de prazas ocupadas de maneira ininterrompida
adoptado na Comunidade Autónoma de 3 meses.
De acordo coa Disposición adicional primeira do Decreto 79/2022, do 25 de maio, o número
total de prazas a ofertar no Corpo Superior foi determinado nas Resolucións do 22 de
decembro de 2022 pola que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de
estabilización derivado da Lei 20/2021, sendo para o Corpo superior, que inclúe prazas das
referidas categorías do grupo I de persoal laboral, postos base subgrupo A1 do Consorcio
Galego de Servizos de Igualdade e Benestar), 168 prazas de concurso e 9 de concurso-
oposición, no que 1 praza de concurso-oposición pasou a concurso por alegacións posteriores
a publicación da oferta de emprego de emprego.
As 136 prazas de titulado superior pasaron na súa maioría ao corpo superior da administración
xeral, pero houbo prazas ocupadas por persoal indefinido non fixo que de acordo coa sentenza
do seu ocupante tiveron que ser clasificadas de acordo coa titulación deste polo que pasaron
aos corpos facultativos superiores escala de arquitectos, enxeñaría de camiños, canais e
portos, enxeñaría agronómica, enxeñaría industrial, enxeñaría de montes, enxeñaría de
minas, bioloxía, ciencias do mar, física, arqueólogos, arquivos, bibliotecas e museos,
especialidade bibliotecas e enxeñaría de telecomunicación.
A información sobre o detalle dos postos que se tiveron en conta para a determinación das
prazas que conforman a oferta pública de emprego é accesible a través do enlace da Web
remitido á reclamante, así como o detalle das certificacións, polo Director Xeral da Función
Pública o 21.04.2023 e o 12.09.2023, a información relativa aos procesos selectivos
convocados, e ás relacións de postos de traballo (RPT).
Establece a resolución que parte da solicitude incorre na causa de inadmisión do artigo 18.1.c)
da Lei 19/2013, dado que trátase de información para cuxa divulgación é necesaria unha
acción previa de reelaboración, xa que para facilitar a información solicitada cos distintos
parámetros e criterios que recolle a petición, resulta preciso a reelaboración de información
xa accesible nos enlaces indicados.
Indica o informe que a información solicitada está relacionada cos procesos selectivos
extraordinarios de estabilización, que contan con varios recursos contencioso-administrativos
interpostos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A sentenza 713/2023 do dito
Tribunal, no seu fundamento xurídico quinto establece que a oferta de emprego público non
debe enumerar os postos de traballo vacantes, e debe cumprir os requisitos que se conteñen
no artigo 70 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o
Estatuto Básico do Empregado Público e 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público
de Galicia 2/2015, que se concretan na indicación das necesidades de recursos humanos, na
obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos para as prazas comprometidas e
ata un dez por cen adicional, fixando o prazo máximo para a convocatoria dos mesmos, no
prazo de tres anos debe desenvolverse a oferta de emprego público, debe aprobarse
anualmente polo órgano de goberno da Administración Pública. Cumpridos estes requisitos,
establece o Tribunal que non resulta imprescindible identificar cada un dos postos de traballo
que se atopan vacantes, pois basta incluír un número de prazas. Neste senso, a normativa de
aplicación, utiliza en todo momento a expresión de prazas vacantes e non a de postos de
traballo, sendo as prazas vacantes que cumpren cos requisitos establecidos na norma as que
se inclúen na oferta adicional de emprego público, ao cal se suma que os concretos postos de
traballo a adxudicar aos aspirantes que superen os procesos de estabilización de emprego
temporal poden non ser coñecidos aínda, ao depender da resolución dos procedementos de
provisión de postos de traballo e de selección pendentes.
.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A Dirección Xeral de Función Pública ditou a resolución do data do 28 de novembro de 2023,
e a reclamación contra a mesma tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 15
de decembro de 2023, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante solicitou á Dirección Xeral de Función Pública información sobre o número de
traballadores temporais que ocupaban unha praza estrutural con anterioridade ao
01/01/2016 e non superasen un proceso de estabilización convocado por un sistema distinto
ao previsto na disposición adicional oitava da Lei 20/2021.
XXX solicitou á Dirección Xeral de Función Pública unha información moi concreta, referida ao
concurso convocado no proceso extraordinario de estabilización ao amparo da Lei 20/2021,
do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego
público, e en relación a determinadas categorías do o Corpo Superior (Subgrupo A1) e do
grupo 1 do persoal laboral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, sobre o
número de traballadores temporais que a 30/12/2021 ocupaban de forma temporal unha
praza estrutural, cunha relación desta natureza anterior ao 01/01/2016 e que non superasen
un proceso de estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto na disposición
adicional 8ª da citada Lei 20/2021, ben por non presentarse ao proceso, por presentarse e
non aprobalo, ou por non estar finalizados estes procedementos, con indicación dos códigos
dos postos que ocupaban estes traballadores temporais á dita data, figurasen os ditos códigos
ou non nunha relación de postos de traballo.
A resolución impugnada concede parcialmente o acceso á información solicitada, mediante a
remisión dun link a través do que se accede, como se comprobou por esta Comisión á seguinte
información:
Certificacións da Dirección Xeral de Función Pública no que figura, entre a doutros
corpos e grupos, a información referente ao número de prazas correspondentes ao Corpo
Superior (Subgrupo A1) e Grupo 1 do persoal laboral.
Así mesmo, publícanse as referencias de ocupación dos postos, que son as que
constaban no rexistro central de persoal a data de entrada en vigor da Lei 20/2021, do 28 de
decembro (30 de decembro de 2021) en dous arquivos, un correspondente aos postos de
concurso e outro aos postos de concurso-oposición, e separados por grupos de funcionarios
(dende o grupo A1 á agrupación profesional) e en formato reutilizable (formato excel), os postos
de traballo derivados dos procesos de estabilización da Lei 20/2021, e da Lei 5/2022, de medidas
urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de
Galicia. Neste listado en formato reutilizable, figura código do posto, centro de destino,
denominación do posto, NIF do/a funcionario/a que o ocupa, iniciais do nome e apelidos do
funcionario/a que o ocupa, proceso ao que se somete (concurso ou concurso-oposición), grupo
ao que pertence o posto, subgrupo, categoría e corpo da convocatoria estabilización
Esta é a información dispoñible elaborada para a oferta de emprego público extraordinaria
correspondente ao proceso de estabilización, que conten as prazas que reúnen os requisitos
establecidos para os ditos procesos, a través das cales pode acceder á información solicitada.
Para obter a información que solicita a interesada, referente ás persoas que ocuparon esas
prazas e coas variables de que non superasen un proceso de estabilización convocado cun
sistema distinto ao previsto na disposición adicional 8ª da Lei 20/2021, ben por non
presentarse ao proceso, por presentarse e non aprobalo, ou por non estar finalizados este
procedemento, indicando ademais os códigos dos postos que ocupaban estes traballadores
temporais á dita data, figurasen os ditos códigos ou non nunha relación de postos de traballo,
e necesario cruzar a información contida nas ditas follas excel, nas que figuran os postos
correspondentes aos grupos e categorías solicitados e as iniciais do nome e apelidos das
persoas que ocupan os ditos postos, cos listados de admitidos e excluídos dos distintos
procesos selectivos que se van convocando, para coñecer se cada un deses traballadores,
presentouse ou non a un ou a varios dos procesos selectivos convocados e que sexa un
procesos selectivo distinto ao previsto na disposición adicional 8ª, comprobar se foi ou non
admitido, e de estar o proceso selectivo finalizado, comprobar se o superou ou non.
É evidente que para dar a dita información, é necesaria unha labor de reelaboración de certa
complexidade, se ben coa información publicada na web, cos arquivos publicados sobre as
ditas prazas e os postos ocupados que cumprían os requisitos das normas de estabilización, e
en cos listados de admitidos e excluídos, e no seu caso, das persoas que van superando os
distintos procesos selectivos, é posible coñecer a información solicitada.
Como establece a Sentenza do Tribunal Supremo 670/2022, do 2 de xuño, non se
compadecería coa finalidade ou espírito da Lei, dar unha resposta que requira a elaboración
de informe ad hoc, que entraría dentro dás causas de inadmisión que establece ou artigo 18.1.
c) dá Lei 19/2013. As sentenzas do Tribunal Supremo do 16 de outubro de 2017, 3 de marzo
de 2020 e 25 de marzo de 2021, puxeron de relieve que unha solicitude de acceso á
información, pode comprender unha certa reelaboración, e que a reelaboración básica ou
xeral, como é natural, non sempre integra, en calquera caso, a causa de inadmisión prevista
no artigo 18.1.c). A acción previa de reelaboración, por tanto, na medida que á súa
concorrencia se anuda unha severa consecuencia como é a inadmisión a trámite da
correspondente solicitude, precisa que tales datos e documentos teña un carácter complexo,
no que se debe elaborar, a partir dunha información pública dispersa e diseminada, mediante
un labor consistente en solicitar, primeiro; ordenar e separar, despois, o que é información
clasificada ou non e sistematizar, e ten que ser obxecto de diversas operacións.
No presente caso, solicitouse o número de traballadores que tivesen ocupado postos con
determinadas condicións que se establecen nas normas de estabilización, que se tiveran
presentado a un proceso se estabilización convocado cun sistema distinto ao previsto nunha
disposición adicional, indicando o número dos que que fosen admitidos, os que fosen
excluídos, os que non se tivesen presentado, ou os que téndose presentado e estando
admitidos, non se tivese finalizado o proceso, información que se ben se pode obter
cruzándoa cos listados de admitidos e excluídos dos distintos procesos selectivos, débese
considerar que requiren a elaboración dun un informe ad hoc de certa complexidade no que
se recompile a información con todas as premisas solicitadas na petición, á que por tanto lle
é aplicable a causa de reelaboración invocada, ao requirir un proceso de reelaboración.
Como indica a Dirección Xeral no seu informe, a información solicitada é accesible cos
informes que se lle remitiron á solicitante, sen que esta no seu escrito de recurso, concrete
que información non figura accesible a través da remitida directamente por Función Pública
ou a través dos enlaces web.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación interposta por XXX contra a Resolución da Dirección Xeral
da Función Pública de data 28 de novembro de 2023, pola que se estima parcialmente a súa
solicitude de acceso á información pública presentada perante a Consellería de Facenda e
Administración Pública con data do 9 de novembro de 2023, sobre o número de traballadores
temporais que ocupaban unha praza estrutural con anterioridade ao 01/01/2016 e non
superasen un proceso de estabilización convocado por un sistema distinto ao previsto na
disposición adicional oitava da Lei 20/2021.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.