Una ciudadana solicitó al Concello de O Rosal documentación sobre contratos menores de visitas guiadas (2022-2023). Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento respondió fuera de plazo y con posterioridad a la interposición del recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible por haberse presentado en plazo, considerando que contra las resoluciones presuntas se pueden interponer recursos en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
El Concello de O Rosal incumplió el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016 para resolver la solicitud de acceso a la información.
3
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la administración notificó la resolución el 29 de enero de 2024, fecha posterior a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
4
La resolución deja a salvo el derecho de la interesada a presentar una nueva reclamación contra el contenido de la resolución expresa emitida por el Ayuntamiento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 26 de xaneiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de abril de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 26
de xaneiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por
silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información pública formulada ante o
Concello de O Rosal o 30 de novembro de 2023, na que interesaba determinada
documentación relativa ao contrato menor outorgado nos anos 2022 e 2023 para a realización
de visitas guiadas ós Muíños do Folón e do Picón.
A reclamante indicaba que solicitou información sobre os contratos menores adxudicados
para os servizos de visitas guiadas e atención na oficina de información turística durante a
Semana Santa, e proporcionando só visitas guiadas na tempada de verán, aos muíños do Folón
e do Picón con indicación do Importe total adxudicado, servizos incluídos no contrato
(cantidade/número de visitas, duración, etc.), data de formalización, prazo de execución sen
obter a información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 5 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Concello de O Rosal para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con datas do 5 de xaneiro de 2024 o Concello de O Rosal, remite copia do expediente
no que figura resolución da solicitude de acceso á información notificada con data do 29 de
xaneiro de 2024 á interesada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha
reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa
a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que
se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 27.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos. 4
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións,
do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da
Lei 19/2013.O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou
presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con
carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de O Rosal non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, remitindo a información á solicitante con posterioridade
á presentación da reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A reclamante solicitou acceso á documentación relacionada cun contrato menor outorgado
nos anos 2022 e 2023 para a realización de visitas guiadas.
O Concello de O Rosal non resolveu dentro do prazo que establece a Lei, a solicitude de acceso
á información, pero con posterioridade a solicitude de acceso foi resolta e comunicada con
data do 29 de xaneiro de 2024 á interesada.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen
prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser
analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por Dª. XXX con data do 26 de
xaneiro de 2024, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude de
acceso á información pública formulada ante o Concello de O Rosal o 30 de novembro de 2023,
na que interesaba determinada documentación relativa ao contrato menor outorgado nos
anos 2022 e 2023 para a realización de visitas guiadas ós Muíños do Folón e do Picón.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-6
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.