Desestimada 09/04/2024 · 117 días en resolverse

Reclamación de acceso a actas de evaluación inicial de alumnas en CEIP Plurilingüe y desestimación por protección de datos de menores

Una ciudadana solicitó al CEIP Plurilingüe XXX copias íntegras de las actas de evaluación inicial de sus hijas. Alegó que los extractos recibidos eran insuficientes y carecían de datos esenciales. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque las actas contienen datos especialmente protegidos de otros menores (NEAE/NEE), primando la privacidad sobre el acceso total.

Puntos clave de la argumentación

1 El acceso a información que revele datos de salud o categorías especialmente protegidas requiere el consentimiento expreso del afectado o amparo de una norma con rango de ley según el artículo 15 de la Ley 19/2013.
2 La ponderación entre el derecho de acceso y la protección de datos es correcta al remitir solo el extracto relativo a las hijas, ya que las actas contienen medidas de apoyo y refuerzo de otros menores con necesidades específicas (NEAE/NEE).
3 Se considera que la entrega de los resultados de evaluación individuales es información suficiente para que la solicitante conozca cómo se adoptó la decisión pública que afecta a sus hijas.
4 La protección de la intimidad de los menores y sus circunstancias personales prevalece en este caso sobre el interés de obtener la copia íntegra del acta colegiada.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 14 de Decembro de 2023, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 14 de Decembro de 2023 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do Secretario do CEIP Plurilingüe XXX de data 30 de novembro de 2023, pola que se resolve a súa solicitude de data 23 de outubro de 2023, de acceso ás copias íntegras das actas das reunións de avaliación inicial de dúas alumnas do referido centro. XXX indicaba que na tramitación dunha queixa presentada o día 23 de outubro ante a Xefatura de Inspección Educativa da Coruña, solicitou unha serie de aclaracións ao equipo directivo do CM Plurilingue XXX, onde actualmente cursan estudos de Educación Primaria as súas fillas. Con data do 27 de outubro de 2023, solicitou copia da acta da reunión de avaliación inicial da súa filla e con data do 16 de Novembro se lle comunicou que non se lle pode poden facilitar o solicitado por conter información sensible doutros alumnos, dándolle a opción de solicitar un extracto das ditas actas. Con data do 21 de novembro de 2023 solicitou copia íntegra das actas despersonalizando aquelas partes ou datos que poidan afectar a cuestións persoais ou sensibles doutros alumnos ou terceiros. Contestóuselle con data do 30 de Novembro no que se lle achega un extracto das actas dunha avaliación das súas fillas. Indica a reclamante que solicitou as actas de 3º e 6º de educación primaria e se lle remiten extractos das actas de 2º e 5º de educación primaria. Considera que o extracto que se lle facilita carece do contido esencial e necesario das actas das reunións efectuadas, como é o número de folla/folio, data, participantes nas devanditas reunións, acordos adoptados e no seu caso a correspondente motivación dos mesmos, así e descoñece se o órgano colexiado constituíuse conforme a dereito: Segundo. Con data do 23 de Xaneiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de Xaneiro de 2024. Terceiro. Con data do 14 de Febreiro de 2024 a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades contesta a petición remitindo informe sobre a reclamación solicitado. Neste informe, en resumo, indícase que no mes de marzo de 2023, no período de admisión ordinaria para o curso 2023/2024, a reclamante presentou sendas solicitudes de praza para as súas filias no CEIP Plurilingüe XXX, para os cursos 3° e 6° de educación primaria (EP) e posteriormente presentou un certificado dun centro de educación estranxeira e a distancia. Á vista destas circunstancias, o centro aplicou á escolarización das alumnas o establecido sobre atención educativa ao alumnado procedente do estranxeiro (Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia), que establece que no momento da incorporación da alumna ou do alumno ao sistema educativo farase a avaliación inicial, que, de considerarse necesario, se complementará coa avaliación psicopedagóxica e se se detecta que a alumna ou o alumno presentan un desfasamento curricular de máis de dous cursos, poderanse escolarizar no curso inmediatamente inferior ao que lle correspondería por idade, incorporándose ao curso corresponderte á súa idade no caso de superar ese desfasamento, comunicándoo en todo caso ao servizo territorial de Inspección Educativa correspondente. Con datas do 21 e 22 de setembro de 2023, realizáronse as avaliacións iniciais das fillas da reclamante, determinándose a escolarización das alumnas nun curso inferior ao que lles correspondía por idade (2° e 5° de EP). Os resultados destas avaliacións así como a decisión adoptada comunicóuselle á reclamante en reunións mantidas con ela o 25 e 29 de setembro de 2023 e entregándolle copia das avaliacións o 28 de setembro e 5 de outubro de 2023. De acordo coa normativa de aplicación, o equipo docente do grupo realizará unha sesión de avaliación inicial para analizar os datos e a información obtida durante as primeiras sesións lectivas do curso académico, así como outra información relevante da que se dispoña, coa finalidade de adecuar as ensinanzas de cada área ou ámbito ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria do seu proceso de aprendizaxe. Nesta sesión adoptaranse, de forma coordinada, aquelas medidas de apoio, reforzo e recuperación que se consideren oportunas para cada alumna ou alumno, así como as relativas ao axuste do desenvolvemento do currículo. Con data do 27 de outubro de 2023 a reclamante solicitou copia das avaliacións iniciais realizadas ao alumnado dos cursos 3° e 6° EP (cursos aos que lles correspondería estar matriculadas ás súas filias malia que nesa data os seus cursos eran 2° e 5° EP), polo que con data do 16 de novembro de 2023, o secretario do Centro comunicoulle que, debido a que nas actas demandadas existía información sensible doutro alumnado, non se lle podía facilitar unha copia das mesmas, pero si podía solicitar un extracto de ditas actas coa información que fai relación unicamente ás súas filias. Indica o informe que nas actas de avaliación inicial, figuran as medidas de apoio, reforzo e recuperación que se consideren oportunas para cada alumna ou alumno, o que na maioría dos casos implica a existencia de datos de menores con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) ou necesidades educativas especiais (NEE) polo que estariamos ante datos especialmente protexidos de acordo coa normativa de protección de datos de carácter persoal Con data do 21 de novembro de 2023, a reclamante solicitou copia íntegra das actas de avaliación inicial, por entender que nas mesmas pode conterse información que considera relevante. Nesta solicitude faise referencia a un correo de contestación remitido polo director no que se lle indicaba á reclamante a diferencia entre a avaliación inicial individual realizada ás súas filias ao incorporarse ao centro por ser alumnado procedente do estranxeiro, da avaliación inicial colectiva realizada a todo o alumnado. Considera que a reclamante confundiu as dúas avaliacións dado que demanda as actas de avaliación inicial. Con data do 27 de novembro de 2023, asinouse un certificado polo secretario do centro no que se transcribiu o referido ás súas filas nas respectivas sesións de avaliación inicial, que se lle comunicou con data do 30 do mesmo mes. De acordo co anterior, considera o informe que o centro contestou a todas as solicitudes presentadas pola reclamante referidas á documentación das súas filias, facilitando esa información tanto nas diferentes xuntanzas con membros do profesorado como coa entrega de copia dos documentos requiridos. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, á interesada notificóuselle a resolución con data do 30 de Novembro de 2023 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 14 de Decembro de 2023, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso ás copias íntegras das actas das reunións de avaliación inicial de 3º e 6º de educación primaria e se lle remitiu un extracto das actas de 2º e 5º de educación primaria, considerando ademais que o extracto que se lle facilita carece do contido esencial e necesario das actas das reunións efectuadas, como é o número de folla/folio, data, participantes nas devanditas reunións, acordos adoptados e no seu caso a correspondente motivación dos mesmos e descoñece se o órgano colexiado constituíuse conforme a dereito. No informe da Consellería, faise constar que a reclamante solicitou a escolarización das súas filla no centro educativo para os cursos 3° e 6° de educación primaria, e dado que se trataba de alumnado procedente do estranxeiro, de cordo coa normativa que lle é de aplicación, e tras a correspondente avaliación, escolarizáronse no curso inmediatamente inferior ao que lle correspondería por idade. O centro remitiulle á reclamante os resultados das avaliacións e a decisión adoptada, entregándolle copia das avaliacións. Tras a solicitude da reclamante de que se lle remitira copia das avaliacións iniciais realizadas ao alumnado dos cursos 3° e 6° EP (cursos aos que lles correspondería estar matriculadas ás súas filias malia que foron matriculadas nos cursos 2° e 5° EP), se lle remitiu extracto das mesmas coa información que facía unicamente referencia ás súas fillas, por existir nas actas información sensible doutro alumnado (medidas de apoio, reforzo e recuperación que se consideren oportunas para cada alumna ou alumno, o que na maioría dos casos implica a existencia de datos de menores con necesidades específicas de apoio educativo ou necesidades educativas especiais), que son datos especialmente protexidos. No relativo á protección de datos de carácter persoal, o artigo 15 da Lei 19/2013, establece que se a información solicitada contén datos persoais que revelen a ideoloxía, afiliación sindical, relixión ou crenzas, o acceso unicamente poderase autorizar no caso de que se contase co consentimento expreso e por escrito do afectado, agás que o afectado fixese manifestamente públicos os datos con anterioridade a que se solicitase o acceso, e se fan referencia á orixe racial, á saúde ou á vida sexual, datos xenéticos ou biométricos ou datos relativos á comisión de infraccións penais ou administrativas unicamente se pode autorizar si se conta co consentimento expreso do afectado ou se está amparado por unha norma con rango de Lei. Con carácter xeral, a Lei establece que se concedera o acceso a información que conteña datos meramente identificativos relacionados coa organización, funcionamento ou actividade pública do órgano, salvo que no caso concreto prevaleza a protección de datos persoais ou outros dereitos constitucionalmente protexidos sobre o interese público na súa divulgación. Nos casos nos que a información solicitada non contivese datos especialmente protexidos, concederase o acceso previa ponderación suficientemente razoada do interese público na divulgación e os dereitos dos afectados, en particular o seu dereito fundamental á protección de datos de carácter persoal e para a citada ponderación, tomarase en consideración particularmente menor prexuízo aos afectados e a maior garantía dos dereitos dos afectados no caso de que os datos contidos no documento poidan afectar á súa intimidade ou á súa seguridade, ou se refiran a menores de idade. No presente caso, na información solicitada, existe información sensible que afecta de forma clara a intimidade dos afectados, que se refiren á existencia de menores con necesidades específicas que por estes motivos necesitan medidas de apoio, reforzo e recuperación, que son datos especialmente protexidos. Considérase por tanto que a ponderación se realizou polo centro de forma correcta, remitíndoselle unicamente o extracto das actas cos resultados das avaliacións correspondentes unicamente ás súas fillas, que é a información relevante para que a reclamante poida coñecer como se adoptou una decisión pública que afecta ás súas fillas, garantíndose desta forma o seu dereito de acceso e protexendo ao mesmo tempo do coñecemento público, as circunstancias e os dereitos do demais alumnado cuxa información persoal figura nas referidas actas. De acordo co anterior, procede a desestimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Desestimar a reclamación presentada por XXX con data do 14 de Decembro de 2023, contra a Resolución do Secretario do CEIP Plurilingüe XXX de data 30 de novembro de 2023, pola que se resolve a súa solicitude de data 30 de outubro de 2023, de acceso ás copias íntegras das actas das reunións de avaliación inicial de dúas alumnas do referido centro. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.