Un ciudadano solicitó al COATAC el detalle de dietas, gastos y honorarios judiciales. El Colegio denegó el acceso alegando que eran actos de ejecución presupuestaria privada. La Comisión de Transparencia de Galicia desestimó la reclamación, considerando que dichas cuantías forman parte de la actividad interna privada del Colegio y no de sus funciones públicas.
Puntos clave de la argumentación
1
Los colegios profesionales poseen una naturaleza mixta, donde solo las funciones delegadas por la Administración están sometidas al Derecho Administrativo y a la normativa de transparencia.
2
La actividad de gestión económica y patrimonial de los colegios profesionales tiene una naturaleza privada, quedando excluida del ámbito de aplicación de la Ley de Transparencia.
3
Según la jurisprudencia del Tribunal Supremo, el derecho de acceso alcanza las retribuciones de los máximos responsables, pero excluye las ayudas de costo y dietas por considerarse actividad interna privada.
4
La solicitud se desestima ya que los gastos, dietas y suplidos solicitados no se encuadran en el concepto de funciones públicas sujetas a control administrativo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 5 de Febreiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de Febreiro de 2024, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 5
de Febreiro de 2024 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 11 de xaneiro de 2024
Colexio Oficial de Arquitectura Técnica da Coruña (COATAC), polo que se resolve a súa
solicitude do 21 de decembro de 2023, de acceso ás dietas, gastos e suplidos abonadas a cada
un dos membros da Xunta de Goberno saínte das eleccións do ano 2020, honorarios abonados
polo Colexio a letrado, procuradores e peritos intervenientes nos procedementos xudiciais PO
181/2021, Recurso de Apelación 4371/2022, Procedemento de Execución Provisional 13/2023
e na interposición de recurso de casación e as custas xudiciais a que foi condenado o Colexio.
XXX indicaba que o motivo de que se lle denegase o acceso á información solicitada foi que
trátase dun acto de execución orzamentaria e que non se atopa suxeito á Lei de Transparencia,
polo que o Colexio non está obrigado a facilitar a información. Indica o reclamante que a Lei
19/2013, establece os límites ao dereito de acceso non atopándose entre eles os actos de
execución orzamentaria. O Colexio efectúa unha remisión á Memoria Anual, en cuxo epígrafe
10.3 figuran os importes recibidos polos membros do órgano de administración e no que
figura unha contía en concepto de soldos, dietas e outras remuneracións, pero en ningún
momento se le indica o importe abonado a cada un dos membros da Xunta de Goberno, que
é o que foi solicitado. A denegación se xustifica ademais en que os gastos, dietas e suplidos
foron aprobados pola Xunta Xeral dentro dos orzamentos, que considera o reclamante que
nada ten que ver coa solicitude efectuada, non sendo relevante quen aprobase os
orzamentos, senón que o que se solicita que se desagreguen as dietas abonadas a cada un dos
membros da Xunta de Goberno.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada asinada con certificado
electrónico.
Segundo. Con data do 6 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Colexio Oficial de Arquitectura Técnica da Coruña (COATAC) para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
Terceiro. Con data do 15 de Febreiro de 2024 o Colexio Oficial de Arquitectura Técnica da
Coruña (COATAC) contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a resolución remitida ao reclamante, está amparada
polo informe xurídico emitido pola Asesoría Xurídica do Colexio do 26 de decembro de 2023,
e se lle deu información mais ala do cumprimento estrito das obrigacións legais en materia de
transparencia, co fin de que tivese un coñecemento directo e ampliado sobre todo o que
preguntaba, en lugar de inadmitir a solicitude a pesar de que non se atopaba amparada polo
dereito de acceso á información pública.
Indica que os Colexios Profesionais teñen unha natureza mixta e tan só poden considerarse
como públicas unha parte do total de funcións que desempeñan, sendo o resto funcións
dirixidas ao interese particular, e unicamente están sometidas á normativa de Transparencia
as primeiras.
De acordo coa xurisprudencia do Tribunal Supremo que cita e distintas resolucións de órganos
de garantía en materia de Transparencia, as retribucións percibidas polos máximos
responsables dos colexios profesionais non poden entenderse como unha actividade suxeita
a Dereito Administrativo ao ter os acordos económicos e patrimoniais dos colexios
profesionais unha evidente natureza privada, non pudendo incardinarse no exercicio das
funcións públicas. As retribucións non deixan de ser un acto de execución orzamentaria que
pertence á esfera privada dos Colexios e non resulta accesible en virtude do dereito de acceso.
A pesar do anterior, o Colexio deu acceso á información solicitada polo reclamante por canto
se lle redireccionou ao sitio web onde está publicada toda a información esixida, en concreto
no epígrafe 10.3 da Memoria Anual, figuran as remuneracións satisfeitas por asistencia a
Xuntas, gastos de viaxe, asignacións para comisións e asistencia a actos oficiais, así como, e
con relación ao resto da información solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución impugnada ditouse con data
do 11 de xaneiro de 2024 e a reclamación se interpuxo o 5 de febreiro de 2024,polo que debe
admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante presentou unha solicitude de acceso ao importe das ás dietas, gastos e suplidos
abonadas a cada un dos membros da Xunta de Goberno saínte das eleccións do ano 2020,
honorarios abonados polo Colexio en determinados procedementos xudiciais, e considera que
non se lle da resposta ao solicitado por canto se lle fai unha remisión á Memoria Anual, na
que non se reflicte o importe abonado a cada un dos membros da Xunta de Goberno, que é o
que foi solicitado.
Como ben indica o informe co Colexio, e como destacou o Tribunal Constitucional na súa
sentenza 89/1989, do 11 de maio, reiterada en pronunciamentos posteriores, como a
sentenza 3/2013, do 17 de xaneiro, os colexios profesionais teñen unha natureza mixta ou
bifronte, xa que constitúen unha típica especie de corporación, recoñecida polo Estado,
dirixida non só á consecución de fins estritamente privados, que podería conseguirse coa
simple asociación, senón que perseguen outros dirixidos esencialmente a garantir que o
exercicio da profesión, que constitúe un servizo ao común, se axuste ás normas ou regras que
aseguren tanto a eficacia como a eventual responsabilidade.
Por tanto, realizan unha actividade en gran parte privada, aínda que teñan delegadas pola Lei
funciones públicas, nas que a súa orixe, organización e funcións non dependen só da vontade
dos asociados, senón tamén, e en primeiro termo, das determinacións obrigatorias do propio
lexislador. O carácter complexo do réxime xurídico dos Colexios Profesionais e a falla de
uniformidade do sistema, implica necesariamente que debe adaptarse á natureza pública ou
privada en función da actividade que desempeñe o Colexio en cada momento.
Do conxunto de funcións que teñen encomendadas os Colexios Profesionais polo artigo 5 da
Lei 2/1974, do 13 de febreiro, de Colexios Profesionais, só poden considerarse como públicas
unha parte do total das que desempeñan, isto é, aquelas funcións que o Estado encomenda
ou delega nestes entes, como pode ser a representación e defensa dos intereses do sector
ante as diferentes Administracións con competencias na materia, a regulación da profesión, a
colaboración destas Corporacións coas Administracións públicas para o exercicio de funcións
relacionadas co sector, as funcións que lle puidera delegar a Administración, etc.. dado que o
resto son funcións dirixidas ao interese particular. Deste xeito, pódese soster que só o
exercicio das devanditas funcións públicas é o que se suxeita a Dereito Administrativo.
Esta particular natureza e funcións impón analizar cada actuación colexial concreta para
determinar se queda suxeita a Dereito público e por tanto á normativa de transparencia, xa
que de acordo co disposto no artigo 3.1. c) da Lei 1/2016 e 2.1.e) da Lei 19/2013, unicamente
están sometidos á Lei de Transparencia no referente ás súas actividades sometidas a dereito
administrativo. Como indica o Colexio no seu informe, de acordo coa xusrisprudencia dos
nosos Tribunais e as resolucións dos órganos de garantía en materia de Transparencia, debe
considerarse que si que constitúe actividade colexial suxeita a normativa de transparencia as
funcións que as Administracións encomendan ou delegan nestes entes, como poida ser a
representación e defensa dos intereses do sector ante as diferentes Administracións con
competencias na materia, a regulación da profesión, a verificación de requisitos de acceso á
profesión e no seu caso de colexiación obrigatoria, as actuacións relativas á deontoloxía
profesional, redacción de normas ou códigos deontolóxico e a colaboración destas
Corporacións coas Administracións públicas para o exercicio de funcións relacionadas co
sector ou outras funcións que lle puidera delegar a Administración.
A sentenza do Tribunal Supremo do 18 de xullo de 2008 estableceu que con relación aos altos
cargos do Colexio, si que é esixible o acceso á información das retribucións percibidas polos
altos cargos e máximos responsables das entidades (Decanato ou presidencia do Colexio ou
órganos similares), pero sen que se inclúa nelas as axudas de custo, que forma parte da súa
actividade interna non sometida a dereito administrativo e non entran no concepto
estritamente considerado de retribucións.
De acordo co anterior, e con independencia de que por parte do Colexio se lle proporcionara
ao interesado mais información da que lle é esixible proporcionar de acordo coa normativa de
Transparencia, procede a desestimación da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX con data do 5 de Febreiro de 2024,
contra a Resolución do 11 de xaneiro de 2024 Colexio Oficial de Arquitectura Técnica da
Coruña (COATAC), polo que se resolve a súa solicitude do 21 de decembro de 2023, de acceso
ás dietas, gastos e suplidos abonadas a cada un dos membros da Xunta de Goberno saínte das
eleccións do ano 2020, honorarios abonados polo Colexio a letrado, procuradores e peritos
intervenientes nos procedementos xudiciais PO 181/2021, Recurso de Apelación 4371/2022,
Procedemento de Execución Provisional 13/2023 e na interposición de recurso de casación e
as custas xudiciais a que foi condenado o Colexio.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.