El solicitante pidió a la Dirección General de Función Pública de la Xunta de Galicia los códigos de puesto de la RPT vinculados a su línea presupuestaria. Tras alegar que la administración se niega a combinar datos ya disponibles, la Comisión de Transparencia de Galicia desestima la reclamación al considerar justificada la denegación por requerir una reelaboración compleja de la información.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública implica una interpretación estricta de las causas de inadmisión para evitar menoscabos injustificados del derecho.
2
La causa de inadmisión por necesidad de reelaboración previa no opera si el órgano no justifica de manera clara y suficiente que dicho tratamiento sea necesario.
3
Para que la reelaboración sea motivo de denegación, la acción debe presentar una complejidad que supere una reelaboración básica o general de los datos existentes.
4
Se considera justificada la denegación debido al volumen de datos (24.000 puestos), la necesidad de cruzar información de distintas direcciones generales y la constante actualización de los registros.
5
La tarea requeriría revisiones exhaustivas y la asignación de un número importante de recursos humanos para garantizar la integridad y precisión de los datos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por XXX mediante escrito do 27 de Febreiro de 2024, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27
de Febreiro de 2024, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 5 de febreiro de 2024
da Dirección Xeral de Función Pública pola que se resolve a súa solicitude presentada con data
do 31 de xaneiro de 2024, de acceso aos códigos de posto de Relación de Postos de Traballo
de todas as consellerías da Xunta de Galicia co código da liña orzamentaria que o dota.
XXX en resumo indica que solicitou acceso aos códigos de postos coas características de cada
un, unido á liña orzamentaria que o sustenta, pois considera que non é posible por parte de
calquera administrado poder sabelo con exactitude. A resposta da Dirección Xeral foi
conceder parcialmente e dar acceso a información, inadmitindo a solicitude completa en base
a que se precisa unha reelaboración da información xa accesible nos enlaces indicados.
Considera que esta explicación é de todo incerta pois ninguén mais que a propia Xunta de
Galicia, e neste caso a Consellería de Facenda onde están as dúas direccións xerais que teñen
a información requirida e que poden combinala para dar unha información exacta da liña
orzamentaria de cada posto, é dicir, dar cumprimento ao artigo 28 apartado 2 de forma
inequívoa e transparente, néganse a facilitala.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do
e do seu DNI.
Segundo. Con data do 28 de Febreiro de 2024 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
Terceiro. Con data do 12 de Marzo de 2024 a Consellería de Facenda e Administración Pública
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 5 de febreiro de 2024 resolveuse a
solicitude de acceso á información concedendo o acceso parcial mediante a remisión dos
enlaces ás relacións de postos de traballo (RPT) da Administración da Xunta de Galicia, así
como as RPT do ámbito de Función Pública en formato reutilizable, segmentados por persoal
funcionario e persoal laboral e aos enlaces ás liñas orzamentarias de persoal, que están
publicados na Web da Xunta de Galicia.
Considera a Dirección Xeral que analizada a solicitude, é necesario facer unha reelaboración
para a obtención de parte da información solicitada cos distintos parámetros e criterios que
recolle a petición, información que esta accesible nos enlaces remitidos.
O Rexistro Central de Persoal contén, entre outra información relacionada, aproximadamente
24.000 postos de traballo e a súa clasificación está accesible dende o enlace indicado ao
reclamante no que figura o nome do departamento, centro directivo, unidade administrativa,
código do posto de función pública, denominación, nivel, complemento específico, forma de
provisión, grupo, tipo de administración, outras administracións, área funcional, categoría,
titulacións, formacións, observacións, complementos de singularidade, información que vai
complementada coa descrición dos códigos empregados nos ficheiros.
A información está permanente dispoñible e accesible a toda a cidadanía no enlace indicado,
en formatos abertos e reutilizables.
As liñas orzamentarias dos distintos postos de traballo do Rexistro Central de Persoal,
conteñen información económica referenciada ao momento en que son facilitadas polas
distintas unidades de persoal das consellerías, organismos e entidades instrumentais unha vez
feitas as modificacións e/ou actualizacións que correspondan. Posteriormente cárganse no
sistema e esta información non reflicte unha situación real e actualizada dado que depende
das modificacións e actualizacións sinaladas. O importante volume de funcionarizacións,
modificacións de relacións de postos de traballo, modificacións de postos estruturais e
acordos que se estiveron a tramitar nos últimos tempos, así como a complexidade da tarefa,
implica a necesidade de realizar revisións exhaustivas para asegurar a integridade dos datos
co fin de garantir a calidade e a precisión da información. A información solicitada non é un
dato funcionalmente imprescindible nas relacións de postos de traballo para a dirección xeral
posto que, de ser necesario nun momento determinado, pódense consultar as liñas
orzamentarias publicadas.
A solicitude individualizada de combinación da información de competencia da Dirección Xeral
da Función Pública e de competencia da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos xunto
coas distintas unidades de persoal das consellerías, organismos e entidades instrumentais,
con información exacta da liña orzamentaria de cada un dos aproximadamente 24.000 postos
de traballo que forman a relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia;
implica a asignación de recursos humanos de ambas direccións xerais e unidades de persoal
con ocupacións noutros procedementos e reelaborar información xa dispoñible nos enlaces
indicados que foron remitidos á persoa reclamante e que está dispoñible para calquera
empregado/a público así como para toda a cidadanía en xeral.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución impugnada ditouse o 5 de
febreiro de 2024 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 27
do mesmo mes, polo que debe admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
XXX solicitou á Dirección Xeral competente en materia de Función Pública, acceso aos códigos
dos postos da Relación de Postos de Traballo de todas as consellerías da Xunta de Galicia co
código da liña orzamentaria que o dota. A Dirección Xeral resolveu darlle acceso parcial á dita
información, remitíndolle os enlaces ás relacións de postos de traballo que figuran na web en
formato reutilizable e segmentados por persoal funcionario e persoal laboral, e aos enlaces ás
liñas orzamentarias de persoal. Indica a Dirección Xeral na resolución impugnada e no informe
remitido que parte da información solicitada supón unha importante labor de reelaboración
ao ter que cruzarse a información que figura nos enlaces indicados, de aproximadamente
24.000 postos, que son facilitadas polas distintas unidades de persoal das consellerías, tras a
realización das modificacións e actualizacións que correspondan e o importante volume de
funcionarizacións, modificacións de relacións de postos de traballo, modificacións de postos
estruturais e acordos que se estiveron a tramitar nos últimos tempos, así como a
complexidade da tarefa, implica a necesidade de realizar revisións exhaustivas para asegurar
a integridade dos datos co fin de garantir a calidade e a precisión da información, e adicar un
número importante de efectivos para cruzar unha información que non é dato
funcionalmente imprescindible nas relacións de postos de traballo para a dirección xeral,
posto que, de ser necesario nun momento determinado, pódense consultar as liñas
orzamentarias publicadas.
Como estableceu a sentenza do Tribunal Supremo 670/2022, do 2 de xuño, citando anteriores
sentenzas (sentenza do 16 de outubro de 2017, recurso 75/2017), o artigo 18.1 Lei 19/2013
establece diversas causas de inadmisión das solicitudes de acceso á información pública, entre
as que se atopan as relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción
previa de reelaboración, na que a aplicabilidade desta causa de inadmisión , como de calquera
outra causa, debe tomar como premisa a formulación ampla e expansiva coa que aparece
configurado o dereito de acceso á información na Lei 19/2013, que impón unha interpretación
estrita, cando non restritiva das causas de inadmisión a trámite das solicitudes de información,
e na que o dereito soamente verase limitado naqueles casos en que así sexa necesario pola
propia natureza da información -derivado do disposto na Constitución Española-ou pola súa
entrada en conflito con outros intereses protexidos e de forma proporcionada e limitada polo
seu obxecto e finalidade.
Esa formulación ampla no recoñecemento e na regulación legal do dereito de acceso á
información obriga a interpretar de forma estrita, cando non restritiva, tanto as limitacións a
ese dereito que se contemplan no artigo 14.1 da Lei 19/2013 como as causas de inadmisión
de solicitudes de información que aparecen enumeradas no artigo 18.1, sen que caiba aceptar
limitacións que supoñan un menoscabo inxustificado e desproporcionado do dereito de
acceso á información.
Indica o Tribunal Supremo que a causa de inadmisión das solicitudes de información non
opera cando quen invoca tal causa de inadmisión non xustifique de maneira clara e suficiente
que resulte necesario ese tratamento previo ou reelaboración da información. Debido á
severa consecuencia de inadmisión a trámite da solicitude que se anuda á súa concorrencia,
é esixible que a acción previa de reelaboración presente una certa complexidade, polo que a
subministración de información pública, a quen exercitou o seu dereito ao acceso, pode
comprender unha certa reelaboración, tendo en conta os documentos ou os datos existentes
no órgano administrativo, sen que esta reelaboración básica ou xeral, non sempre poida
integrar, en calquera caso, a causa de inadmisión prevista no artigo 18.1.c), polo que precisa
que tales datos e documentos teña un carácter complexo.
No presente caso, na resolución pola que se resolve a solicitude de acceso pola Dirección Xeral
e no informe remitido, considérase que se xustifica de forma adecuada a necesidade de
reelaboración, posto que se indica que a información é a que figura na web e nos enlaces
remitidos ao solicitante que é necesario cruzar para obter o resultado cos parámetros
solicitados polo reclamante, é unha información dun importante volume e sometida a
constantes actualizacións, por canto existen un importante volume de procesos de
funcionarizacións, modificacións de relacións de postos de traballo e de postos estruturais, é
unha información que non é necesario obter pola Dirección Xeral para o exercicio das súas
funcións, mais que de forma puntual para algúns postos, pero non para a totalidade dos que
figuran na RPT, e suporía unha complexa tarefa con revisións exhaustivas para asegurar a
integridade dos datos, que implicaría adicar un número importante de recursos humanos para
a conseguir a información como a solicita o reclamante.
De acordo co anterior, ao considerarse xustificada a causa de inadmisión de remisión de parte
da información solicitada por ser necesaria unha labor complexa de reelaboración ,procede e
desestimación da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por XXX con data do 27 de Febreiro de 2024,
contra a Resolución do 5 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Función Pública pola que
se resolve a súa solicitude presentada con data do 31 de xaneiro de 2024, de acceso aos
códigos de posto de Relación de Postos de Traballo de todas as consellerías da Xunta de Galicia
co código da liña orzamentaria que o dota.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.