El interesado solicitó a la Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) los resultados de la ABAU 2023 desagregados por materias, alegando que faltaba el dato de la desviación media por centro. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena entregar la información, ya que la CIUG no justificó ningún límite legal ni respondió al requerimiento del órgano de control.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible al tratarse de una resolución presunta, permitiendo la interposición de recursos en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
2
La falta de respuesta de la administración al requerimiento de alegaciones no puede afectar a la eficacia del ejercicio del derecho de acceso a la información pública.
3
Ante la ausencia de argumentos en contra por parte de la CIUG, prevalece el interés público al acceso a la información no afectada por límites legales.
4
La administración debe realizar una disociación motivada de datos personales según los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 antes de la entrega de la información.
5
Se advierte que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 9 de Febreiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 9 de
Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18
de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a comunicación da Comisión
interuniversitaria de Galicia (CIUG) sobre a súa solicitude de acceso aos resultados académicos
das probas de avaliación do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) realizadas
durante o mes de xuño de 2023, desagregados por materias.
XXX indicaba que a comunicación que lle remitiron non contiña parte da información
solicitada, como é o dato da desviación media de cada centro nas notas, respecto da nota
media da Comunidade Autónoma. Indica que volveu a solicitar a través de e-mail, sen recibir
resposta .
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 12 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG) para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola Comisión foi o 14 de febreiro de 2024, sen que se remitise o
informe e copia de expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 23 da Lei 1/2016, do 13 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 23.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG) non resolveu a solicitude de acceso á
información, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX presentou reclamación contra a comunicación da Comisión interuniversitaria de Galicia
(CIUG) sobre a súa solicitude de acceso aos resultados académicos das probas de avaliación
do bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) realizadas durante o mes de xuño de
2023, desagregados por materias, porque na resposta que se lle remitiu non se inclúe parte
da información solicitada.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse á CIUG a aportación do seu criterio mediante a
remisión de informe e copia do expediente, que non se recibiu, o que obriga a continuar a
tramitación do expediente sen os seus argumentos.
O feito de que a CIUG non dera contestación á solicitude de informe sobre a reclamación no
marco deste procedemento, dificulta considerablemente o cumprimento da función de
garantía encomendada a esta Comisión, ao non proporcionarlle a valoración que ao órgano
reclamado merecen os motivos nos que se sustenta o recurso, co fin de que poida dispoñer
dos elementos de xuízo necesarios para pronunciarse sobre a procedencia ou non de conceder
o acceso á información solicitada.
Con todo, a falta de resposta ao requirimento de alegacións non pode afectar a eficacia o
exercicio dun dereito de rango constitucional, como é o dereito de acceso á información
pública.
Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese
público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe
aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e,
de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe
prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2
da referida Lei).
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse á CIUG que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrárselle que de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
obriga do Concello de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 9 de Febreiro de 2024, contra
a comunicación da Comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG) sobre a súa solicitude de
acceso aos resultados académicos das probas de avaliación do bacharelato para o acceso á
universidade (ABAU) realizadas durante o mes de xuño de 2023, desagregados por materias.
Segundo: Instar á Comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG) a que, no prazo máximo de 10
días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os
límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no
que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG) a que, no prazo máximo de 15
días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.