Estimada 09/04/2024 · 36 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso al número de alumnos con certificaciones académicas incorrectas en la Universidad de la Coruña, estimada por motivos formales

D. XXX solicitó a la Universidad de la Coruña el número de alumnos de la segunda promoción de Ingeniería de Edificación con certificaciones académicas incorrectas. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Universidad respondió fuera de plazo y tras la interposición del recurso.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, ante resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
2 La Universidad de la Coruña no resolvió la solicitud de acceso a la información dentro del plazo legal de un mes.
3 La resolución expresa de la Universidad se dictó con fecha 28 de febrero de 2024, momento posterior a la presentación de la reclamación ante la Comisión.
4 Se estima la reclamación por motivos formales debido al incumplimiento de los plazos de respuesta por parte de la administración pública.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por D. XXX , mediante escrito do 4 de marzo de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D.XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 4 de Marzo de 2024 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada con data do 29 de xaneiro de 2024 ante a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña, de acceso ao número total de alumnos da segunda promoción do Grao en Enxeñaría de Edificación aos que lles foi expedida unha certificación académica incorrecta. O reclamante indicaba que con data do 29 de xaneiro presentou solicitude á Escola Universitaria de Arquitectura Técnica de acceso ao número total de alumnos da segunda promoción do Grao en Enxeñaría de Edificación aos que lles foi expedida unha certificación académica incorrecta, sen obter resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e dos seu DNI Segundo. Con data do 5 de Marzo de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Universidade da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola Universidade foi o 7 de marzo de 2024 Terceiro. Con data do 22 de Marzo de 2024 a Universidade da Coruña remite o informe e a copia do expediente solicitado. No informe en resumo indícase que con data do 28 de febreiro de 2024 a solicitude foi resolta e déuselle resposta ás diferentes peticións do interesado recollidas na súa solicitude. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Universidade non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo dun mes que establece a Lei, senón que resolveu con data do 28 de Febreiro de 2024 unha vez que o interesado tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou á Universidade, acceso ao número de alumnos da segunda promoción do Grao en Enxeñaría de Edificación aos que lles foi expedida unha certificación académica incorrecta. A Universidade, se ben non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, ditou resolución expresa con posterioridade a que o interesado presentara reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que si o reclamante estímao conveniente, poida presentar nova reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por D.XXX con data do 4 de marzo de 2024, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada con data do 29 de xaneiro de 2024 ante a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña, de acceso ao número total de alumnos da segunda promoción do Grao en Enxeñaría de Edificación aos que lles foi expedida unha certificación académica incorrecta. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.