El interesado solicitó a la Consellería de Facenda e Administración Pública copia de su examen corregido y de los de los aspirantes aprobados en un proceso selectivo de ingeniería técnica. Tras no recibir respuesta y presentar reclamación, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la solicitud por ser el reclamante interesado en un procedimiento administrativo en curso.
Puntos clave de la argumentación
1
La Disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa del procedimiento administrativo común es la aplicable al acceso de quien tenga la condición de interesado en un procedimiento en curso.
2
Para aplicar dicha exclusión del régimen de transparencia deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento específico, que el reclamante sea interesado y que el procedimiento esté en curso.
3
La Comisión determina que concurren los tres requisitos previos ya que el solicitante es participante en un proceso selectivo activo.
4
Se concluye que la solicitud de acceso a los exámenes debe tramitarse según las normas del procedimiento selectivo y no a través de la ley de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 1 de febreiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 1 de
Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Facenda e
Administración Pública con data 23 de decembro de 2023, na que interesaba obter copia da
súa proba corrixida e das probas corrixidas dos aspirantes que superaron o exercicio
correspondente ao proceso selectivo do subgrupo A2, escala de enxeñería técnica,
especialidade de enxeñería técnica industrial, acceso libre, convocado por Resolución de 16
de decembro de 2021.
XXX indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude de asinada con certificado dixital polo
reclamante.
Segundo. Con data do 5 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 27 de Febreiro de 2024
Terceiro. Con data do 7 de Marzo de 2024 a Consellería de Facenda e Administración Pública
contesta a petición remitindo o informe solicitado.
Neste informe, en resumo, indícase que a Dirección Xeral de Función Pública conta cun
protocolo de actuación respecto das solicitudes que, no transcurso dun proceso selectivo,
poidan realizar da copia do seu exame ou do exame doutras persoas aspirantes. De acordo co
protocolo, aos persoas aspirantes que o soliciten se lles entrega copia do seu exame por vía
telemática, e no caso de que solicite en vía de alegacións ou vía de recurso, o acceso a copias
de exames doutros persoas aspirantes, se lle cita para a vista dos mesmos debidamente
anonimizados e se lle permite que tome nota e se lle dan as explicacións pertinentes por parte
do Tribunal respecto do contido do seu exame en comparación co resto dos mesmos.
No presente caso o aspirante asistiu á cita concertada o 26 de febreiro de 2024, e déuselle
vista dos exames, permitíndoselle que tomase notas e recibiu as explicacións pertinentes por
parte do Tribunal.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido
no artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX presentou, nun procedemento selectivo de persoal no que ten a condición de interesado
por ser participante no mesmo, unha solicitude de acceso ao seu exame coas correccións
realizadas e a copia dos exames realizados polas persoas aspirantes que superaron o exercicio,
coas correccións nelas realizadas.
No informe remitido pola Dirección Xeral faise constar que no presente caso, aplicouse o
protocolo con que conta a Dirección Xeral no caso de solicitudes de acceso a documentación
dos procesos selectivos por parte de persoas participantes nos mesmos, dando vista ao
aspirante da documentación solicitada.
Como xa se manifestou por esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia
que agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do artigo 13 en relación co artigo
12, a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo
Goberno recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a información pública en mans dos
organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación (artigo 2). A dita norma, indica
na súa Disposición adicional primeira parágrafo primeiro, que a normativa reguladora do
correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen
teña a condición de interesado nun procedemento administrativo en curso aos documentos
que se integren no mesmo.
Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, o reclamante
debe ser interesado no mesmo e terceiro, o procedemento debe estar en curso. Analizando
estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se realiza a
solicitude concorren estes requisitos no caso que nos ocupa, xa que o reclamante, na súa
condición de interesado nun procedemento selectivo en curso, presentou unha solicitude de
acceso a determinados exames do dito proceso, solicitude que debe tramitarse polas normas
do dito procedemento.
De acordo co anterior procede a inadmisión da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX presentada con data do 1 de febreiro de
2024, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada
perante a Consellería de Facenda e Administración Pública con data 23 de decembro de 2023,
na que interesaba obter copia da súa proba corrixida e das probas corrixidas dos aspirantes
que superaron o exercicio correspondente ao proceso selectivo do subgrupo A2, escala de
enxeñería técnica, especialidade de enxeñería técnica industrial, acceso libre, convocado por
Resolución de 16 de decembro de 2021.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Xosé Porteiro García
Vicepresidenta da Comisión da Transparencia.