Inadmitida 09/04/2024 · 68 días en resolverse

Inadmisión de reclamación de acceso a exámenes de proceso selectivo por ser el solicitante interesado en procedimiento administrativo en curso

El solicitante pidió a la Consellería de Facenda e Administración Pública copia de su examen corregido y de los de los aspirantes aprobados en un proceso selectivo de ingeniería industrial. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque el solicitante es interesado en un procedimiento administrativo en curso.

Puntos clave de la argumentación

1 La Disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa del procedimiento administrativo común es la aplicable al acceso de interesados en un procedimiento en curso a los documentos que lo integren.
2 Para aplicar dicha exclusión del régimen de transparencia deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento específico, condición de interesado del reclamante y que el procedimiento esté en curso.
3 La Comisión determina que, al ser el reclamante participante en un proceso selectivo activo, su solicitud de acceso a los exámenes debe tramitarse por las normas de dicho procedimiento y no por la ley de transparencia.
4 Se admite la reclamación por presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 1 de febreiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 1 de Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Facenda e Administración Pública con data 23 de decembro de 2023, na que interesaba obter copia da súa proba corrixida e das probas corrixidas dos aspirantes que superaron o exercicio correspondente ao proceso selectivo do subgrupo A1, escala de enxeñería, especialidade de enxeñería industrial, acceso libre, convocado por Resolución de 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17-12-2021). XXX indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude de asinada con certificado dixital polo reclamante. Segundo. Con data do 5 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 27 de Febreiro de 2024 Terceiro. Con data do 22 de Marzo de 2024 a Consellería de Facenda e Administración Pública contesta a petición remitindo o informe solicitado. Neste informe, en resumo, indícase que a Dirección Xeral de Función Pública conta cun protocolo de actuación respecto das solicitudes que, no transcurso dun proceso selectivo, poidan realizar da copia do seu exame ou do exame doutras persoas aspirantes. De acordo co protocolo, aos persoas aspirantes que o soliciten se lles entrega copia do seu exame por vía telemática, e no caso de que solicite en vía de alegacións ou vía de recurso, o acceso a copias de exames doutros persoas aspirantes, se lle cita para a vista dos mesmos debidamente anonimizados e se lle permite que tome nota e se lle dan as explicacións pertinentes por parte do Tribunal respecto do contido do seu exame en comparación co resto dos mesmos. No presente caso o aspirante asistiu á cita concertada o 14 de marzo de 2024, e déuselle vista dos exames, permitíndoselle que tomase notas e recibiu as explicacións pertinentes por parte do Tribunal. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX presentou, nun procedemento selectivo de persoal no que ten a condición de interesado por ser participante no mesmo, unha solicitude de acceso ao seu exame coas correccións realizadas e a copia dos exames realizados polas persoas aspirantes que superaron o exercicio, coas correccións nelas realizadas. No informe remitido pola Dirección Xeral faise constar que no presente caso, aplicouse o protocolo con que conta a Dirección Xeral no caso de solicitudes de acceso a documentación dos procesos selectivos por parte de persoas participantes nos mesmos, dando vista ao aspirante da documentación solicitada. Como xa se manifestou por esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia que agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do artigo 13 en relación co artigo 12, a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a información pública en mans dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación (artigo 2). A dita norma, indica na súa Disposición adicional primeira parágrafo primeiro, que a normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesado nun procedemento administrativo en curso aos documentos que se integren no mesmo. Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, o reclamante debe ser interesado no mesmo e terceiro, o procedemento debe estar en curso. Analizando estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se realiza a solicitude concorren estes requisitos no caso que nos ocupa, xa que o reclamante, na súa condición de interesado nun procedemento selectivo en curso, presentou unha solicitude de acceso a determinados exames do dito proceso, solicitude que debe tramitarse polas normas do dito procedemento. De acordo co anterior procede a inadmisión da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por XXX presentada con data do 1 de febreiro de 2024, contra a desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude presentada perante a Consellería de Facenda e Administración Pública con data 23 de decembro de 2023, na que interesaba obter copia da súa proba corrixida e das probas corrixidas dos aspirantes que superaron o exercicio correspondente ao proceso selectivo do subgrupo A1, escala de enxeñería, especialidade de enxeñería industrial, acceso libre, convocado por Resolución de 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17-12-2021). Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Xosé Porteiro García Vicepresidenta da Comisión da Transparencia.