Estimada 09/04/2024 · 69 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Ourense sobre un acuerdo de expropiación de terrenos en las riberas del río Miño, resuelta como estimada por motivos formales

El solicitante pidió al Concello de Ourense copia de un acuerdo de 1993 sobre expropiaciones en las riberas del río Miño. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento acabó facilitando la documentación el 4 de abril de 2024, tras iniciarse el procedimiento.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión de Transparencia de Galicia es el órgano competente para resolver reclamaciones contra entidades locales gallegas según la disposición adicional quinta de la Ley 1/2016.
2 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición.
3 Se admite la reclamación por presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
4 La reclamación se estima por motivos formales debido a que el Concello de Ourense finalmente notificó la resolución expresa y entregó la documentación solicitada durante la tramitación de la reclamación.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 31 de xaneiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 31 de xaneiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data do 29 de decembro de 2023, na que interesaba copia do acordo subscrito entre ese concello e a Comunidade de propietarios 24 e 26 da Rúa XXX, sobre á expropiación de terreos con motivo das obras de acondicionamento das ribeiras do río Miño. XXX indicaba que solicitou acceso ao acordo subscrito entre o Concello de Ourense e a Comunidade de propietarios 24 e 26 da Rúa XXX, sobre á expropiación de terreos con motivo das obras de acondicionamento das ribeiras do río Miño, sen obter resposta. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada con certificado dixital. Segundo. Con data do 5 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 21 de febreiro de 2024 o Concello de Ourense, remitiu informe e copia do expediente . No informe en resumo, indica que o interesado solicitou copia do acordo do ano 1993, entre o Concello e a comunidade de propietarios da rúa XXXX (actualmente XXX), números 24 e 26, relativa a unha expropiación de terreos derivada dunhas obras de acondicionamento das ribeiras do Miño. A solicitude non se resolveu en prazo por canto, dada a antigüidade da documentación solicitada, de momento non puido ser localizada nos arquivos municipais, téndose procedido á súa busca nos arquivos de xestión de diferentes departamentos administrativos e no arquivo central, sen resultado. Igualmente, procedeuse á revisión das actas do Pleno da Corporación e da Comisión de Goberno correspondentes ao mes de decembro de 1993, sen que conste nas mesmas ningún acordo relativo á comunidade de propietarios indicada. Dende o Servizo de Infraestruturas estanse a rematar os traballos de localización da documentación e unha vez rematados, e en función do seu resultado, procederase a resolver a solicitude. Cuarto. Con data do 8 de abril de 2024 de 23024, o Concello remite informe complementario ao informe remitido con data do 21 de febreiro de 2024, comunicando que, unha vez localizada polo Servizo de Infraestruturas a documentación, remíteselle ao reclamante copia do acordo de decembro de 1993 coa comunidade de propietarios da rúa XXX -actualmente, XXX -números 24 e 26, relativa a unha expropiación de terreos derivada dunhas obras de acondicionamento das ribeiras do Miño. Consta recibida a documentación polo interesado con data do 4 de abril de 2024. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 237 da Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 237.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo dun mes que establece a Lei, debido á imposibilidade de atopar a información solicitada, pero remitiu a documentación que foi recibida polo reclamante o 4 de abril de 2024, unha vez que o interesado tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso a un acordo subscrito entre o Concello de Ourense e unha Comunidade de propietarios sobre a expropiación de terreos con motivo das obras de acondicionamento das ribeiras do río Miño. O Concello, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentara reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por XXX desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante o Concello de Ourense con data do 29 de decembro de 2023, na que interesaba copia do acordo subscrito entre ese concello e a Comunidade de propietarios 24 e 26 da Rúa XXX, sobre á expropiación de terreos con motivo das obras de acondicionamento das ribeiras do río Miño. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.