El solicitante pidió a la Consellería de Economía, Industria e Innovación acceso a expedientes sobre el cese de servicio de tendidos eléctricos. Alegó que solo se le dio acceso parcial a la información. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, instando al organismo a comunicar formalmente que la información no existe o no ha sido localizada.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos que consten en poder del sujeto obligado y hayan sido elaborados o adquiridos en ejercicio de sus funciones.
2
Las solicitudes de acceso deben basarse en información ya existente y disponible en el momento de la solicitud.
3
Cuando la información solicitada no existe, ya sea porque la normativa no exigía su elaboración o por su antigüedad, el sujeto obligado cumple su deber indicando claramente al solicitante dicha inexistencia.
4
En este caso, la administración no informó al reclamante de que la documentación sobre el cese de servicio no existía o no pudo ser localizada, incurriendo en una falta de respuesta adecuada.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 2 de Febreiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Pola Consellería de Economía, Industria e Innovación remitiuse con data do 8 de
febreiro de 2024, escrito presentado con data do 2 de febreiro de 2024 por XXX, de
reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 2 de febreiro de 2024 da Xefatura
Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Industria e Innovación pola que se
resolve a súa solicitude de acceso a expedientes das instalacións eléctricas que sobrevoan as
parcelas catastrais XXX e XXX.
XXX indicaba que na resolución que impugna se lle concede acceso aos expedientes nos que
se autorizou o tendido de media tensión que sobrevoan as parcelas, pero non aos expedientes
nos que se acordou o cese do servizo efectivo do tendido e en que data se procedeu ao cese
e quedou en desuso e inoperativa.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 9 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Economía, Industria e Innovación para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
Terceiro. Con data do 25 de marzo de 2024 a Consellería de Economía, Industria e Innovación,
remite informe sobre a reclamación presentada.
Neste informe, en resumo, indícase que a Xefatura Territorial levou a cabo a selección e
consulta detallada de expedientes nos arquivos desta Administración, en un número de
expedientes non determinado a priori, por referir múltiples modificacións sobre a instalación
orixinal e incluso en expedientes anteriores á constitución da Administración Autonómica,
resoltos pola Delegación Provincial de Pontevedra do Ministerio de Industria, o que pode
explicar que parte da documentación xerada na tramitación destes expedientes non se atope
nos arquivos da xefatura territorial. Como resultado do anterior, atopouse o expediente XXX
denominado XXX, tramitado pola Delegación Provincial de Pontevedra do Ministerio de
Industria e con acta de posta en marcha do XXX. O proxecto consiste construción dun centro
de transformación aéreo e, ao mesmo tempo, proxectase o desvío da liña núm. XXX de
Balaídos, obrigado pola construción dunha vivenda baixo o actual trazado. Dito desvío afecta
a dous vanos da liña e implica a colocación dun novo apoio.
Á vista da documentación que consta no mesmo, dedúcese que o expediente corresponde
coa información solicitada polo reclamante en relación á autorización de implantación da liña
media que refire na súa 1ª petición de información.
En relación á solicitude sobre o cese de servizo do tendido, durante as buscas realizadas e que
permitiron atopar o expediente XXX, que responde a parte da documentación solicitada, nada
figura en relación co expediente que solicita o recorrente, sendo a única información
dispoñible a obtida a través da empresa distribuidora UFD en escrito de 17.06.2023 no que
conclúe que a liña non está sen servizo, unicamente hai un van sen servizo que é necesario
para garantir a viabilidade da tensión mecánica, posto que o último apoio en tensión non é un
apoio apto para o fin da liña.
Indica o informe que a lexislación nada refire respecto á obrigatoriedade de autorizar de forma
expresa o cese de servizo dunha instalación, que pode formar parte do conxunto de
actuacións que se desenvolven na execución ou modificación dunha instalación que require
autorización administrativa e en consecuencia autorizase o conxunto. Por tanto, dedúcese
que o cese de servizo do tramo en cuestión, que sobrevoa as referidas parcelas catastrais,
debe atoparse nalgún dos expedientes de modificación de instalacións na zona de Sárdoma-
Lavadores, pero a pesar das indagacións realizadas, nada se atopou nos arquivos desta
xefatura territorial sobre o cese do servizo do tramo referido.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 23 da Lei 1/2016, do 13 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 23.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A resolución impugnada ditouse con data do 3 de xaneiro de 2024 e a reclamación contra a
mesma tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia o 2 de febreiro de 2024, polo que
debe admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX presentou reclamación contra a Resolución da Consellería pola que se lle resolve a súa
solicitude de acceso a expedientes das instalacións eléctricas que sobrevoan determinadas
parcelas catastrais, por considerar que a resolución unicamente lle concede acceso a parte da
súa solicitude e non á totalidade. En concreto non se lle da resposta á solicitude de a
expedientes nos que se acordou o cese do servizo efectivo do tendido e en que data se
procedeu ao cese e quedou en desuso e inoperativa.
De acordo co informe emitido pola Xefatura Territorial da Consellería competente en materia
de industria, levouse a cabo unha consulta nos expedientes que obran na dita xefatura, e
concluíuse que puideron existir múltiples modificacións sobre a instalación orixinal, nos que
non consta expediente específico sobre o cese de servizo do tendido, sendo a única
información dispoñible a obtida a través da empresa distribuidora na que se conclúe que a
liña non está en servizo, sen que fose posible atopar o expediente referido ao cese, e sen que
exista obriga legal de autorizar de forma expresa o mesmo.
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce
a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio das súas
competencias.
No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou
unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio
facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) porque a normativa non o esixe ou porque
pola súa antigüidade non é posible atopala, o suxeito obrigado cumpre, indicando ao
solicitante con claridade, que a información solicitada non existe. De acordo co anterior,
considérase axeitado o informe emitido pola Xefatura Territorial competente no que se indica
que probablemente a información solicitada non existe, e en todo caso, non foi posible
atopala.
No presente caso non consta que se informase ao reclamante que a dita información non
existe ou ben non é posible atopala, polo que procede a estimación da reclamación
presentada. lle dese esa.
En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 8 de Febreiro de 2024,
contra Resolución do 2 de febreiro de 2024 da Xefatura Territorial de Pontevedra da
Consellería de Economía, Industria e Innovación pola que se resolve a súa solicitude de acceso
a expedientes das instalacións eléctricas que sobrevoan as parcelas catastrais XXX e XXX.
Segundo: Instar á Consellería a que comunique ao reclamante os motivos polos que non é
posible darlle acceso á información solicitada de acordo co informe remitido a esta Comisión.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.