El solicitante pidió al Consello de Contas los informes de fiscalización de las cuentas electorales al Parlamento de Galicia de 2016 y 2020. No constan alegaciones adicionales en el texto. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación debido a que el Consello de Contas es un sujeto contra el cual solo cabe interponer recurso contencioso-administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
El Consello de Contas de Galicia se encuentra incluido en el supuesto del artículo 3.1.d) de la Ley 1/2016.
2
Contra las resoluciones dictadas por los sujetos previstos en el artículo 3.1.d) de la Ley 1/2016 no es admisible la reclamación ante la Comisión de Transparencia.
3
La normativa establece que frente a los actos de dichos sujetos solo cabe la interposición de recurso contencioso-administrativo.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por XXX mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do
Valedor do Pobo o 14 de febreiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada
o día 27 de Febreiro de 2024, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. D. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 14
de febreiro de 2024, unha reclamación contra a Resolución do Consello de Contas do 13 de
febreiro de 2024, pola que se resolve a súa solicitude de acceso aos informes de fiscalización
correspondentes ás contabilidades electorais das eleccións ao Parlamento de Galicia dos anos
2016 e 2020.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá presentarse reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia, agás naquelas
ditadas polos suxeitos previstos no artigo 3.1.d) desta lei, contra as cales, conforme o previsto
na normativa básica, só caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo.
Entre as entidades previstas no artigo 3.1.d) da Lei 1/2016, atópase o Consello de Contas de
Galicia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX contra a Resolución do Consello de Contas
do 13 de febreiro de 2024, pola que se resolve a súa solicitude de acceso aos informes de
fiscalización correspondentes ás contabilidades electorais das eleccións ao Parlamento de
Galicia dos anos 2016 e 2020.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.