El interesado solicitó a la Universidad de Santiago de Compostela (USC) acceso al expediente de un procedimiento de acoso en el que fue denunciado. Alegó tener un interés directo y personal según el protocolo interno. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque la información contiene datos sensibles y carece de interés general.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue admitida a trámite al verificarse que se presentó en el último día del plazo legal mediante correo certificado.
2
La Comisión declina valorar el cumplimiento de las obligaciones de notificación del protocolo interno de la USC por carecer de competencia sobre normas internas universitarias.
3
Se determina que el expediente contiene datos sensibles de terceros cuya anonimización es inviable sin revelar la identidad de los autores en el contexto del conflicto.
4
La información solicitada carece de relevancia para el conocimiento del funcionamiento objetivo de la Administración o de sus políticas públicas, tratándose de un conflicto interpersonal.
5
Prevalece la protección de la intimidad y la indemnidad de las víctimas sobre el derecho de acceso, ya que el daño potencial a las denunciantes es mayor que el beneficio público de la divulgación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 29 de Xaneiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 31
de Xaneiro de 2024 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 20 de decembro de
2023, da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela pola que se desestima
a solicitude presentada con data do 5 de decembro de 2023, de acceso a copia do expediente
XXX.
XXX indicaba que a resolución recorrida o considera un terceiro e en base ao establecido no
Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo,
orientación sexual e identidade de xénero da Universidade de Santiago de Compostela, e
desestima a súa solicitude de acceso ao expediente. Indica o reclamante que de acordo co
disposto no artigo 22 do protocolo, a Secretaria Xeral ten obriga de notificar a finalización das
actuacións da Comisión da Avaliación de Conflitos ás mesmas persoas que se lle comunicou o
inicio das mesmas, contendo aos meros efectos informativos, unha indicación das ulteriores
actuacións que se inicien sobre os feitos ou a súa conclusión definitiva das actuacións, polo
que ten un interese directo, persoal e individual no actuado, interese que é distinto da
situación xurídica que outros cidadáns poden ter respecto de a mesma cuestión. Equivale á
titularidade potencial dunha posición de vantaxe ou dunha utilidade xurídica por parte de
quen exercita a pretensión e que se materializaría de prosperar esta.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 5 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Universidade de Santiago de Compostela para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 6 de Febreiro de 2024
Terceiro. Con data do 23 de Febreiro de 2024 a Universidade de Santiago de Compostela
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei
19/2013 a reclamación en materia de Transparencia debe interporse dentro do prazo dun mes
dende a notificación da resolución, e no presente caso, considera que a presentación do
recurso potestativo contra este acto ante perante a Comisión de Transparencia produciuse
fora de prazo, polo que debería terse inadmitido a trámite por extemporáneo.
Respecto ao fondo do asunto, trátase dun expediente incoado ao abeiro do Protocolo de
acoso da Universidade, que establece entre os seus principios de actuación e garantías do
procedemento que se actuará coa máxima dilixencia ante o coñecemento dun suposto caso
de acoso, garantindo o segredo de todas as actuacións realizadas no correspondente
protocolo de actuación.
Así mesmo, a cláusula 11ª do Protocolo establece entre os seus principios e garantías de
procedemento o de confidencialidade, que obriga a toda persoa con competencias nas
distintas fases do procedemento e a quen participe ou teña acceso a el, a gardar segredo e,
a quen lle corresponda, a custodiar e protexer os expedientes tramitados. O incumprimento
desta obriga supón incorrer nunha infracción administrativa ou nun ilícito penal. Tamén
débese ter en conta o principio de garantía de indemnidade, que establece que a USC debe
asegurar o respecto aos dereitos de todas as persoas que participen na aplicación do
protocolo e garantirá a indemnidade das vítimas, prohibindo calquera trato adverso ou efecto
negativo derivado da presentación dunha queixa, demanda ou recurso, destinados a impedir
ou mitigar o acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual ou identidade de
xénero.
Respecto da normativa en materia de Transparencia debese ter en conta o disposto no artigo
14.1.e) referido á prevención, investigación y sanción de los ilícitos penais, administrativos o
disciplinarios.
No presente caso, se esta a solicitar un expediente tramitado como consecuencia de que dúas
investigadoras en formación da USC, formularon sendas denuncias contra o recorrente ao
abeiro do referido Protocolo. Nese expediente entre os actos de instrución, deuse trámite de
audiencia e toma de declaración das denunciantes e do denunciado para, finalmente, arquivar
o expediente por perder a persoa denunciada a súa vinculación coa USC.
Nas declaracións figuran datos sensibles de terceiros que non poden ser obxecto de
transmisión á cidadanía e no caso de anonimizalos, sería facilmente determinable a súa
autoría no contexto en que as manifestacións foron formuladas.
Dende a perspectiva de acceso ao expediente por calquera cidadán, as manifestacións
realizadas ao abeiro dunha instrución nun caso concreto con tres persoas afectadas (dúas
denunciantes e un denunciado) carecen de relevancia para o cumprimento dos principios
reitores da lexislación de transparencia, en particular do coñecemento do funcionamento da
Administración Universitaria e do seu funcionamento obxectivo e transparente. Trátase dun
conflito interpersoal que non ten transcendencia nin se expande á necesidade do
coñecemento das políticas publicas, que é o que debe salvagardar a normativa de
transparencia.
Ponderando os intereses en xogo, tendo en conta que a información carece de interese xeral
e afecta exclusivamente a un conflito entre tres persoas concretas, non considera que a
información deba ser obxecto de comunicación pública. A información non afecta ao
coñecemento de políticas públicas nin sobre o funcionamento da Administración nin
tampouco de datos declarados “públicos”, nin se trata de información que deba ser obxecto
de publicidade activa.
Tendo en conta a o contido das manifestacións, a imposibilidade de anonimización de datos
persoais e de determinados datos sensibles que figuran no expediente, e ponderando entre o
interese xeral da USC de salvagardar a información confidencial deste expediente e o de
calquera cidadán no seu dereito de acceso á información, a Universidade debe decantarse en
favor de non revelar tal documentación dado que é maior o dano que se podería causar nas
persoas denunciantes que o beneficio derivado do interese da cidadanía en obter esta
documentación, ademais de que o acceso a ela contraviría tanto os principios de actuación
como os principios e garantías do procedemento que se establecen no Protocolo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, o interesado tivo acceso á resolución con
data do 29 de decembro de 2023, e a reclamación se interpuxo, de acordo co selo de
certificado de correos o 29 de xaneiro de 2024, debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou o acceso a un expediente aberto pola Universidade en aplicación do Protocolo
de Prevención e Actuación fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación
sexual e identidade de xénero, como consecuencia de denuncias presentadas por súas
persoas contra o reclamante. No dito expediente, tras a realización de trámites de instrución,
procedeuse ao seu arquivo por perder a persoa denunciada a súa vinculación coa
Universidade.
Non procede entrar a valorar por esta Comisión como pretende o reclamante, se a Secretaría
Xeral da Universidade ten obriga ou non, de acordo co protocolo, de notificar a finalización
das actuacións da Comisión da Avaliación de Conflitos ás mesmas persoas que se lle
comunicou o inicio das mesmas, ao ser esta unha norma interna da Universidade sobre a que
esta Comisión carece de competencias para intervir.
Respecto da alegación da Universidade de que a reclamación de be inadmitirse por
extemporánea, tal e como se indica no fundamento xurídico cuarto deste informa, non
procede tal inadmisión por canto a reclamación presentouse en na oficina de Correos, o
último día de prazo, polo que non procede a súa inadmisión.
Na resolución impugnada e no informe remitido pola Universidade, se xustifica que o
protocolo de acoso, establece que a Universidade actuará coa máxima dilixencia ante o
coñecemento dun suposto caso de acoso, garantindo o segredo de todas as actuacións
realizadas que obriga a toda persoa intervinte no procedemento e a custodia e protección dos
expedientes tramitados, con especial garantía do respecto aos dereitos de todas as persoas
que participen na aplicación do protocolo e á indemnidade das vítimas para evitar calquera
trato adverso ou efecto negativo derivado da presentación dunha queixa, demanda ou
recurso nesta materia.
O expediente obxecto da solicitude, tramitouse como consecuencia de dúas denuncias
presentadas ao amparo do referido Protocolo, consistindo os actos de instrución en trámites
de audiencia e toma de declaración das denunciantes e do denunciado, e procedéndose ao
arquivo do expediente por perder a persoa denunciada a súa vinculación coa USC.
De acordo coa resolución impugnada e o informe remitido, no expediente figuran datos
sensibles de terceiros que no caso de anonimizarse, sería facilmente determinable a súa
autoría no contexto en que as manifestacións foron formuladas.
As manifestacións realizadas nos tramites de audiencia e declaracións, carecen de relevancia
aos efectos do coñecemento da actuación da Universidade, tratándose dun conflito
interpersoal sen transcendencia no funcionamento da Institución, carecendo a información
de interese xeral ao non afectar ao coñecemento de políticas públicas, funcionamento da
Administración, nin tratarse de información que deba ser obxecto de publicidade activa.
Por estes motivos, no test do dano e test do interese público, considera a Universidade que
debe prevalecer o interese xeral da USC de salvagardar a información confidencial deste
expediente e o de calquera cidadán no seu dereito de acceso á información, dado que é maior
o dano que se podería causar nas persoas denunciantes que o beneficio derivado do interese
da cidadanía en obter unha documentación que unicamente contén información referente a
un conflito interpersoal.
No relativo á protección de datos de carácter persoal, o artigo 15 da Lei 19/2013, establece
que se a información solicitada contén datos persoais que revelen ideoloxía, afiliación sindical,
relixión ou crenzas, o acceso unicamente poderase autorizar no caso de que se conte co
consentimento expreso e por escrito do afectado, agás que o afectado fixese manifestamente
públicos os datos con anterioridade a que se solicitase o acceso, e se fan referencia á orixe
racial, á saúde ou á vida sexual, datos xenéticos ou biométricos ou datos relativos á comisión
de infraccións penais ou administrativas unicamente se pode autorizar si se conta co
consentimento expreso do afectado ou se está amparado por unha norma con rango de Lei.
Nos casos nos que a información solicitada non conteña datos especialmente protexidos,
concederase o acceso previa ponderación suficientemente razoada entre o interese público
na divulgación e os dereitos dos afectados. Entre os criterios que establece a Lei para a
ponderación, esta a maior garantía dos dereitos dos afectados no caso de que poidan afectar
á súa intimidade ou á seguridade das persoas implicadas.
No presente caso, considérase que a ponderación realizada pola Universidade é correcta, por
canto o contido da información solicitada non permite coñecer como se toman as decisións
por parte da Universidade que afectan aos traballadores e alumnos que con ela se relaciona,
nin como manexa os fondos públicos ou baixo que criterios actúa esa Institución, polo que
non pode prevalecer o dereito de coñecer unha información sobre unha situación particular,
sobre a necesaria protección da información referida a persoas que foron parte nun
procedemento aberto por denuncias en materia de acoso
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Única: Desestimar a reclamación presentada por XXX con data do 29 de Xaneiro de 2024,
contra a Resolución do 20 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Universidade de
Santiago de Compostela pola que se desestima a solicitude presentada con data do 5 de
decembro de 2023, de acceso a copia do expediente XXX.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.