Estimada 09/04/2024 · 42 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso al expediente de cambio de titularidad de un local en Pontevedra estimada por la Comisión da Transparencia de Galicia

El solicitante pidió acceso al expediente de cambio de titularidad de un local en Pontevedra a la Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. La administración denegó el acceso exigiendo acreditar interés particular y usar un modelo normalizado. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando a conceder el acceso previa anonimización de datos personales.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se reconoce a todas las personas sin necesidad de motivar la solicitud ni acreditar un interés concreto o específico.
2 Es irrelevante que el solicitante tenga o no relación con la administración o la materia solicitada, ya que la transparencia permite el escrutinio ciudadano de la actividad pública.
3 La obligación de la Administración de ofrecer modelos normalizados tiene como fin fomentar la vía electrónica, pero no puede ser motivo de inadmisión o denegación si la solicitud cumple los requisitos básicos de identidad y contacto.
4 El acceso al expediente debe concederse siempre que la materia no esté excluida por la normativa, procediendo en este caso a la anonimización de la documentación para garantizar la protección de datos personales.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 27 de Febreiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27 de Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 21 de febreiro de 2024 da Delegación Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes pola que se resolve a súa solicitude de acceso ao expediente de cambio de titularidade do local sito en Monteporreiro, Rúa Alemania, nº 60, do Concello de Pontevedra. XXX indicaba que solicitou acceso a un expediente de cambio de titularidade dun local e se lle denega porque trátase dun procedemento concreto xa finalizado polo que debe acreditar o seu interese e presentar a solicitude empregando o modelo normalizado. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 28 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 18 de marzo de 2024 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, remite informe e copia do expediente solicitado. Neste informe en resumo, se indica que no local solicitado, figura habilitado un local de hostalería con autorización de instalación e localización (AIL) vixente cunha empresa operadora de xogos e o expediente solicitado corresponde a un cambio de titularidade tramitado no citado establecemento. No expediente figura fotocopia do documento nacional de identidade da persoa titular, ao tratarse dunha persoa física, copia da licenza municipal de apertura ao seu nome, alta na declaración censal tributaria e documento acreditativo da titularidade o dispoñibilidade do local. Con data do 21 de febreiro de 2024 resolveuse desestimar a solicitude de información presentada ao entender que a información solicitaba corresponde con información de carácter particular e que versa sobre o estado ou contido dun procedemento concreto e xa finalizado, polo que se lle comunicou ao solicitante que debería acreditar o seu interese e presentar a correspondente solicitude de información particular, empregando o procedemento normalizado (PRO13A). FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 23 da Lei 1/2016, do 13 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 23.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 137 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 137 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Consellería resolveu a solicitude de acceso á información o 21 de febreiro de 2024 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 27 do mesmo mes, polo que debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou acceso a un expediente dun local, que se lle denegou por non acreditar a súa condición de interesado no mesmo, e non presentalo no modelo normalizado correspondente ás solicitude de información particular. O concepto de interesado en materia de transparencia, ten unhas peculiaridades respecto do concepto de interesado nun procedemento administrativo. De acordo co disposto no artigo 12 da Lei 19/2013, o dereito de acceso á información pública recoñécese a todas as persoas, polo que é suficiente con acreditar a identidade do solicitante (artigo 17.2), non existe obriga de motivar a solicitude (artigo 17.3) e se o interesado o fai, a motivación poderá ser tida en conta cando se dite a resolución, sen que a ausencia de motivación, por si soa poida ser causa de rexeitamento da solicitude. En todo caso, a Lei 1/2016, amplía aínda máis os dereitos do interesado, pois no artigo 24 equipara o interesado coa cidadanía en xeral. O dito artigo reforza o dereito da cidadanía ao establecer que no exercicio do dereito ao acceso á información pública, garantiráselle ao interesado a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou doutras Leis. Por tanto, é irrelevante que o solicitante de información pública teña ou non relación coa administración, coa materia da que solicita información, ou o seu lugar de residencia. O dereito de acceso á información pública non vén determinado polo feito dun interese concreto ou específico do solicitante, nin está condicionada á acreditación da súa condición de interesado, debendo calquera solicitude cuxa materia non estea excluída ou limitada no seu acceso pola normativa vixente, ser resolta non senso de conceder o acceso á información, porque a transparencia implanta no ordenamento xurídico o dereito da cidadanía a solicitar dos seus gobernantes, das súas Administracións e de calquera entidade que manexe fondos públicos, calquera información pública que xulgue oportuna. Respecto da denegación por non presentar a solicitude nun formulario específico, de conformidade co disposto no artigo 17 da Lei 19/2013, as solicitudes de acceso á información iniciaranse coa presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse ao titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información. A dita solicitude, pode presentarse tal e como dispón o dito artigo, por calquera medio que permita ter constancia da identidade do solicitante, a información que se solicita, unha dirección de contacto, preferentemente electrónica a efectos de comunicacións, e no seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada. Se ben o artigo 26 da Lei 1/2016 establece que a Administración debe ofrecer á cidadanía, a través do Portal de transparencia e Goberno aberto de Galicia, modelos normalizados de solicitude e a posibilidade de envío á Administración pública requirida, esta obriga para as Administracións ten como finalidade fomentar a presentación das solicitudes por vía electrónica, pero en ningún caso implica que de non presentarse nun formulario específico, poida inadmitirse ou denegarse o acceso, sempre que a solicitude cumpra os requisitos que establece o artigo 17. De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo a Consellería dar acceso ao expediente solicitado, previa anonimización da documentación de forma que se garanta que non sexa posible a reindentificación dos datos coas persoas ás que pertencen. En base aos feitos e fundamentos xurídicos anteriormente expresados, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXXcon data do 27 de Febreiro de 2024, contra a Resolución do 21 de febreiro de 2024 da Delegación Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes pola que se resolve a súa solicitude de acceso ao expediente de cambio de titularidade do local sito en Monteporreiro, Rúa Alemania, nº 60, do Concello de Pontevedra. Segundo: Instar á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/19937, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.