Estimada 09/04/2024 · 40 días en resolverse

Reclamación contra el Ayuntamiento de Vigo por denegación de acceso a información sobre gastos y delegación de asistencia a la Fitur 2024

Un concejal solicitó al Ayuntamiento de Vigo los gastos y la relación de personas que acompañaron al Alcalde a la Fitur 2024. El Ayuntamiento denegó el acceso alegando que la información no constaba en el Servicio de Turismo. La Comisión de la Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al Ayuntamiento a buscar la información en otros departamentos y facilitar los gastos una vez lleguen las facturas.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública implica recibir una respuesta documentada y completa como herramienta de control de la actuación pública.
2 Según el artículo 77 de la Ley 7/1985 (LRBRL), los miembros de las corporaciones locales tienen derecho a obtener los antecedentes y datos necesarios para el desarrollo de su función.
3 Se reconoce un interés público predominante al tratarse de una solicitud realizada por un concejal elegido para el cumplimiento de su mandato representativo.
4 No es admisible denegar el acceso a la información basándose únicamente en que esta no conste en un servicio específico (Servicio de Turismo) cuando puede residir en otros departamentos municipales.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por XXX, mediante escrito do 29 de Febreiro de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 29 de Febreiro de 2024 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resolución do Concello de Vigo no expediente XXX, polo que se desestima o recurso de reposición interposto polo reclamante na súa condición de concelleiro, contra a Resolución da Concelleira delegada da Área de Goberno de Política Social e Turismo do 2 de febreiro de 2024, pola que se resolve a súa solicitude de acceso á información sobre o custo total de gastos de viaxe, manutención, dietas, relación de persoas que acompañaron ao Alcalde á Feira Internacional de Turismo (Fitur), cuxos gastos de desprazamento e aloxamento asumiu o Concello. XXX indica que solicitou o custo de asistencia do alcalde do Concello á Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2024, por todos os conceptos (gastos de viaxe, manutención, dietas, etc) e da relación de persoas que o acompañaron, e se resolveu a solicitude, denegando o acceso á información por non dispor da información solicitada no Servizo de Turismo. Considera que é imposible que o Concello non dispoña da información solicitada, xa que como mínimo acompañaron ao alcalde varios concelleiros cuxos gastos de desprazamento e/o aloxamento asumiu o propio Concello e a información ten que estar nalgún servizo do Concello como xestión económica, alcaldía, protocolo etc. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada da resolución e do seu DNI. Segundo. Con data do 1 de Marzo de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 8 de Marzo de 2024 o Concello de Vigo contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que tras a solicitude, autorizouse ao concelleiro a visualización dos expedientes XXX. O expediente XXX corresponde ao contrato de servizo de axencia de viaxes para a xestión de reservas e organización da viaxe dos membros da delegación asistentes á Feira e o expediente XXX corresponde coa autorización de gasto da dita asistencia. O gasto realizado ao amparo dos contratos referenciados, na data de emisión da resolución, non consta xa que polo momento, non se achegaron as facturas correspondentes aos ditos contratos. No informe da técnica de actividades turísticas se sinala que a información relativa á delegación que acompañou ao Sr. Alcalde, non consta nos expedientes dese servizo de Turismo, polo que resolveuse desestimar o recurso presentado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución impugnada ditouse con data do 2 de febreiro de 2024 e a reclamación presentouse con data do 29 do mesmo mes, polo que debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente XXX solicitou na súa condición de concelleiro, acceso ante o Concello de Vigo, a información sobre o custo total de gastos de viaxe, manutención, dietas e relación de persoas que acompañaron ao Alcalde a unha á Feira, que lle foi denegado por non estar presentadas as facturas e non constar a dita información no servizo de Turismo. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. De conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, todos os membros das Corporacións locais, é dicir, tanto os concelleiros/as que formen parte do goberno local como da oposición, teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións figuren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función, debendo resolverse motivadamente a solicitude, no prazo de cinco días naturais seguintes a aquel na que a solicitude se presentou. No presente caso non cabe dúbida do interese público no outorgamento da información solicitada por canto é pedida por un concelleiro libremente elixido, no cumprimento do mandato representativo da cidadanía para participar nos asuntos públicos. Se ben pode admitirse que o acceso a parte da información solicitada, como pode ser o gasto real producido, deba demorarse ata a presentación das facturas, non pode admitirse que se lle denegue o acceso á información polo feito de que esta non conste no Servizo de Turismo. De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo recabarse a información solicitada do departamento do Concello na que conste para a súa remisión ao solicitante, e dar a información respecto do gasto real, no momento no que se presenten as facturas correspondentes á viaxe realizado. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por XXX con data do 29 de Marzo de 2024, contra a resolución do Concello de Vigo no expediente XXX, polo que se desestima o recurso de reposición interposto por vostede contra a Resolución da Concelleira delegada da Área de Goberno de Política Social e Turismo do 2 de febreiro de 2024, pola que se resolve a súa solicitude de acceso á información sobre o custo total de gastos de viaxe, manutención, dietas, relación de persoas que acompañaron ao Alcalde á Feira Internacional de Turismo (Fitur), cuxos gastos de desprazamento e aloxamento asumiu o Concello. Segundo: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.