Estimada 09/04/2024 · 34 días en resolverse

Reclamación contra el Concello de Porto do Son por silencio administrativo en solicitud de información sobre contrato de iluminación pública

D. XXX solicitó al Concello de Porto do Son información sobre el contrato de mantenimiento de iluminación pública. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), interpuso reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder al interesado en 10 días, ya que la publicación previa de los datos no exime de la obligación de resolver la solicitud.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es de amplio ámbito objetivo y subjetivo, no obligando al solicitante a motivar su petición.
2 La reclamación contra resoluciones presuntas (silencio administrativo) es admisible en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015.
3 La publicación de la información en la Plataforma de Contratos del Sector Público solo afecta a la forma de facilitarla, pero no exime a la administración de dictar y comunicar una resolución expresa.
4 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por D. XXX , mediante escrito do 6 de Marzo de 2024, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 9 de Abril de 2024, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. D. XXX presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 6 de Marzo de 2024 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o Concello de Porto do Son, de acceso á data, empresas concursantes, criterios de adxudicación e custo anual do contrato de mantemento da iluminación pública de Porto do Son. A reclamante indica que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 11 de Marzo de 2024 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Porto do Son para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de Marzo de 2024 Terceiro. Con data do 22 de Marzo de 2024 o Concello de Porto do Son contesta a petición remitindo copia do expediente instruído, sen remitir informe sobre a reclamación presentada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Porto do Son non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante solicitou do Concello acceso á data do ultimo concurso do alumeado público, empresas concursantes, criterios de adxudicación e custe anual do contrato de mantemento, sen obter resposta. O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública no que o posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra, é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma, que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. O obxectivo final da Lei é o escrutinio da acción pública, mediante o coñecemento do proceso de toma de decisións como medio de rendición de contas dos responsables públicos. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso, o Concello remite copia do expediente de contratación do alumeado, indicando que o mesmo está publicado na Plataforma de Contratos do Sector Público, sen que conste que o Concello ditase resolución expresa sobre a solicitude e lla comunicase ao interesado. O feito de que a información xa estea publicada só é relevante para o xeito de como debe ser facilitada. O artigo 22 da Lei 19/2013, do 9 de decembro indica que se a información xa fora publicada, a resolución poderá limitarse a indicar ao solicitante como pode acceder a ela. De acordo co anterior, procede a estimación da presente reclamación, lembrando ao Concello que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por D. XXX con data do 6 de Marzo de 2024, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o Concello de Porto do Son, de acceso á data, empresas concursantes, criterios de adxudicación e custo anual do contrato de mantemento da iluminación pública de Porto do Son Segundo: Instar ao Concello de Porto do Son a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Porto do Son a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.