Inadmitida 27/02/2024 · 21 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por acceso a expediente de concesión de aguas de la Central Hidroeléctrica de Caboeiro por interposición prematura

La Fundación Montescola solicitó a Augas de Galicia el acceso al expediente de concesión de aprovechamiento de aguas de la Central Hidroeléctrica de Caboeiro. Ante la falta de respuesta, presentó una reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque se interpuso antes de que finalizara el plazo legal para que el organismo respondiera.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación fue interpuesta el 7 de febrero de 2024, habiéndose presentado la solicitud de acceso el 7 de enero de 2024.
2 Se determinó que la reclamación se presentó antes de que finalizase el plazo legal para que Augas de Galicia emitiera respuesta a la solicitud de información.
3 No transcurrió el plazo de un mes establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016 desde la recepción de la solicitud hasta la interposición de la reclamación.
4 La resolución se fundamenta en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al tratarse de un acto no susceptible de recurso por ser prematuro.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da Fundación Montescola mediante escrito do 6 de febreiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de Febreiro de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. XXX , en representación da Fundación Montescola, presentou, mediante escrito do 6 de febreiro de 2024, con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de contestación pola Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia á súa solicitude de acceso a consulta do expediente de outorgamento da concesión de aproveitamento de augas da Central Hidroeléctrica de Caboeiro, no río Deza, Expediente 5/244/28, solicitada en 28/06/1900 FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Análise do expediente O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interporase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou dende o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. No presente caso, tal e como consta no selo do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, o interesado presentou a súa solicitude de acceso no Rexistro electrónico da Xunta de Galicia o 7 de xaneiro de 2024, e a reclamación contra a falla de contestación á dita solicitude tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 7 de febreiro de 2024, por tanto antes de que finalizase o prazo para que Augas de Galicia dese resposta á solicitude de acceso á información, xa que o primeiro día para poder presentar a reclamación era o día 8. De acordo co anterior, non transcorreu o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, desde a recepción da solicitude por Augas de Galicia, órgano competente para resolver, ata a interposición da reclamación polo interesado, procedendo en consecuencia, a inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.. ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX, en representación da Fundación Montescola, contra a falla de contestación pola Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia á súa solicitude de acceso a consulta do expediente de outorgamento da concesión de aproveitamento de augas da Central Hidroeléctrica de Caboeiro, no río Deza, Expediente 5/244/28, solicitada en 28/06/1900. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 221/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.