El interesado solicitó al Concello de Mondariz acceso a las actas de baremación de aspirantes con mayor puntuación en un proceso selectivo. Tras el silencio administrativo, recurrió ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que decidió inadmitir la reclamación por existir un procedimiento administrativo específico en curso donde el solicitante es interesado.
Puntos clave de la argumentación
1
La Disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa del procedimiento administrativo común es la aplicable al acceso de documentos cuando el solicitante tiene la condición de interesado en un procedimiento en curso.
2
Para aplicar dicha exclusión de la ley de transparencia deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento administrativo específico, condición de interesado del reclamante y que el procedimiento esté en curso.
3
En el caso analizado, concurren los tres requisitos ya que el solicitante participa en un proceso selectivo activo y solicitó la documentación mediante una reclamación contra su puntuación.
4
Al ser la vía del procedimiento selectivo la adecuada para tramitar la solicitud de acceso a la documentación, procede la inadmisión de la reclamación ante el órgano de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX , mediante escrito do 7 de febreiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de Febreiro de 2024, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7
de Febreiro de 2024 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por
silencio administrativo, por parte do Concello de Mondariz, da solicitude de acceso á
información do expediente 227/2023.
XXX indicaba que con data do 5 de xaneiro de 2024, o Tribunal Cualificador do proceso
selectivo de persoal laboral fixo do Concello de Mondariz, publicou na sede electrónica do
Concello un escrito no cal estimou parcialmente as reclamacións do solicitante en relación coa
valoración dos seus méritos, e propuxo á Alcaldía-Presidencia do Concello que se realicen por
parte da Secretaría do Concello dos trámites necesarios para darlle acceso ás actas de
baremación en relación cos aspirantes que tiveron unha puntuación superior á da súa, sen
que en ningún momento se publicase nin se lle notificase resolución algunha.
O escrito viña acompañado de copia de reclamación na que o interesado fai constar que
participa no proceso selectivo para cubrir as prazas de persoal laboral fixo incluídas no proceso
de estabilización de emprego temporal do Concello de Mondariz, e do seu DNI.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
XXX presentou, nun procedemento selectivo de persoal no que ten a condición de interesado
por ser participante no mesmo, unha reclamación contra a cualificación que lle outorga e na
que no que solicitou acceso á información do expediente, e en especial á documentación
relacionada cos méritos alegados e acreditados polas catro persoas propostas para ser
contratadas como persoal laboral fixo do Concello, con base na súa condición de interesado.
Como xa se manifestou por esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia
que agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do artigo 13 en relación co artigo
12, a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo
Goberno recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a información pública en mans dos
organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación (artigo 2). A dita norma, indica
na súa Disposición adicional primeira parágrafo primeiro, que a normativa reguladora do
correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen
teña a condición de interesado nun procedemento administrativo en curso aos documentos
que se integren no mesmo.
Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, o reclamante
debe ser interesado no mesmo e terceiro, o procedemento debe estar en curso. Analizando
estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se realiza a
solicitude concorren estes requisitos no caso que nos ocupa, xa que o reclamante, na súa
condición de interesado nun procedemento selectivo que está en curso, presentou unha
reclamación contra a súa puntuación, e no corpo da mesma, solicita que se lle dea acceso a
determinada documentación do dito procedemento, solicitude que debe tramitarse polas
normas do dito procedemento.
De acordo co anterior procede a inadmisión da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX con data do 7 de febreiro de 2024, contra
a desestimación por silencio administrativo, por parte do Concello de Mondariz, da solicitude
de acceso á información do expediente 227/2023.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.