Estimada 27/02/2024 · 53 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre la valoración de la Estatua del Guerreiro de Castrelo do Val estimada por motivos formales

El solicitante pidió a la Deputación de Pontevedra documentación sobre la valoración de la Estatua del Guerreiro de Castrelo do Val. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no resolvió en plazo, aunque posteriormente concedió el acceso.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
2 La Deputación Provincial de Pontevedra incumplió el plazo de respuesta establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la información fue remitida al solicitante con posterioridad a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
4 El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición, conforme al artículo 26.4 de la Ley 1/2016.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 5 de xaneiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de Febreiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 5 de xaneiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información pública formulada ante a Deputación de Pontevedra o 23 de novembro de 2023, no que interesaba o acceso a toda a documentación relacionada coa valoración da Estatua do Guerreiro de Castrelo do Val para a exposición en Pontevedra de “Galaicos: un pueblo entre dos mundos” no ano 2018, así como calquera outra valoración realizada con ocasión do seu traslado a outros lugares nos que estivese exposta a dita peza. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 12 de Xaneiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Deputación Provincial de Pontevedra para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con datas do 25 de xaneiro de 2024 a Deputación Provincial de Pontevedra, remite informe e copia do expediente solicitado. Neste informe, indica que analizado por parte da Unidade Responsable de Transparencia o dereito de acceso á información e unha vez obtida do Museo de Pontevedra a información solicitada, non se apreciou a concorrencia de límites ao dereito de acceso previstos no art. 14 e 15 da Lei 19/2013 nin causas de inadmisión do art. 18 da mesma lei polo que con data do 17 de xaneiro de 2024 foille notificada aos interesados a correspondente Resolución, concedéndolle o acceso á información solicitada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 237 da Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 237.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Deputación Provincial de Pontevedra non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, remitindo a información ao solicitante con posterioridade á presentación da reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso á documentación relacionada coa valoración da dunha Estatua para unha exposición en Pontevedra, así como calquera outra valoración realizada con ocasión do seu traslado a outros lugares nos que estivese exposta a dita peza A Deputación Provincial de Pontevedra non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero con data do 15 de Xaneiro de 2024, a solicitude de acceso foi resolta e comunicada ao interesado. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados, ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 5 de xaneiro de 2024, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información pública formulada ante a Deputación de Pontevedra o 23 de novembro de 2023, no que interesaba o acceso a toda a documentación relacionada coa valoración da Estatua do Guerreiro de Castrelo do Val para a exposición en Pontevedra de “Galaicos: un pueblo entre dos mundos” no ano 2018, así como calquera outra valoración realizada con ocasión do seu traslado a outros lugares nos que estivese exposta a dita peza. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.