Estimada 09/04/2024 · 57 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a informe de la Consellería do Medio Rural estimada por motivos formales

El interesado solicitó a la Consellería do Medio Rural acceso a un informe favorable sobre una finca en A Pastoriza. Tras el silencio administrativo, presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración resolvió la solicitud y facilitó la información una vez iniciada la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante la falta de respuesta en plazo, los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2 El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, no obligando al solicitante a motivar su petición conforme al art. 26.4 de la Ley 1/2016.
3 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la Consellería dictó resolución expresa y facilitó la información solicitada con posterioridad a la interposición del recurso.
4 La resolución deja abierta la posibilidad de que el reclamante presente una nueva reclamación contra el contenido de la resolución expresa si no está conforme con la información recibida.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 12 de Febreiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12 de Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante a Consellería do Medio Rural con data de 1 de agosto de 2023, de acceso á autorización ou informe favorable emitido pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural sobre a leira do Concello da Pastoriza -Lugo, polígono XXX, parcela nº XXX, ref: XXX, que está incluída dentro da concentración parcelaria denominada Úbeda, nº de concentración: XXX, na que existe unha actividade de establecemento de beneficio asociada a unha explotación mineira, denominada "concesión de explotación Mondoñedo fracción segunda", en chan rústico de protección agropecuaria O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 15 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 15 de marzo de 2024 a Consellería de Medio Rural, remite informe e copia do expediente solicitado. Neste informe, indica que ditouse resolución do 29 de febreiro de 2024 sobre a solicitude presentada, que segundo consta na documentación remitida, foi aceptada polo interesado con data do 13 de marzo de 2024 . FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 23 da Lei 1/2016, do 13 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 23.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que dun mes que establece a Lei, senón que resolveu con data do 29 de febreiro de 2024 unha vez que o interesado tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso á autorización ou informe favorable emitido pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural sobre unha determinado finca. A Consellería, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentara reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por XXX con data do 12 de Febreiro de 2024, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante a Consellería do Medio Rural con data de 1 de agosto de 2023, de acceso á autorización ou informe favorable emitido pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural sobre unha finca do Concello da Pastoriza. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.