El interesado solicitó al Concello de Abadín el expediente de declaración de ruina de un inmueble. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación alegando falta de respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento concedió el acceso a la información posteriormente, aunque fuera de plazo.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición.
3
Se constata que el Concello de Abadín no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4
La administración dictó posteriormente un Decreto concediendo el acceso a la información solicitada, excluyendo los datos de carácter personal.
5
La reclamación se estima por motivos formales debido a que el acceso fue finalmente concedido, sin perjuicio de que el interesado recurra la resolución expresa si no está conforme con la exclusión de datos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 9 de febreiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 9 de
Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por
silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Abadín con data 4
de decembro de 2023, na que interesaba acceder ao expediente administrativo aberto con
motivo da instancia de declaración de ruína do inmoble con referencia catastral XXX, iniciado
por Decreto da Alcaldía XXX de 27.02.2023.
XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude asinada con certificado dixital e do seu DNI.
Segundo. Con data do 23 de Xaneiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Abadín para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 28 de febreiro de 2024, o Concello de Abadín remite copia do
expediente sen remitir o informe sobre a reclamación solicitado. Na copia do expediente
figura resolución ditada polo Concello de concesión do acceso á información solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 27 da Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 27.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece
o artigo 27.4 da Lei 1/2016, remitindo a información ao solicitante, segundo consta no
expediente remitido, con posterioridade á presentación da reclamación ante esta Comisión,
polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante solicitou acceso á documentación dun expediente aberto como consecuencia
da solicitude de declaración de ruína dun inmoble que identifica coa súa referencia catastral.
O Concello non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero con data do 26
de Febreiro de 2024, ditou Decreto polo que se concede acceso á información solicitada,
previa exclusión dos datos de carácter persoal.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen
prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 9 de
xaneiro de 2024, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude
presentada perante o Concello de Abadín con data 4 de decembro de 2023, na que interesaba
acceder ao expediente administrativo aberto con motivo da instancia de declaración de ruína
do inmoble con referencia catastral XXX, iniciado por Decreto da Alcaldía XXX de 27.02.2023.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.