XXX solicitó a la Consellería de Economía, Industria e Innovación el acceso a información sobre un derecho minero y su titular. Ante el silencio administrativo, el solicitante reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando a la Consellería a responder expresamente, ya que el conocimiento previo del solicitante o la publicación en portales no exime de resolver.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública no obliga al solicitante a motivar su petición, según el artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
2
La Administración tiene la obligación de emitir una respuesta documentada y completa, siendo el incumplimiento reiterado de los plazos de resolución una infracción grave.
3
El hecho de que la información solicitada ya esté publicada en un portal público no exime a la Administración de resolver expresamente la solicitud.
4
Si la información ya es pública, la resolución puede limitarse a indicar al solicitante cómo acceder a ella, conforme al artículo 22 de la Ley 19/2013.
5
No es fundamento válido para denegar el acceso alegar que la solicitud es 'abusiva' basándose en que el interesado ya conocía la información por sus funciones profesionales.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 12 de febreiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12
de Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude presentada ante a Consellería de Economía, Industria e
Innovación con data de 27 de novembro de 2023, de acceso ao dereito mineiro da amparo á
actividade de canteira situada no lugar de Lourixe, Parroquia de Hermunde, Concello de Pol-
Lugo, e ao titular do mesmo.
XXX indica que non tivo resposta á súa solicitude.
Segundo. Con data do 15 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Economía, Industria e Innovación, para que en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
Terceiro. Con data do 27 de Febreiro de 2024 a Consellería de Economía, Industria e
Innovación contesta a petición remitindo o informe da Xefatura Territorial da Consellería e o
expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indicase que con data do 29 de novembro de 2023, deuse traslado
da solicitude ao titular do dereito mineiro por si a información solicitada puidese afectar aos
seus dereitos ou intereses, concedéndose un prazo de quince días para formular alegacións,
informándoo así mesmo ao solicitante da interrupción do prazo para ditar resolución. Non
consta que polo titular se formulasen alegacións.
Considera o informe que ao ser o solicitante no seu momento, director facultativo do dereito
mineiro sobre o que versa a solicitude, e no exercicio de tales funcións asinou os plans de
labores anuais, resulta evidente que é plenamente coñecedor de que explotación mineira se
trata e quen é o titular do dereito, polo que considera que a solicitude é abusiva.
Por outra banda, no portal público do Catastro Mineiro de Galicia pode realizarse a
comprobación da situación xeográfica e administrativa dos dereitos mineiros existentes na
comunidade galega, podendo visualizar unha representación gráfica da súa delimitación así
como obter datos básicos relativos, entre outros, á súa denominación, núm. rexistro e o seu
titular. Constan na Xefatura Territorial queixas ou peticións de acceso a información realizadas
por este solicitante que versan precisamente sobre datos reflectidos nesa aplicación, do que
se infire que o interesado é sabedor da existencia desta ferramenta, de como se pode acceder
a ela e do tipo de información que se pode obter nela.
Por estes motivos, considera que debería ratificarse o sentido desestimatorio do silencio por
entender que o pedimento resulta abusivo posto que se está a solicitar unha información
sobradamente coñecida polo interesado e, en calquera caso, esta está a disposición do público
nunha aplicación igualmente coñecida polo interesado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Economía, Industria e Innovación non resolveu a solicitude de acceso á
información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente.
XXX solicitou á Consellería, acceso a determinada información sobre un dereito mineiro sen
obter resposta.
Debe lembrarse á Consellería que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
A Consellería no informe remitido, alega unha serie de xustificacións en base ás cales entende
que a solicitude é abusiva, por ser coñecedor o solicitante de parte da información solicitada,
e existir unha aplicación accesible a calquera cidadá na que pode acceder a outra parte da
mesma.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública, resposta que neste caso non se produciu.
Por outra banda, o feito de que a información xa estea publicada só é relevante para o xeito
de como debe ser facilitada indicando o artigo 22 da Lei 19/2013, do 9 de decembro que se a
información xa fora publicada, a resolución poderá limitarse a indicar ao solicitante como
pode acceder a ela, sen que este feito exima a Administración de resolver expresamente a
solicitude presentada.
De acordo co anterior , procede estimar a reclamación presentada, debendo a Consellería
ditar resolución expresa sobre a solicitude, con indicación dos recursos que contra ela
proceden.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 12 de febreiro de 2024
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada #ante a
Consellería de Economía, Industria e Innovación con data de 27 de novembro de 2023, de
acceso ao dereito mineiro da amparo á actividade de canteira situada no lugar de Lourixe,
Parroquia de Hermunde, Concello de Pol- Lugo, e ao titular do mesmo
Segundo: Instar á Consellería de Economía, Industria e Innovación a que, no prazo máximo de
10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os
límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no
que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Economía, Industria e Innovación, a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 92 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.