Estimada 09/04/2024 · 57 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso al expediente de subvención del Club de Tenis de Mesa Pontevedra y resolución estimatoria

El solicitante pidió a la Secretaría Xeral para o Deporte el expediente de una subvención al Club de Tenis de Mesa Pontevedra y un informe interno. Alegó que la solicitud no era repetitiva ni abusiva. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque la Administración no motivó la inadmisión ni acreditó la existencia de solicitudes previas idénticas.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición.
2 Para inadmitir una solicitud por repetitiva, debe coincidir con peticiones anteriores rechazadas con firmeza o haber sido ya ofrecida la información sin cambios legales o reales.
3 La inadmisión de una solicitud de transparencia actúa como una restricción del derecho y debe motivarse de manera clara, concreta y basada en indicadores objetivos.
4 En el presente caso, no consta en el expediente ninguna solicitud anterior de igual contenido que justifique la calificación de repetitiva o abusiva.
5 La resolución impugnada carece de un esfuerzo de motivación por parte de la Secretaría Xeral, limitándose a alegar la causa de inadmisión sin ponderación razonada.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 12 de febreiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX, presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12 de febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 23 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes pola que se inadmite a súa solicitude de acceso a copia completa do expediente administrativo da subvención outorgada ao Club de Tenis de Mesa Pontevedra, e copia do informe desa Secretaría Xeral do 29/11/2023, no que se propón a inadmisión do seu recurso de reposición por non ser interesado no procedemento nin aducir motivos que puideran afectar ao importe final da subvención recorrida, por resultar a súa solicitude manifestamente repetitiva e adoecer dun carácter abusivo XXX indica no seu escrito que a información é solicitada por primeira vez e que a Resolución conten graves acusacións contra a súa persoa e inadmitindo a trámite a solicitude por considerar que é manifestamente repetitivas ou que ten un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de transparencia da Lei. Segundo. Con data do 15 de Febreiro de 2024, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 8 de Marzo de 2024 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 10 de xaneiro de 2024 , déuselle audiencia ao Club de Tenis de Mesa de Pontevedra, que manifesta a súa oposición a que poida acceder ai expediente por canto é unha persoa allea ao mesmo e esta implicada en multitude de procedementos xudiciais. A Secretaría Xeral para o Deporte emitiu resolución pola que se inadmite a solicitude por ser manifestamente repetitiva e ter un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de Transparencia da Lei. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución con data do 23 de Xaneiro de 2024 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 12 de Febreiro de 2024, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou da Secretaría Xeral para o Deporte acceso ao expediente administrativo dunha subvención outorgada a un club de tenis de mesa e copia dun informe desa Secretaría no que se propón a inadmisión dun recurso de reposición presentado, resolvendo a Secretaría Xeral a inadmisión da solicitude por considerar que a solicitude é repetitiva e ten un carácter abusivo non xustificado coa finalidade de Transparencia da Lei. Respecto do carácter repetitivo da solicitude, non consta no expediente remitido que a mesma solicitude se presentase con anterioridade. O Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno sobre as causas de inadmisión de solicitudes de información repetitiva ou abusiva sinala que para inadmitir tería que coincidir con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou mesmos solicitantes e que fose rexeitada e a resposta adquirise firmeza, ou que, xa se lle tivese ofrecido a información e non houbese modificación real ou legal dos datos ofrecidos no seu momento, así como nos casos nos que o solicitante coñecera de antemán o sentido da resolución por térenselle comunicado nun procedemento anterior polo órgano informante, ou coincida con outra ou outras dirixidas ao mesmo órgano en períodos de tempo inferiores aos prazos de tramitación legalmente previstos, de tal forma que as solicitudes presentadas previamente non tiveran rematado a súa tramitación. Igualmente sería manifestamente repetitiva se se tratara dun asunto de resposta imposible, ben polo contido ou por razóns de competencia e así se lle notificase e xustificara ao solicitante da información. Non debe obviarse o especial coidado e deber de motivación que deben ter os suxeitos obrigados para acudir ás causas de inadmisión. Unha mala interpretación das mesmas privaría da suficiente motivación dun límite e a necesaria ponderación que sen dúbida debe facerse cando se trata de excepcións ao dereito de acceso á información por concorrencia con outros dereitos ou bens ou intereses. En consecuencia, hai que partir de que as causas de inadmisión expresadas no artigo 18 da Lei 19/2013, operan como restricións. Por iso, a inadmisión debe abordarse como unha restrición que debe motivarse de maneira clara e concreta para cada suposto concreto con especial coidado, dado que unha mala aplicación dunha causa de inadmisión priva da suficiente motivación dun límite e a necesaria ponderación que debe facerse cando se trata de excepcións ao dereito de acceso á información. A Administración que aplique esta causa de inadmisión debe, como ocorre ante calquera outra, motivar debidamente a súa resolución cunha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos. No presente caso, non consta solicitude algunha anterior e de igual contido por parte do reclamante, nin consta o mais mínimo esforzo por parte da Secretaría Xeral de motivar a inadmisión da resolución, na que unicamente se limita a alegar a causa. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX, con data do 12 de febreiro de 2024, contra a Resolución do 23 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral para o Deporte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes pola que se inadmite a súa solicitude de acceso a copia completa do expediente administrativo da subvención outorgada ao Club de Tenis de Mesa Pontevedra, e copia do informe desa Secretaría Xeral do 29/11/2023, no que se propón a inadmisión do seu recurso de reposición por non ser interesado no procedemento nin aducir motivos que puideran afectar ao importe final da subvención recorrida, por resultar a súa solicitude manifestamente repetitiva e adoecer dun carácter abusivo. Segundo: Instar á Secretaría Xeral para o Deporte a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Secretaría Xeral para o Deporte a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.