Estimada 09/04/2024 · 61 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre solicitud de datos estadísticos del profesorado estimada por motivos formales

CIG-Ensino solicitó a la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades datos estadísticos sobre el profesorado. Ante el silencio administrativo, interpuso reclamación. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración concedió el acceso a la información con posterioridad a la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible al haberse interpuesto en plazo contra una resolución presunta derivada del silencio administrativo.
2 Se reconoce el derecho general de acceso a la información pública sin necesidad de que el solicitante motive su petición.
3 La Consellería no resolvió la solicitud en el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4 La resolución de concesión de acceso emitida por la Administración el 22 de febrero de 2024 fue posterior a la presentación de la reclamación.
5 Se estima la reclamación por motivos formales debido a la falta de respuesta oportuna de la Administración.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, en representación da CIG-Ensino, mediante escrito do 8 de febreiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, en representación da CIG-Ensino, presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 8 de Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada con data do 2 de outubro de 2023, de acceso aos datos estatísticos do número total e segregados por xénero de profesorado con indicación de corpo, especialidade e situación administrativa, profesorado que ocupa un cargo directivo por corpo e profesorado que ten redución de xornada por garda legal ou excedencia por coidado de familiares. XXX indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.. O escrito viña acompañado de copia da solicitude asinada con certificado dixital da interesada e o seu DNI. Pola Secretaría da Comisión da Transparencia de Galicia, con data do 9 de febreiro de 2024, solicitóuselle a acreditación da representación da organización sindical que din ostentar. Coa mesma data, a interesada remitiu certificado da secretaría do sindicato na reclamante para a solicitude dos referidos datos estatísticos. Segundo. Con data do 9 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 1 de marzo de 2024, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades remite oficio no que comunica que o con data do 22 de febreiro de 2024, emitiuse unha resolución de concesión de acceso á información á reclamante, que foille notificada e recepcioada no mesmo día. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 237 da Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 237.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, remitindo a información á entidade reclamante, segundo consta no oficio remitido, con posterioridade á presentación da reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A entidade reclamante solicitou acceso aos datos estatísticos do número total e segregados por xénero de profesorado que ocupa un cargo directivo. A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero con data do 22 de Febreiro de 2024, ditou resolución pola que se lle concede acceso á información solicitada.. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen prexuízo de que si a entidade reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados, ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX, en representación da CIG-Ensino con data do 8 de febreiro de 2024, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada con data do 2 de outubro de 2023, de acceso aos datos estatísticos do número total e segregados por xénero de profesorado con indicación de corpo, especialidade e situación administrativa, profesorado que ocupa un cargo directivo por corpo e profesorado que ten redución de xornada por garda legal ou excedencia por coidado de familiares. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.