Estimada 09/04/2024 · 78 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de O Grove sobre documentación urbanística y ambiental

El interesado solicitó al Concello de O Grove acceso a documentación urbanística y ambiental de dos comercios. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, la cual estima la reclamación e insta al Ayuntamiento a proporcionar la información en un plazo de 10 días hábiles.

Puntos clave de la argumentación

1 Se produce una denegación por silencio administrativo al no obtener respuesta a la solicitud de acceso a la información pública formulada el 9 de diciembre de 2023.
2 La administración no aportó la información solicitada ni el expediente correspondiente tras el traslado efectuado por la Comisión el 5 de febrero de 2024.
3 La resolución insta al órgano administrativo a responder respetando los límites de confidencialidad y protección de datos establecidos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 22 de Xaneiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 22 de Xaneiro de 2024 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información pública formulada ante o Concello de O Grove o 9 de decembro de 2023, na que interesaba a vista da documentación urbanística e ambiental relativa a dous establecementos comerciais O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 5 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de O Grove para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de Febreiro de 2024, sen que se recibise a información solicitada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXXHaga clic aquí para escribir texto. con data do 22 de Xaneiro de 2024, contra a denegación desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información pública formulada ante o Concello de O Grove o 9 de decembro de 2023, na que interesaba a vista da documentación urbanística e ambiental relativa a dous establecementos comerciais. Segundo: Instar ao Concello de O Grove, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de O Grove a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.